CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 10ª XDA DA 3ª DA COSTA : “MALPICA E CERQUEDA OS MÁIS BENEFICIADOS DA XORNADA APRETANDO A ZONA ALTA”.

O Cerqueda engánchase a liga tras vencer en Baño.

O Malpica e o Cerqueda foro os máis beneficiado da xornada cos resultados habidos por arriba. Por parte dos cerquedences, os rapaces de “Gurita” de asaltaron o feudo do Volantes de Baño, (0-2), para igulalo na clasificación. O equipo de Baño só perdera un encontro, e fora a domicilio ante o Sofán B, que esta semana descansou pero sigue de lider con un punto sobre o Malpica que tras golear o Inter de Brens consolida este posto en solitario, gracias a derrota dos muradáns ante os seus veciños. Non aproveitou a situación o Sporting Zas que non pasaba do empate ante o Nantón, (1-1), e fai que haxa un triple empate polo podio da liga cos de Baño terceiros con 21 puntos, os mesmos ca Cerqueda, (4º) e Zas, (5º).

Lamentar a grave lesión de Santi González no Laxe e desexarlle unha pronta e satisfactoria recuperación.

Segundo nos vaian chegando máis comentarios iremos sumándoos as crónicas, polo que estas non quedan pechadas.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-10ª Xornada-

-17/11/2024-

 Sporting Seaia CF 3-0 CF Muxía B

 SD Oza 0-2 Atlético Pereiriña FC

 CD Nantón 1-1 Sporting Zas

  SCD Buño 1-3 SD Camelle

SD Laxe 2-5 CD Baiñas

  Volantes de Baño FC 0-2 UD Cerqueda

Inter de Brens 0-5 SCD Malpica

Descansa : SD Sofán B

 

-CRÓNICAS-

 

Sporting Seaia CF 3-0 CF Muxía B

Goles : 1-0, Brais, (35´); 2-0, Alejandro, (67´); 3-0, Alejandro, (69´)

 

SD Oza 0-2 Atletico Pereiriña FC

Goles : 0-1, Augusto, (57´); 0-2, José Carlos, (78´).

 

Nantón e Zas fixeron todo no primeiro minuto.

 

CD Nantón 1-1 Sporting Zas

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Empezamos mal, outra semana encaixando gol na primeira xogada de partido. Perdida de balón e o xogador do Zas mira porteria e vé a Alvaro adelantado e marca. Sacamos de centro e nunha xogada por banda de Yago Torres metese en area e tras deixar atras o ultimo defensor bate a Guille no man a man e poñendo o 1-1 no minuto 1, xa.

O resto do partido foi un ida e volta con ocasións para os 2 equipos, sobretodo na segunda parte que foi onde máis chegadas houbo. Pola nosa parte 3 moi claras, un man a man de Yago que sale floxo as mans de Guille, outro remate dentro de area de Javi que non acerta co gol e un remate de Josué nunha contra que lle sale o remate floxo e centrado as mans de Guille”.

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) :O partido comezou de forma trepidante, cun arranque que sorprendeu a todos os presentes. Nada máis sacar de centro, o Sporting Zas roubou o balón grazas á anticipación de Juan, que marcou un gol desde un lanzamento lonxano e preciso, poñendo o 0-1 no marcador ao primeiro suspiro. Pero, a resposta do Nantón non se fixo esperar. Unha serie de malas decisións na defensa do Zas permitiron que o dianteiro local se atopase só ante Guille e conseguira o empate case de inmediato, deixando o partido 1-1 xa no primeiro minuto.

A partir dese momento, o Nantón optou por pechar filas e manter unha defensa compacta que freou o intento do Zas de imprimir ritmo. O Zas caeu nun xogo lento e impreciso, sen capacidade de superar a defensa rival. As únicas accións destacables desta primeira metade foron dous lanzamentos errados de Andrés e Adrián Rama, que non lograron dirixir os seus tiros entre os tres paus. Pola súa banda, o Nantón xerou perigo a través do seu dianteiro, que, coa súa velocidade, conseguiu gañarlle as costas á defensa do Zas en varias ocasións, achegándose con certo perigo á portería defendida por Guille.

Tras o descanso, o Zas introduciu un cambio de sistema buscando maior fluidez no seu xogo, pero a tónica da segunda metade foi similar á da primeira. O Nantón seguiu pechado atrás, aproveitando a rapidez dos seus homes en punta para lanzar contras que inquietaran a defensa visitante. O ritmo seguía sendo lento, e o Zas non conseguía impoñer un xogo que fixese perigar seriamente a sólida estrutura defensiva do Nantón.

A pesar dos cambios introducidos para dinamizar o ataque, o Sporting Zas non logrou transformar en gol ningunha das accións xeradas nesta segunda metade. A presión aumentou no tramo final, con moita presenza en campo contrario, pero o xogo ralentizábase ao bordo da área rival, e as tentativas non resultaron efectivas. Así o partido terminaría co 1-1 do comezo”.

Goles : 0-1, Juan, (1´); 1-1, Iago Torres, (1).

 

SCD Buño 1-3 SD Camelle

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “”.

Goles : 1-0, Alan, (4´); 1-1, Iván Chans, (18´); 1-2, Lucas “Panadeiro”, (36´); 1-3, Gabri Mugridge, (80´).

 

SD Laxe 2-5 CD Baiñas

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Un dos mellores partidos que fixemos, desde que empatáramos co Buño. Primeira parte igualada que acabou con 1-1 xusto.

Na segunda o partido seguio igualado, e puxémonos por díante de penalti claro, parecía que tiñamos o partido controlado e tivemos algunha ocasión para facer o terceiro. Empezou a arriescar o Baiñas, e en dous despistes en apenas un minuto déronlle a volta o marcador. Despois arriescamos nós i eles aproveitaron ben os espacios que deixamos.

Resultado moi abultado, no que creo que o empate sería o xusto, pero o que manda no fútbol e quen pon a pelotiña dentro da portería, e eles tiveron máis atino ou sorrte ca nós…Desexarlle toda a nosa sorte do mundo e darlle moitos ánimos a Santi, que fría unha lesión grave”.

Goles : 0-1, Raúl, (12´); 1-1, Moha, (14´); 2-1, Felipe, (58´); 2-2, Anibal, (70´); 2-3, Pablo Calvo, (71´); 2-4, Brais, (75´); 2-5, Kevin, (90´).

Incidencias : O xogador do SD Laxe, Santi González tiña que abandoar o terreo de xogo no minuto 55 cunha fractura de peroné. O noso desexo de que se recupere satisfactoriamente e sen complicacións e que pronto volte a estar cos compañeiros. No que é a arbitraxe, o colexiado Roberto Baña, expulsou con vermello direto o laxense, Martín Pose, no desconto.

 

O Cerqueda no “Eleuterio Balayo”.

Volantes de Baño FC 0-2 UD Cerqueda

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi disputado no inicio do mismo, no que pouco a pouco fomos mellorando e no que unha vez que o partido se asentou fomos moito mellores en todos os aspectos, tanto en defensa como en ataque. Fomos ganando o descanso por 0-1 con gol de Salah de penalti cometido a Adrián pero as ocasións eran para ir con resultado máis claro.

Despois do descanso non baixamos o ritmo e Salah con un golazo nun golpeo desde o pico da área métea pola escadra do segundo pao. Seguimos creando ocasións pero non quixeron entrar. Só me queda poñerlle un sobresainte a cada un dos xogadores porque fixerón que parecera doado un partido contra un moi bo equipo”.

Goles : 0-1, Salah, (33´de penalti); 0-2, Salah, (56).

 

Inter de Brens 0-5 SCD Malpica

Goles : 0-1, Luis, (13´); 0-2, Luis, (43´); 0-3, Fran Montes, (45´+1´); 0-4, Luis, (54´de penalti); 0-5, Fran García, (90´).

 

Descansou : SD Sofán B

 

+++++

 

-CLASIFICACIÓN-

 *SD Sofán B : 25 puntos

*SCD Malpica : 24 puntos

Volantes de Buño FC : 21 puntos

4º UD Cerqueda : 21 puntos

 Sporting Zas : 21 puntos

  Atlético Pereiriña FC : 16 puntos

 CD Baiñas : 13 puntos

8º *Sporting Seaia CF : 7 puntos

 SD Camelle : 6 puntos

10º *SD Oza : 8 puntos 

11º *Inter de Brens : 8 puntos

12º *SCD Buño : 7 puntos

13º *CF Muxía B : 7 puntos

14º *CD Nantón : 6 puntos

15º *SD Laxe : 2 puntos

*Asterisco: Os equipos con asterisco teñen un encontro menos disputado.

 

PREVIA

-10ª Xornada-

-17/11/2024-

 Sporting Seaia CF-SD Oza, ás 16:30 horas

 Atlético Pereiriña FC-CD Nantón, ás 17:00 horas

Sporting Zas-SCD Buño, ás 16:45 horas

 SD Camelle-SD Laxe, ás 16:15 horas

CD Baiñas-Volantes de Baño FC, ás 16:30 horas

  SD Sofán BInter de Brens, ás 17:00 horas

CF Muxía B-SCD Malpica, 23/11 ás 16:00 horas

Descansa : UD Cerqueda

 

 

-Fotos Zas : Sporting Zas

-Fotos Cerqueda : Adrián “Gurita”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies