A Esteirana comeza o ano seguindo de lideres.
Pleno de vitorias para comezar o 2025 para os equipos costeiros do G4 da 3ª Galega Feminina coa Esteirana no máis alto por golaveraxe con respecto o Céltiga e o As Miúdas gustándose ante o Mosteiro facéndolle un “sete”, e o Outes que suma a sua cuarta vitoria da tempada, neste caso pola mínima e cun gol en propia porta pero facendo méritos para gañar con solvencia o choque.
GOLEADORAS
Se a Esteirana vai lider na clasificación tamén o é na lsiat de Pichichis con duas xogadoras no podio de goleadoras. Rut, fixo coa frioleira de 31 goles lidera o grupo, seguida de Laura do Taragoña con 19 e completando o podio Bárbara da Esteirana con 18.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G4
-10ª Xornada-
(12/01/2024)
Juventud Cambados 4-1 SD Chispa
Outes FC 1-0 EFF Sonnoia Portus Apóstoli
EFMC Boiro B 1-2 Céltiga FCF
CD Rois 5-0 Catoira SD
ED As Miúdas 7-0 CD Mosteiro
SCDR Esteirana 12-1 Bastavales UD
CCD Taragoña 11-0 Milladoiro SD
-CRÓNICAS-
SCDR Esteirana 12-1 Bastavales UD
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Primeiro partido do ano tras o parón das festas no que as locales puderon dominar de principio a fin, a pesar do ritmo de xogo baixo, o acerto na area rival permiteu conseguir un resultado amplio ante unhas rivales que marcaron o seu gol de penalti e mostraron unha actitude sempre competitiva a pesar do marcador adverso.
Notable o debut de Nuria Torres nas roxazuis, e tamén para destacar o estreno como goleadora de Nerea, froito da implicación e o traballo que ven mostrando ó lado das compañeiras nos entrenamentos.
Desexamos toda a sorte do mundo ó equipo do Bastavales, é para destacar a calidade humana e deportividade desde que chegaron ata que deixaron o vestuario…Exemplares!“.
11 inicial: Maruxa, Nerea, Sara, Terre, Martina, Marta, Lara, Sandra, Nuria, Bárbara e Rut. Tamén xogaron : Lidia, Gina, Dara, Carla e Lola.
Goles : Primeira metade, (6-1) : Marcaron pola Esteirana : Bárbara, (3), Rut, Lara, Nerea e Carmen Trigo de penalti para o Bastavales. Segunda metade : Marcaron polas esteiranas : Bárbara, (2), e Rut, (4).
ED As Miúdas 7-0 CD Mosteiro
Goles : Primeira metade, (3-0) : Marcaron . Pti, (2), e María Lestón. Segunda metade : Pati, Ximena, (2) e María González.
Foto de familia do Outes Feminino 2024/25.
Outes FC1-0 EFF Sonnia Portus Apóstoli
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Derbi de proximidade no Conchido, e de colegueo entre moitas xogadoras. pero eso pausouse o pitar o colexiado,. Empezaba un partido intenso sobre todo no medio campo donde o Noia metía moito músculo deixándonos xogar pouco, pero nós mantíñamos o noso plan contra vento e marea, e as primeiras ocasións quedaban na casa.
Controlábamos ben as bandas do Noia, cun gran traballo da nosa liña defensiva e apurando a porteira visitante con internadas rápidas a contra. Teríamos varias ocasións moi claras na primeira metade, pero foi xusto o comezar a segunda donde Carla consigue sobrepasar a porteira e unha defensa rival metea para dentro o tentar sacar un balón que entraba igual. A partires de aí púxose máis feo o partido, con empuxóns a destempo e agarróns para tentar frenar as nosas bandas. O final do derbi quedou na casa e sumamos 3 puntos cunhas rivais diretas.
Quería destacar o gran traballo de todas as miñas xogadoras, pois tíñamos duas baixas importantes de xogadoras habituais no 11, e as compañeiras que entraron demostraron que no Outes pode xogar calquera xogadora da plantilla e poder facelo tan ben coma a do lado. Un gran traballo delas“.
Goles : 1-0, Nerea Lijó, (46´en propia porta).
-CLASIFICACIÓN-
1º SCDR Esteirana : 30 puntos
2º Céltiga FC : 30 puntos
3º Juventud Cambados : 22 puntos
4º CCD Taragoña : 19 puntos
5º SD Chispa : 17 puntos
6º ED As Miúdas : 16 puntos
7º CD Rois : 15 puntos
8º Outes FC : 13 puntos
9º CD Mosteiro : 13 puntos
10º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 10 puntos
11º EFMC Boiro B : 10 puntos
12º Bastavales UD : 7 puntos
13º Milladorio SD : 3 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-11ª Xornada-
-19/01/2025-
Juventud Cambados–Outes FC, ás 17:00 horas
EFF Sonnoia Portus Apóstoli-EFMC Boiro B, ás 12:15 horas
Céltiga FC–CD Rois, ás 12:00 horas
Catoira SD–ED As Miúdas, ás 17:30 horas
CD Mosteiro–SCDR Esteirana, ás 19:15 horas
Bastavales UD–CCD Taragoña, ás 18:30 horas
SD Chispa–Milladoiro SD, ás 12:00 horas
AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Fotos Outes : Dani Salgueiro
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”