CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 10ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “O EMPATE DO MUXÍA E O BERGAN “B” DA MÁIS VENTAXE O TORDOIA E UNE O CORME A LOITA POR TODO”.

2ª GALEGA FEMININA G1

10ª Xornada

23/11/2025

CF Muxía 1-1 Bergantiños FC “B”

Unión Campestre 3-4 Eirís SD

CF Corme 3-1 UC Cee

SCD Milagrosa 8-4 SDC Órdenes

Orillamar SD 2-0  AD Nicrariense

CF Dumbría 1-5 SD Tordoia

SCDR Esteirana 7-3 Brexo Lema SD

Cultural Maniños 2-8 Victoria CF “C”

Descansa : SD San Lázaro

CRÓNICA XERAL 

A décima xornada da 2ª Galega Feminina G1 deixou goles, ritmo e dous derbis costeiros cheos de intensidade. O gran nome da fin de semana volveu ser o SD Tordoia, intratable e lanzado cara ao título, mentres que Muxía, Corme e Esteirana sumaron para manter o peso da Costa na parte alta da táboa.

Na Arliña, Muxía e Bergantiños B repartiron puntos nun duelo vibrante entre dous candidatos a todo. En Corme, o segundo derbi da tarde caeu do lado local tras un esforzado 3-1 fronte ao UC Cee, partido onde o vento xogou tanto como as protagonistas.

O Dumbría pouco puido facer ante o líder, que demostrou por que conta todos os seus encontros por vitorias. A Esteirana, pola súa banda, asinou un festival ofensivo cun 7-3 ante o Brexo Lema, nun partido dominado desde o inicio pero marcado pola lesión de Nerea.

Así, tras esta xornada, o dominio do Tordoia amplíase, ainda que descansa para a semana, mentres Muxía, Corme e Victoria “C” seguen en persecución. Bergantiños B mantense no grupo perseguidor, mentres que Cee e Esteirana seguen nunha zona media moi comprimida.

CRÓNICAS

O gol de Patri valeulle un punto o Muxía.

CF Muxía 1-1 Bergantiños FC “B”

Dous candidatos firman táboas nun derbi de nivel

Goles:
0-1, Lucía Canosa (9´); 1-1, Patri Romaní (65´).

Empate de quilates entre dous equipos chamados a loitar polo ascenso. O Bergantiños B adiantouse cedo cun tanto de Lucía Canosa, pero o Muxía mantivo o pulso e acabou atopando premio na segunda metade por medio de Patri Romaní.

O encontro estivo cargado de ritmo, alternativas e boas accións individuais, típico dun duelo entre dous conxuntos que  de seguro estarán arriba a final de tempada.

Incidencias: No tempo engadido, Noe Iglesias, que se enfrontaba ao seu ex equipo, viu vermello directo.

Noe Iglesias, (adestradora do CF Muxía) : “Partido con resultado injusto ante un rival que no propuso nada. En los primeros minutos de juego, un error nuestro provoca un rebote en su delantera que supone el único gol rival. A partir de ahí,nos costó reaccionar y encontrar nuestro juego, no estuvimos bien y aún así Patri fue un puñal por la banda izquierda y sólo las faltas, alguna demasiado dura, pudieron pararla. Tuvimos un par de ocasiones que se fueron fuera por poco.
En la segunda parte, salimos mucho mejor, con la posesión clara y la iniciativa encerrando al equipo rival. Estábamos mejor físicamente, pero hubo muchas interrupciones que no dejaron mantener un ritmo de juego.En una de las múltiples faltas, marca Patri un golazo y a partir de ahí nos volcamos aún más. Se sucedieron varias ocasiones claras, y la portera rival se lució.
Merecimos más por juego y ocasiones, ya que el Bergan no tiró a puerta en todo el partido.”

 Pablo “Djalma”, (adestrador do Bergantiños FC “B”) :

“Encontro disputado fronte ao Muxía. A primeira metade comezou cun gran nivel competitivo por parte das nosas, que entraron ao partido con intensidade, orde e unha lectura impecable dos tempos do xogo. Froito dese bo inicio, adiantámonos no marcador, demostrando personalidade e valentía.

O Muxía empatou mediado o segundo tempo, cun lanzamento de falta lonxana que entrou pola escuadra, un gol imparable. A pesar diso, o equipo mantivo o nivel, compitiu cada balón e non perdeu a identidade en ningún momento.

Moi orgulloso da actitude, do esforzo e do compromiso de todas, ofreceron o que para min foi o mellor partido da tempada en canto a intensidade, lectura e madurez competitiva. Partido para valorar e seguir crecendo”.

CF Corme

CF Corme 3-1 UC Cee

O Corme leva o derbi nun partido marcado polo vento.

Goles:
1-0, Carla (27´); 1-1, Saray Duarte (66´); 2-1, Saskia (77´); 3-1, Claudia (91´).

Rubén Souto (adestrador do CF Corme):
“Partido entre dous equipos moi parecidos e con propostas similares. O encontro estivo condicionado polo vento. Na primeira parte dominamos nós, chegando 1-0 ao descanso.

Na segunda, o Cee tomou o mando e empatou, pero cando peor o estábamos pasando, nun córner volvemos poñernos por diante. A partir de aí o equipo colleu confianza, defendemos moi ben pese ao vento en contra e saímos con perigo. Claudia tivo unha gran ocasión que parou Valeria, pero pouco despois fixo o 3-1 definitivo.

Quero resaltar o compromiso do equipo no esforzo, na asistencia aos adestramentos e na forma de competir todas á unha como o gran EQUIPO que son!!”.

CF Dumbría

CF Dumbría 1-5 SD Tordoia

O líder non falla e pasa por riba dun Dumbría desubicado.

Goles:
0-1, Rebeca (2´); 0-2, Andrea (6´); 0-3, Tamara (23´); 1-3, Paula Fandiño, penalti (37´); 1-4, Tamara (63´); 1-5, Ana (73´).

Santi Cubelo (adestrador do CF Dumbría):
“Peor inicio de toda a tempada. Saímos desubicadas e desconectadas contra un equipo ao que había que darlle o 200%. O Tordoia, que penso que xunto co Muxía peleará polo campionato, foi dominante con e sen balón.

Gañaba os duelos, segundos balóns, xeraba perigo en 1vs1 e en xogadas colectivas. Por momentos fixemos o noso xogo habitual, pero eran espejismos. Moi bo partido do Tordoia e moi xustiño o noso.”

As esteiranas baixo o dilubio.

SCDR Esteirana 7-3 Brexo Lema SD

Festival goleador coa mala noticia da lesión de Nerea

Goles:
1-0, Bárbara (5´); 1-1, Laura (17´); 2-1, Bárbara (20´); 3-1, Bárbara (22´); 4-1, Melania (26´); 5-1, Rut (53´); 5-2, Laura (56´); 6-2, Bárbara (65´); 7-2, Rut (70´); 7-3, Alba (72´).

José Laso (2º adestrador da SCDR Esteirana):
“Partido controlado dende o minuto 1. A mellor circulación e as xogadas máis perigosas eran nosas, cunha Bárbara estelar pola esquerda liderando as ofensivas. A pesar da claridade no resultado, os goles encaixados déixannos marxe para traballar aspectos defensivos.

A nota negativa foi a lesión de Nerea, que sufriu unha conmoción tras un balonazo e tivo que ser evacuada. Por sorte todo quedou nun susto, pero estará de baixa esta semana.”

Incidencias: Trala lesión que nos comenta José Laso a Esteirana xogou o tramo final cunha menos ao ter xa realizado o único troco dispoñible.

Dende aquí, o noso desexo de que todo quede nun susto e dunha pronta recuperación para Nerea.

CLASIFICACIÓN 

1º SD Tordoia : 30 puntos
2º CF Muxía : 22 puntos
3º CF Corme : 22 puntos
4º Victoria CF “C” : 21 puntos
5º Bergantiños FC “B” : 20 puntos
6º SCD Milagrosa : 18 puntos
7º CF Dumbría : 16 puntos
8º SD San Lázaro : 15 puntos
9º UC Cee : 15 puntos
10º Eirís SD : 12 puntos
11º SCDR Esteirana : 12 puntos
12º Unión Campestre : 11 puntos
13º Brexo Lema SD : 10 puntos
14º AD Nicrariense : 4 puntos
15º Orillamar SD : 3 puntos
16º Cultural Maniños : 3 puntos
17º SDC Órdenes : 1 punto

2ª GALEGA FEMININA G1

11ª Xornada

30/11/2025

UC Cee  Unión Campestre, ás 12:00

Bergantiños FC “B”  CF Dumbría, ás 12:00

SD San Lázaro  CF Corme, ás 16:00

AD Nicrariense  Cultural Maniños, ás 16:00

SDC Órdenes  SCDR Esteirana, ás 17:00

Eirís SD – SCD Milagrosa, ás 18:00

Victoria CF “C”  CF Muxía, ás 18:00

Brexo Lema SD  Orillamar SD, ás 19:00

Descansa : SD Tordoia

(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)

Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

-Foto Esteirana : Bea @berocer

-Foto Corme : Fin Lema, (manda Rubén Souto)

-Foto Dumbría : Santi Cubelo

-Fotos Muxía : Marina Busto

-Foto Bergan tiños B : Pablo “Djalma”

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”