O Ponteceso protagonizou a maior goleada da xornada.
O Corme comeza o 2025 goleando e ca condición de equipo invicto e pleno de vitorias de maneira exacta a como rematou o 2024. Por detrás no encontro da xornada o Mazaricos, (2º), levábase os 3 puntos do “Vicente Carril” ante o EF Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”, (era 3º), que se ve superado na táboa polo Muxía, que goleaba o A Baña, e polo Ponteceso, que acadaba a maior goleada da xornada ante o Fisterra. Non pasou do empate o Bergantiños B ante o Pastoriza B no duelo de filiais e iso impedía a que as bergantiñanas se enganchasen as de arriba. Boa vitoria do Cabana ante o Soneira a domicilio e segunda vitoria da tempada do Zas que inicia o ano de maneira inmellorable.
GOLEADORAS
Un total de 41 goles se marcaron na primeira xornada do ano e en varios deles estiveron presentes as nosas goleadoras. Naroa Parga, (Corme CF), lidera a táboa de máximas goleadoras con 18 en 10 encontros disputados, ocupando o segundo chanzo do podio de goleadoras Patri Romaní, 8CF Muxía), con 15 nos mesmos encontros disputados e pechando o podio tres rapazas con 10 goles : Julia Varela, (en 9 encontros), Carla Pose, (Corme CF), e Cris Veres, (Corme CF), estas duas en 10 choques xogados.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G2
-10ª Xornada-
(12/01/2024)
Soneira SD 0-4 Cabana SD
UD Corcubión 3-7 Corme CF
UD Cerqueda 0-2 Sporting Zas
EFCC Juan Cabrejo 0-2 CF Mazaricos
CF Muxía 10-0 SD A Baña
SCD Pastoriza B 1-1 Bergantiños CF B
Ponteceso SD 11-0 SD Fisterra
-CRÓNICAS-
SD Soneira 0-4 Cabana SD
Roland Caamaño, (Adestrador do Soneira SD) : “”
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Empezou o partido igualado pero con máis presenza cabanesa no campo do Soneira, que por medio de María tentaba a chegarse a meta visitante. Foi un primeiro tempo sen grandes ocasións no que se adiantou o Cabana por medio de Adriana tras xogada de Antía Pazos. Xa no segundo tempo as visitantes fixéronse co control do partido e chegarían tres goles máis, ca firma de Irene que serían os que sentenciarían o encontro”.
Polas nosas xogaron : Miriam, Nuria, (Laura), Sheila, (Valeria), Maria, Irene, Inma, Alejandra, Iria, Jesie Pose, (Saray), Antia Pazos, (Begoña), e Adriana (Natalie)
Goles : 0-1, Adriana, (38´); 0-2, Irene, (54´); 0-3, Irene, (59´); 0-4, Irene, (77´).
Bo comezo de ano para as zacenses.
UD Cerqueda 0-2 Sporting Zas
Miguel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Outro partido moi disputado contra un rival que está no noso nivel. Tivemos moito xogo no medio do campo moi disputado con ocasións para os dous lados, e xa na parte final un par de fallos nosos priváronnos de puntuar, pero o equipo moi ben e a seguir traballando non queda outra”.
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido de dous equipos moi similares, un pouco máis de dominio de balón o Zas con máis chegadas e xogo combinado, pero que non creaba grandes ocasións. O Cerqueda fixo algo de perigo en accións de corner pero sin nada destacado. Na segunda parte Isa abría o marcador cun remate de cabeza a centro de Nerea, e está última faría o definitivo 0-2, cun golazo de falta nos últimos minutos”.
Goles : 0-1, Isa, (63´); 0-2, Nerea, (83´).
UD Corcubión 3-7 Corme CF
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Non foi un bo día do noso equipo, para nada tivemos o control do xogo a partir da posesión, nin nunca lle demos calma para encontrar o desaxuste rival como sabemos facelo, pero certo é que este Corcubión ten moito poder ofensivo e unha presión alta moi boa, e o medo a perder en zona complicada e que nos penalizara fíxonos xogar moito máis direto.
Esta vez, quédome con que nun día gris en canto a eso, o equipo soubo remangarse e traballar moito para sacar os puntos adiante con solvencia, e ainda non tendo un día fluido xerouse moitas ocasións de gol.
Pintaza éste Corcubion, con xogadorazas como Alexandra, María ou Andrea, que apunta a estar na zona alta da clasificación sin dúbida. Pola nosa parte, debemos traballar máis para seguir crecendo si queremos cumplir cos obxetivos que nos marcamos a principios de ano”.
Xogamos con : Lucía Dourado, Saskia, Laura, Aroa, Lucía Rodríguez, Zeltia, Olalla, Ana, (Salomé), Cris, (Candela), Carla Pose, (Carla Vázquez), e Naroa.
Goles : 0-1, Ana María, (14´); 0-2, Carla, (35´); 0-3, Naroa, (40´); 1-3, Andrea, (45´); 2-3, Andrea, (51); 2-4, Saskia, (72´); 2-5, Naroa, (73´); 3-5, María Castro, (75´de penalti); 3-6, Carla, (83´); 3-7, Naroa, (85´).
O Mazaricos cortou a progresión do Camariñas.
EFCC “Juan Cabrejo” 0-2 CF Mazaricos
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Parido no que acadamos unha derrota, a meu ver, inxusta e no que nada máis comezar tras un erro noso individual metéronnos o primeiro gol. Tras este fomos arriba, dominamos, estivemos atosigando pero non fomos quen de lograr o gol do empate.
Na segunda metae arriscamos máis e fomos máis arriba o que facía que o Mazaricos tratase de facernos dano a contra, e así foi que faltando pouco conseguían facer o segundo. Desta volta non tivemos sorte pero o fútbol é así as veces gáñase sen merecementos e as veces pérdese merecendo máis. Felicitar as rapazas polo gran traballo que fixeron e a seguir“.
Goles : 0-1, Valentina, (3´).; 0-2, María Senra, (78´).
Parte da expedición do A Baña no local do noso colaborador “As Baleas”.
CF Muxía 10-0 SD A Baña
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido sin moita exigencia, xogábamos contra as últimas clasificadas despois de vir de varias semanas con boa dinámica. Xogamos e dominamos ben de principio a fin como se refrexa no resultado”.
Goles : Primeira metade, (3-0) : Goles de Nerea, (2) e Barca Toba, (de penalti); Segunda metade : Nerea, Paula, Barca Toba, (2), Andrea Insua, Andrea Domínguez e Patri Romaní.
As bergantiñanas no Municipal de Pastoriza.
SCD Pastoriza B 1-1 Bergantiños FC B
Noelia Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Partido muy igualado en Pastoriza entre los dos filiales. En la primera parte hubo ocasiones para los dos equipos que tuvieron un gran duelo en el medio campo. En la segunda parte, continuó la igualdad, aunque el Bergantiños comenzó a hacerse más fuerte en el medio del campo y a mejorar su presión, atacando con más insistencia, sobre todo haciendo daño por las bandas.
Pasado el cuarto de hora de la segunda parte, se adelantaron primero las visitantes con un gran gol lejano de Aroa V. Y ,poco después, tras una gran intervención de Leire en una falta lejana del Pastoriza, un error defensivo provocaba el 1-1.
En los últimos segundos de juego , una rápida internada solitaria atacante del Bergan fue interceptada con una falta clara que el árbitro interpretó fuera del área y conllevó la expulsión de la rival. El remate de la falta se fue fuera por muy poco y no hubo tiempo para más”.
Goles : 0-1, Aroa, (63´); 1-1, Noa, (77´).
Incidencias : O colexiado Iker Gómez expulsou no 92 a xogadora local Vlaudia con vermello direto.
O Ponteceso no “Pinguel” antes do encontro.
Ponteceso SD 11-0 SD Fisterra
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Tras dous partidos perdendo o Puenteceso necesitaba un partido que lle permitise recuperar os ánimos e saír da mala xeira. O equipo de Curro dominou todo o partido e aproveitou o encontro tamén para facer un xogo máis combinativo e pausado.
Claudia abriría o marcador xa nos primeiros minutos do partido e xa no minuto 10 levaba un hat trick. No encontro tamén anotaron Muiño, Ainhoa (2), Virgi (2) e Lago.
Tres puntos que dan un pouco de alegría o conxunto tras uns partidos nos que non estiveron ao seu mellor nivel. Agora toca xa comezar a preparar o próximo partido, contra o Bergantiños B, que tampouco vai resultar doado”.
Xogamos con : María, (Karen 44′), Noe, Eva, Myre, Laura R ,(Lucivili 63′), Ainhoa (Dodi 51′), Oanes ,(Virxi 45′), Lago, Sabela, Muiño, e Claudia.
Goles : Primeira metade, (7-0) : Goles de Claudia, (3), Andrea, (2) e Ainhoa, (2); Segunda metade : Virxi, (2), Eva e Claudia.
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 30 puntos
2º CF Mazaricos : 25 puntos
3º CF Muxía : 22 puntos
4º Ponteceso SD : 21 puntos
5º EFCC “Juan Cabrejo” : 21 puntos
6º Bergantiños FC B : 19 puntos
7º UD Corcubión : 17 puntos
8º Cabana SD : 16 puntos
9º Sporting Zas : 7 puntos
10º Soneira SD : 7 puntos
11º SCD Pastoriza B : 6 puntos
12º SD Fisterra : 5 puntos
13º UD Cerqueda : 4 puntos
14º SD A Baña : 3 puntos
-PREVIA-
-11ª Xornada-
(19/01/2025)
Soneira SD–UD Corcubión, ás 18:30 horas
Corme CF-UD Cerqueda, ás 18:30 horas
Sporting Zas–EFCC Juan Cabrejo, ás 12:00 horas
CF Mazaricos–CF Muxía, ás 12:00 horas
SD A Baña–SCD Pastoriza B, ás 17.30 horas
Bergantiños CF B–Ponteceso SD, ás 16:00 horas
Cabana SD–SD Fisterra, ás 12:00 horas
AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Fotos SP Zas : O clube
-Foto Camariñas : Dulce Corcu
-Foto Bergantiños : Noe Iglesias
-Comentarios : Adestradores