O muxián Isma Pose volveu a sufrir unha posible grave lesión.
Aquí tedes as crónicas e moito máis da 10ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando. Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
O Muxía acadou o seu primeiro empate na volta a esta categoría e fíxoo no derbi costeiro ante o Castriz, (1-1), un choque accidentado para os muxiáns cas lesións de Isma Pose e Ánxo, ambos ademáis primos e aos que como decimos máis abaixo lles desexamos unha pronta recuperación, en especial a Isma, (máximo goleador do CF Muxía), que xa pasou fai pouco por algo que parece é similar. No outro derbi desta xornada Diego Estévez “destrozou” ao seu ex equipo, o do seu pobo, facendo un “Hat trick”, que representaba o 3-0 momentaneo, para o 4-1 final. Derrota dura para un Fisterra que fixo máis co que di o marcador e que acabou con 9 no campo por unha expyulsión e unha lesión. Diego Estévez xa lidera a clasificación de goleadores da categoría con 11 goles en 10 encontros, (1 de penalti), saindo a 1´1 goles por encontro. Pola sua banda a Esteirana sacou un punto “in extremis”, (1-1), na sua casa ante o Boimorto, pois fíxoo no minuto 99. Tamén sumou en positivo o San Lorenzo que igualaba no mítico Santa Isabel ao Vista Alegre, (3-3).
PRIMEIRA FUTGAL
-10ª Xornada-
-10/11/2024-
SCDR Esteirana 1-1 Boimorto CF
SR Calo-Club do Mar
Vista Alegre SD 3-3 San Lorenzo
SD Castriz 2-2 CF Muxía
Bertamiráns FC 1-1 Bastabales UD
CF Dumbría 4-1 SD Fisterra
Praiña Sporting Club 0-0 Vea CF
UD Carral 0-1 Vizoño SD
SD Agolada 1-1 SD Tordoia
-CRÓNICAS-
SD Castriz 2-2 CF Muxía
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido moi bonito de ver, con moita intensidade e con dous equipos que quixeron ter a posesión do balón, (cousa pouco común nesta categoría). Tras uns minutos de tanteo, pasamos a dominar o encontro e fallamos dúas ocasións claras de gol. O Muxía mete gol de tiro lonxano no minuto 25′. Fómonos repoñendo ata acabar pechándoos na súa área no último cuarto de hora, e empatando de penalti pouco antes do descanso. Foron os nosos mellores minutos, pero non conseguimos adiantarnos no marcador.
Na segunda parte igualouse o xogo, e entre o minuto 55′ e o 60′ chegaron o 1-2 (golazo de tiro lonxano) e o 2-2. Seguiu a igualdade ata o final do encontro, e nos últimos minutos anuláronos un gol e eles tiveron varios balóns colgados que xeraron peligro. [Aproveito para desexarlle unha pronta recuperación e darlle moito ánimo a Isma Pose. Seguro que volve a disfrutar co Muxía en 1ª]“.
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido tremendamente igualado no que fui por momentos noso, tendo o balón, baixándoo e facendo mover o equipo contrario de lado a lado e con boas opcións de Víctor e Manu Nogueira e nunha opción dende 30 metros marcou Alan un golazo. Eles balón parado e colgando na área, e nunha contra que tiveron o árbitro pítanos un penalti, de maneira penso que algo rigurosa, e empátannos o partido. Na primeira metade tiven que facer dous trocos por lesión. Lesionouse Isma, e Ánxo, creo que os dous de gravedade. O meu desexo e de tódolos compañeiros de que sexa o menor posible, en especial a Isma que a o pasou moi mal ca lesión e estaba a disfrutar de novo. Na segunda saimos bastante mellor ca eles e nunha opción na que achuchamos marcou Julián, pero pouco nos durou pois nun balón laongo, controlan no borde do área revírase e marca con tiro cruzado. A partires de aí seguimos dominando e eles igual buscando balóns parados colgando a área. Tivemos duas ou tres para pechar o encontro pero o gol non chegou e fómonos co primeiro empate da tempada“.
Goles : 0-1, Adam, (24´); 1-1, Adrián García, (42´de penalti); 1-2, Julián, (57´); 2-2, Adrián García, (61´).
Incidencias : Sairon lesionados grave polo Muxía, Isma Pose, que as cousas pintan a que volvese a romper o cruzado e Ánxo cunha posible rotura dos fibras. Para ambos o noso desexo de que sexa o menos posible e que teñan unha pronta recuperación.
SCDR Esteirana 1-1 Boimorto CF
Goles : 0-1, Borja Casal, (25´); 1-1, Manuel, (99´)
CF Dumbría 4-1 SD Fisterra
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí”…
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Penso que fixemos a mellor primeira media hora da tempada, creando cinco ou seis ocasións moi claras e merecendo facer varios goles, non entraron e atopámonos con un golazo de Diego que cambiou o partido, e ata o descanso eles son mellores e crean varias ocasións máis. Tras o descanso volvemos a facer perigo e en duas contras matan o partido. Intentámolo e gixemos un gol que está ben anulado por man, logo recurtamos con un gol de Makaay pero na seguinte xogada regalamos un balón a Xabi para cerrar o marcador. Ata o final o partido queda sen ritmo e incluso acabamos con nove por una expulsión e unha lesión“.
Goles : 1-0, Diego Estévez, (31´); 2-0, Diego Estévez, (47´); 3-0, Diego Estévez, (49´); 3-1, Adrián “Makaay”, (65´); 4-1, Xabier, (66´).
Incidencias : A colexiada do encontro Irene Arcay, expulsou con vermello direto o delegado do Fisterra, Sergio Insua, (53´), e ao xogador, Adrián “Makaay”, (87´), este último cando xa fora sustituido.
Vista Alegre 3-3 SD San Lorenzo
Goles : 1-0, Adrián, (5´); 1-1, Javier, (13´de penalti); 2-1, Carlo, (24´); 3-1, Carlo, (44´); 3-2, Ricardo, (50´); 3-3, Alejandro, (55´).
Incidencias : O árbitro do encontro Brais Canay, expulsou o xogador do Vista Alegre, Xabier con dobre cartón, (12´e 59´), así coma ao membro do corpo técnico Pablo Seoane, (92´), e ao xogador Héctor Bazo, (92´), ambos con vermello direto.
-CLASIFICACIÓN-
-Equipos da costa-
Lider : Club do Mar : 26 puntos
2º CF Dumbría : 20 puntos
4º CF Muxía : 19 puntos
7º SD Castriz : 16 puntos
8º SD Fisterra : 15 puntos
12º SCDR Esteirana : 12 puntos
18º SD San Lorenzo : 3 puntos
PREVIA
-11ª Xornada-
-17/11/2024-
SCDR Esteirana-SR Calo
Club do Mar-Vista Alegre SD
San Lorenzo-SD Castriz
CF Muxía-Bertamiráns FC
Bastabales UD-CF Dumbría
SD Fisterra-Praiña Sporting Club
Vea CF-UD Carral
Vizoño SD-SD Agolada
Boimorto CF–SD Tordoia
AVISO :
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores