Empate no encontro da xornada no “Vicente Carril”.
O Xallas frenou o lider Camariñas, empatando no “Vicente Carril”, e ainda que os de Juan Cabreho teñen unha boa ventaxa de 4 puntos, os que veñen por detrás fan frente común pois o Baio goleaba o Muros, (7-2), e xa suma 7 encontros consecutivos con vitoria o que os levou a estar segundos por golaveraxe co Monte Louro, que derrotaba pola mínima o Lira, 81-0), e que suma 4 vitorias e un empate nos derradeiros 5 encontros. Sorprendeu a derrota do Soneira ante o Outes, (2-4), que chegou a ir gañando 0-4. De todos modos os de Josiño siguen na pomada a 3 puntos de baieses e loureses, co Xallas a un punto dos vimianceses, nesa apretada parte alta.
Aprobeitar para darlle a noraboa a Bruno Prego, adestrador do Xallas, así como a sua dona e familia opolo nacemento do seu fillo.
As crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
LIGA DA COSTA
-10ª Xornada-
-17/11/2024-
Camariñas FC 2-2 Xallas FC
SD Coristanco 3-3 Corme CF
UD Corcubión 1-3 Cabana SD
CD Baio 7-2 CD Muros
Soneira SD 2-4 Outes FC
UD Monte Louro 1-0 CF Lira
UC Cee 3-3 CF Mazaricos
CF Porteño 4-0 Ponteceso SD
-CRÓNICAS-
Camariñas FC 2-2 Xallas FC
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido no que salimos moi ben tendo ocasións pero sin acertar de cara porta rival diante dun Xallas que nos quería facer dano a contra. Recibimos o 0-1 xusto antes do descanso pero o equipo non se veu abaixo e dende o inicio da segunda parte fomos en busca da remontada a cal conseguiríamos pero unha xogada onde non defendemos moi ben o Xallas conseguía empatarnos e o resultado xa non se movería“.
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “”.
Goles : 0-1, Adrián López, (15´); 1-1, Roi Carril, (55´de penalti); 2-1, Mario, (75´); 2-2, Rubén Blanco, (80´).
SD Coristanco 3-3 Corme CF
Goles : 1-0, Dani Castiñeiras, (1´); 1-1, Yago, (5´); 1-2, Yago, (56´); 2-2, Dani Castiñeiras, (64´); 3-2, Alrjandro, (92´); 3-2, Wenceslao, (95´).
Incidencias : O colexiado Alejandro Tato, expulsou con dobre cartón, a Daniel Loureiro do Coristanco, (77´e 79´), xogador que levaba 14 minutos no terreo de xogo.
UD Corcubión 1-3 Cabana SD
Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido rarono que houbo uns primeiros 20 minutos cun Cabana que estivo moi ben, con moita intensidade, ganándonos todos os duelos, tal foi así que no minuto 10 marcarían e a partires do minuto 20 igualaríase o partido, e o Corcubión tería duas ocasións moi claras que non soubemos materializar, e así acabaría a primeira parte.
Na segunda un tanto do mesmo, con un Corcubión errático en todo, e un Cabana moita mellor, ata que no 17 farían o 0-2, e o Corcubión, máis co corazón que ca cabeza empuxaría e o no minuto 35, Samu Trillo acurtaba distanzas. Fómonos con todo arriba pero nun corner, case sen tempo chegaba o 1-3 para os cabaneses, xustos vencedores. As 7 baixas do Corcubión notáronse no redemento do equipo, pero bueno, hai que seguir traballando, e noraboa o Cabana pola vitoria“.
Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido no que saimos moi ben e nos puxemos por diante moi pronto, despois os últimos 15 minutos da primeira parte non estivemos cómodos, e o Corcubión tivo algunha ocasión para empatar pero non acertaron e Alvarellos támén estivo moi seguro en todas as accións.
Na segunda parte o partido foi moi igualado, de poder a poder, ainda que nós generamos máis ocasions sobre todo a balón parado cun gol pantasma de Nando e outro par de remates claros que non conseguimos acertar. Co 1-2 sufrimos pero soubemos aguantar e marcar no 90 o terceiro para certificar a victoria.
Os goles foron da seguinte maneira : 0-1, gol de Pablo rematando un bo centro a bote pronto de Moreno tras un bo cambio de orientación de Aarón…0-2 gol de Moreno rematando un balón solto no área…1-2 nunha boa xogada combinativa do Corcubion…1-3, gol de Castro rematando un córner botado por Moreno.
Goles : 0-1, Pablo, (11´); 0-2, Moreno, (55´); 1-2, Samu Trillo, (83´); 1-3, Castro, (93´).
CD Baio 7-2 CD Muros
Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido para sentirme moi orgulloso dos “muñecos” ós cales teño a fortuna de dirixir. O mellor partido da temporada e tendo en conta que o mellor non foi o resultado, senón as formas en como se conseguiron. Primeiros minutos muy entretidos polo resultado rápido de 2-2 mentres nos asentabamos. A raíz de aí dominio e control de xogo tanto en parcela ofensiva como defensiva o froito do cal conseguimos o 4-2 antes do descanso.
Segunda metade para enmarcar e poder crecer sobre esa base de nivel colectivo, tende en conta que como adestrador é a versión máis probe que teño que facer ver deste grupo de xogadores“.
Goles : Marcaron polo Baio na 1ª metade : Martín MC, (penalti), Pape e Álex Muiño, ademáis do primeiro gol que foi en propia porta do muradán, Juan. Polo Muros marcaron : Alonso e Javier, goles que representaban o resultado de 2-2, acabando a primeira metade 4-2. Na segunda marcaron os baieses : Martín MC, Sergio e Pape.
Soneira SD 2-4 Outes FC
Goles : 0-1, Nicolás, (24´); 0-2, Sanchiño, (51´); 0-3, Sergio, (52´); 0-4,Nicolás, (55´); 1-4, Alberto “Vía”, (68´); 2-4, Ricardo, (79´).
Incidencias : O colexiado Roberto Baña, expulsou con dobre cartón, a Ezequeil, (67´e 67´).
UD Monte Louro 1-0 CF Lira
Goles : 1-0, Farinós, (49´).
UC Cee 3-3 CF Mazaricos
Goles : 1-0, José Lago, (4´); 1-1, Raúl, (10´); 2-1, Ezequiel, (12´); 3-1, Ezequiel, (33´); 3-2, Raúl, (80´de penalti); 3-3, Esteban Pereiro, (93´).
CF Porteño 4-0 Ponteceso SD
Goles : 1-0, Andrade, (18´); 2-0, Andrade, (22´); 3-0, Martín, (45´); 4-0, David Pasantes, (56´).
-CLASIFICACIÓN-
-10ª Xornada-
1º Camariñas CF : 26 puntos
2º CD Baio : 22 puntos
3º UD Monte Louro : 22 puntos
4º SD Soneira : 19 puntos
5º Xallas FC : 18 puntos
6º CF Porteño : 15 puntos
7º Ponteceso SD : 14 puntos
8º Cabana SD : 13 puntos
9º Corme CF : 13 puntos
10º SD Coristanco : 11 puntos
11º UD Corcubión : 11 puntos
12º Outes FC : 9 puntos
13º CF Mazaricos : 9 puntos
14º CD Muros : 8 puntos
15º CF Lira : 8 puntos
16º UC Cee : 5 puntos
-PREVIA-
-11ª Xornada-
-24/11/2024-
Camariñas FC-SD Coristanco, ás 16:30 horas
Corme CF-UD Corcubión, ás 16:30 horas
Cabana SD-CD Baio, ás 16:30 horas
CD Muros-Soneira SD, ás 16:30 horas
Outes FC-UD Monte Louro, ás 17:00 horas
CF Lira-UC Cee, ás 17:30 horas
CF Mazaricos-CF Porteño, ás 16:00 horas
Xallas FC–Ponteceso SD, ás 16:30 horas
******
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Foto Camariñas FC : Dulce Corcu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores