PRIMEIRA FUTGAL G2
10ª Xornada
Domingo 09/11/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
CF Muxía 3-2 SD Castriz
SD Fisterra 1-1 Club do Mar
Camariñas FC 2-0 Praiña SC
SCDR Esteirana 1-2 CCD Queixas
Comentario xeral da xornada
A décima xornada da Primeira Galicia Grupo 2 deixou emoción e contrastes para os equipos da Costa. O gran protagonista foi o CF Muxía, que levou o derbi ante o SD Castriz nun final de auténtico infarto, cun gol de Fran Moreira no desconto (3-2). Un triunfo que dá aire aos muxiáns, que soben posicións e afástanse dos postos perigosos, mentres o conxunto xalleiro segue afundido na parte baixa da táboa.
O Camariñas FC asinou o mellor encontro da tempada, superando con claridade ao Praiña SC (2-0) nun duelo no que os de Juan Cabrejo foron moi superiores de principio a fin, ofrecendo unha gran imaxe e confirmando a súa recuperación. Pola contra, a SCDR Esteirana non puido darlle continuidade ao seu bo xogo e caeu pola mínima ante o Queixas (1-2) nun choque bronco e cheo de interrupcións, no que os dous equipos remataron con dez.
O SD Fisterra sumou un meritorio punto ante o Club do Mar (1-1) nun encontro cheo de loita e oficio, condicionado polas numerosas baixas que deixaron o cadro verde cun banco moi curto. A igualdade mantén aos fisterráns na parte baixa, pero coa sensación de ir recuperando competitividade.
Na cabeza da clasificación, o Bertamiráns segue sólido no liderado con 21 puntos, mentres o Muxía gaña confianza e o Camariñas chama á porta da metade alta. Pola súa parte, Castriz, Fisterra e Esteirana deberán reaccionar nas próximas datas para non quedar descolgados.
AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…
CRÓNICAS
CF MUXÍA 3-2 SD CASTRIZ
Derbi por todo o alto no Municipal de Arliña, que a pesar de coincidir coa entrada dun fronte con vento e chuvia non perdeu un ápice de emoción ata o pitido final.
O encontro estivo moi condicionado polo vento, especialmente na primeira metade, pero os locais souberon adaptarse mellor e levaron o peso do xogo.
Sergio “Pataca”, adestrador do CF Muxía:
“Partido moi condicionado polo vento, sobre todo na primeira parte. Tivemos o control en todo momento, aínda que non soubemos aproveitar o vento a favor e só levamos unha vantaxe mínima ao descanso. Saímos na segunda sabendo que co vento en contra sufriríamos, pero estivemos ben e conseguimos o segundo. Logo tivemos unha ‘páxara’ de dez minutos na que o rival empatounos e mesmo puido poñerse por diante, pero por fin a fortuna estivo do noso lado e logramos a vitoria nas últimas xogadas.”
Miguel Chouza, adestrador do Castriz:
“Partido moi emocionante, dos que fan afección. Moi disputado entre dous rivais que nos coñecemos moi ben.
Os nosos tiveron moi poucas horas de recuperación despois da festa do socio do Castriz ó xogar pola mañán, pero a verdade é que non se lles pode reprochar nada, esforzáronse ó 100%.
A primeira parte tivo o Muxía o vento a favor, e mentras nos afacíamos ás condicións, xa se puxeron por diante no marcador. Despois defendímonos ben e ata tivemos as dúas mellores ocasións, en dúas accións a porta baleira que non fomos capaces de materializar. No último cuarto de hora antes do descanso, os refachos de vento foron tan fortes que ata se pensou en parar o encontro.Na segunda parte, o vento amainou e non nos puidemos aproveitar tanto dese factor, e ademáis o Muxía desenvólvese moi ben nesas circunstancias. Non fomos quen de dominar o xogo e eles acabarían metendo o 2-0 que parecía matar o encontro. Pero entre que modificamos o esquema e volveu a soplar con forza o vento, de aí ó final fomos quen de volcar o xogo hacia a portería local, chegando o 2-1, o 2-2 e varias ocasións para o 2-3. De feito pasado incluso o tempo añadido, o Muxía aproveitou unha contra tras unha ocasión nosa para acadar o 3-2.
En definitiva, partido no que non se pode reprocharlle nada ós nosos e no que o xusto debería ser que ambos equipos levasen puntos polo esforzo feito.”
Goles:
1-0, m.6: Adrián Alcaina
2-0, m.67: Fran Moreira
2-1, m.78: Fabio
2-2, m.79: Marcos
3-2, m.94: Fran Moreira
SD FISTERRA 1-1 CLUB DO MAR
Partido moi traballado en Ara Solis entre dous equipos que loitaron ata o final. O Fisterra, con só tres cambios dispoñibles (un deles porteiro), deu a cara e estivo a piques de levar os tres puntos.
Leo Picallo, adestrador do SD Fisterra:
“Partido moi complicado que se nos viña enriba. A pesar de todos os condicionantes, soubemos estar á altura. Fomos capaces de poñernos por diante e mesmo antes do descanso tivemos un man a man para facer o 2-0. É certo que o Club do Mar tamén tivo algunha ocasión clara que detivo Joselu, e outra que sacamos baixo paus. Estou moi contento con como competiu o equipo a pesar das adversidades.”
Goles:
1-0, m.11: Guille
1-1, m.70: Tiago Mendes (p.)
CAMARIÑAS FC 2-0 PRAÍÑA SC
O Camariñas asinou o mellor partido do que vai de tempada ante un Praíña que apenas inquietou a meta local.
Juan Cabrejo, adestrador do Camariñas FC:
“O mellor partido do que levamos de tempada, sen dúbida. Estivemos de dez. O resultado, polos méritos feitos, debería ser máis amplo, tanto polo xogo como polas ocasións, xa que non nos tiraron a porta en todo o encontro. Nós, en cambio, tivemos moitísimas oportunidades para sentenciar antes.
Na primeira metade, só comezar, marcamos un golazo desde fóra da área, o que nos deu tranquilidade. Pero o equipo non se conformou: seguiu presionando, xogando moi ben ao fútbol e xerando ocasións constantes. Xa na segunda parte, cométenlle un penalti a Soule que transforma Djibril, dándonos máis serenidade no marcador.
Seguimos dominando ata o final sen pasar apuros. É unha vitoria que serve para coller confianza e dar continuidade ao bo traballo feito, a ver se acadamos unha vitoria fora para refrendar esta.”
Goles:
1-0, m.1: Pablo Suárez
2-0, m.73: Djibril (p.)
Incidencias: O colexiado Jorge Souto expulsou con vermello directo ao adestrador visitante, José Antonio Fernández, no minuto 67’.
SCDR ESTEIRANA 1-2 CCD QUEIXAS
Encontro moi trabado no campo do Xosé Luis Vara, con moitas interrupcións e cartóns por ambas partes. Houbo un expulsado en cada equipo: Damián, pola Esteirana, viu o segundo cartón no desconto (92’), e Kevin Andrade, polo Queixas, foi expulsado no 68’.
Goles:
1-0, m.12: Raúl
1-1, m.20: Mateo Viqueira
1-2, m.68: Mateo Viqueira
CLASIFICACIÓN
1º Bertamiráns – 21
2º CSD Arzúa – 19
3º Boimorto – 17
4º SR Calo – 17
5º CCD Queixas – 16
6º Racing San Lorenzo – 16
7º Praíña – 15
8º Vizoño – 15
9º Cire de Melide – 15
10º SD Cacheiras – 15
11º Club do Mar – 14
12º Camariñas – 14
13º SD Tordoia – 13
14º Muxía – 11
15º UD Bastavales – 10
16º SD Fisterra – 8
17º SD Castriz – 6
18º SD Esteirana – 5
PRIMEIRA FUTGAL G2
11ª Xornada
Domingo 09/11/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
CSD Arzúa – CF Muxía, ás 17:00
SD Castriz – SD Fisterra, ás 17:00
Praiña SC– SCDR Esteirana, ás 16:30
Vizoño SD – Camariñas FC, ás
(Os horarios son oficiosos)
.
Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
-Foto Camariñas: Dulce Corcu
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”






