3ª DA COSTA
Remontada épica do SD Oza que se engancha a zona nobre.
10ª Xornada
Sábado 08 de Xaneiro 2022
Atlético Pereiriña FC 4-2 CF Castrelo
Hora : 16:15
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Adrián Pérez Rellán. Non amonestou a ningún xogador.
O Castrelo púxolle difíciles as cousas ao Pereiriña, pero faltaron forzas no treito final, e máis tendo en conta que chegaban ao Sampaio de Refoxos, o campo de maiores dimensións da competición, con tan só 12 xogadores. Roi Caamaño adiantaba aos da parroquia vimiancesa aos 35 minutos de xogo, gol que neutralizaba para os da parroquia ceense, José 5 minutos despois, resultado co que se ían a vestiarios.
Xa na segunda metade Isma Graiño poñía por diante aos pereiriñáns a hora de xogo, pero pouco duraba a ledicia pois, 5 minutos despois, Dani Picallo, (65´), poñía de novo as táboas no marcador. Voltaban a poñerse por diante os da Pereiriña, 5 minutos despois, (70´), cun tanto de Carlos Balnco, e xa con máis corazoón que forzas os vimianceses trataban de igualar, pero no ciclo de 5 minutos cada gol, no 75, de penalti, Javier Cal0 finiquitaba o encontro.
Domingo 09 de Xaneiro 2022
SD Ameixenda 0-2 CF Porteño
Hora : 17:00
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Daniel Martínez Ferreiro. Tres cartóns amarelos para os locais e 2 para os visitantes.
Non deixou lugar a sorpresa o lider CF Porteño na sua visita ao SD Ameixenda e xa na primeira metade encarrilou unha vitoria moi sería. Martín aos 26 minutos de xogo adiantaba aos da Ponte do Porto e na segunda metade Marcos, (53´), deixaba o choque resolto, nunha tarde moi desagradable no San Paio de Refoxos, con néboa e auga de borraxo. Esta vitoria deixa os porteños líderes en solitario ca derrota na casa do UD Corcubión ante o SD Laxe, (1-2).
SD Oza 5-4 Xallas FC “B”
Hora : 16:30
Campo : “O Carral”, (Sofán-Carballo)
Colexiado : Juan Marcos Ríos Suárez. Tres cartóns amarelos para os locais e 2 para os visitantes.
Deixou escapar o equipo xalleiro os 3 puntos no desconto fiinal, nun choque con alternancia no marcador e que chegaba o desconto con vitoria dos de Santa Comba por 3-4. Adiantábanse os xalleiros aos 8 minutos de xogo cun tanto de Iván Fidalgo, pero pronto empataban os ocenses por medio de Jesús Amado, (11´), Voltaban a poñerse por diante os visitantes cun tanto deSergio Barbeira aos 23 minutos de xogo, pero dez minutos despois, Jesús Amado, (33´), voltaba a poñer as táboas no marcador. Trala volta de vestiarios, Jesús Amado, (67´), completaba un “Hat-trick”, e poñía por vez primeira aos de Oza por diante, pero pouco duraba a ledicia, poiss repetía para os xalleiros, Barbeira, (68´). Daniel no 85, marcaba o 3-4, que parecía definitivo, pero o desconto deu para moito. Para tanto que Pose empataba e pouco despois Chrístian facía o definitivo 5-4.
Sporting Seaia CF – SD Camelle
-Aprazado por casos de COVID-19-
Hora :
Campo :
Colexiado :
UD Corcubión 1-2 SD Laxe
Hora : 16:15
Campo : “Novo Cubaleiro”, (A Redonda-Corcubión)
Colexiado : Iván Vilanova Antelo. Tres cartóns amarelos para os locais, dous deles para Joaquín, o segundo no desconto, que supoñía a expulsión.
Os visitantes amosoulles 3 amarelas. Sorprendeu o equipo laxense aos corcubioneses que pinchan na casa por segunda vez, de maneira “inesperada”, como xa o fixeran ante o SD Ameixenda. Os laxenses foron mellores e poñíanse con 0-2 no marcador, cun tanto de Elías aos 12 minutos de xogo e outro de Paredes no 77. O gol que metía aos corcubioneses no encontro chegaba no 80 por medio de Martín Rey, pero non eran quen de conseguir o empate, a pesares de irse arriba con todo.
CLASIFICACIÓN
MÁXIMOS GOLEADORES
–Alan, (CF Porteño) : 10 en 8
–Sergio Barbeira, (Xallas FC B) : 10 en 8
-Juan Martín Paredes, (SD Laxe) : 9 en 9
–Sergio Cancela, (Sporting Seaia CF) : 8 en 8
-Foto : FaceBook do SD Oza
-Texto : piratasdemuxia