CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 10ª Xda DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA : “O SPORTING ZAS NOVO LIDER TRALO INESPERADO EMPATE DO SAN RAMÓN EN CORISTANCO”.

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

10ª Xornada

Domingo 30/11/2025

Atlético Carballo SD 4-1 Soneira Veteranos

ADCV Ponteceso 0-1 Club Deportivo Razo

SD San Lorenzo 1-1 SCD Buño

SD Coristanco 1-1 ACD San Ramón

CF Cances – Veteranos Dumbría, (Suspendido)

Sporting Zas 5-1 SD Castriz

ACD San Román 4-0 SD Oza

 

CRÓNICA XERAL 

A décima xornada da División de Honra de Veteranos da Costa deixou movemento importante na cabeceira da táboa, con vitorias contundentes tanto do Sporting Zas como do ACD San Román, que seguen marcando o ritmo dunha liga cada vez máis apertada no alto. O Atlético Carballo mantén tamén o pulso ao golear o Soneira, mentres que o CD Razo rabuñou tres puntos de ouro en Ponteceso.

No San Andrés, o Sporting Zas volveu demostrar que é o rival a bater cunha goleada incontestable sobre un Castriz moi curto de efectivos. Pola súa banda, o choque entre Cances e Dumbría rematou sen disputarse tras negarse os dumbrieses a xogar, o que provocará derrota administrativa (3-0) e sanción económica.

Houbo tamén dous empates traballados: o San Lorenzo-Buño, con reacción local, e a sorpesa da xornada o 1-1 do Coristanco-San Ramón no que ademáis o que era lider salvou un punto co colista e cae a terceira praza véndose superado por Sporting Zas e San Román.

CRÓNICAS 

 Atlético Carballo SD 4-1 Soneira Veteranos

O Atlético Carballo fixo valer o factor campo e pasou por riba dun Soneira que entrou desconectado e pagou caros os primeiros minutos.

Goles:
1-0, Iván Rojo (4´);
2-0, Alejandro Figueiras (15´);
3-0, Iván Rojo (16´);
4-0, Julián Couto (40´);
4-1, Iván Pardiñas (70´).

 ADCV Ponteceso 0-1 Club Deportivo Razo

Partido moi táctico no Pinguel, decidido por un único tanto do Razo que vale tres puntos moi valiosos.

Goles:
0-1, Kevin Varela (38´).

 SD San Lorenzo 1-1 SCD Buño

Empate xusto en Verdillo. O Buño adiantouse antes do descanso, pero o San Lorenzo reaccionou ben na segunda metade.

Goles:
0-1, Martín Bazar (41´);
1-1, Juan Fuentes (52´).

 SD Coristanco 1-1 ACD San Ramón

O Coristanco púxose por diante cedo, pero o San Ramón salvou un punto antes do descanso nun choque parello e intenso, e no que sobre o papel se esperaba unha vitoria dos laracheses que chegaban no máis alto da táboa ao campo do pechacancelas.

Goles:
1-0, Miguel Ángel (13´);
1-1, Pablo Díaz (45´).

 CF Cances – Veteranos Dumbría

Suspendido
O Dumbría negouse a xogar o encontro, o que suporá derrota por 3-0 e sanción económica segundo normativa.


 Sporting Zas 5-1 SD Castriz

O novo líder non fallou e pasou por riba dun Castriz que só puido presentar 13 futbolistas. O Zas dominou e puxo terra de por medio no primeiro cuarto de hora, para no treito final acabar goleando.

Goles:
1-0, Pablo Fuentes (5´);
2-0, Óscar Brenlla (15´);
3-0, Pablo Fuentes (70´);
4-0, Braulio (80´);
5-0, Jaime Mata (85´);
5-1, Iván García, de penalti (90´).

 ACD San Román 4-0 SD Oza

Triunfo contundente dun San Román que se mantén firme na persecución do liderato que co empate do veciño San Ramón ten agora a un só punto pero desta como rival o Zas. O Oza pouco puido facer ante o dominio local.

Goles:
1-0, Víctor Pardiñas (32´);
2-0, Mario Casal (35´);
3-0, Mario Casal (60´);
4-0, De la Fuente (66´)

Incidencias : No 44´foi expulsado o meta do Oza, Jorge Añón, con vermello direto.

 GOLEADORES 

Braulio (Sporting Zas): 10 goles en 9 encontros
Miguel Torres (Cances): 8 en 6
Cristian Caamaño (Dumbría): 8 en 7
Iván Rojo (Atlético Carballo): 8 en 7
Mario Rodríguez (San Ramón): 8 en 7
Diego De la Fuente (San Román): 8 en 9
Brayan Lista (Razo): 8 en 10

CLASIFICACIÓN 

Sporting Zas – 21
ACD San Román – 20
ACD San Ramón – 18
Atlético Carballo – 17
CD Razo – 17
*CF Cances – 16
Soneira Veteranos – 13
Dumbría Veteranos – 12
SD San Lorenzo – 10
10º SCD Buño – 10
11º SD Castriz – 9
12º SD Oza – 7
13º ADCV Ponteceso – 6
14º SD Coristanco – 6

*O Cances ten 3 puntos menos a espera do ditame do Comité de Competición que lle dará o encontro desta semana gañado por 3-0 ó Dumbría por incomparecencia.

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

11ª Xornada

Domingo 07/12/2025

SCD Buño – CF Cances

Club Deportivo Razo – SD Castriz

SD Oza – SD San Lorenzo, ás 09:45

ADCV Ponteceso – Atlético Carballo SD, ás 10:00

Soneira Veteranos – ACD San Román, ás 10:00

Veteranos Dumbría  SD Coristanco, ás 10:00

ACD San Ramón  Sporting Zas, ás 10:00

.

-Foto Sp Zas : Prensa Sporting Zas

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”