Paula fandiño fixo dous goles seguidos, un olímpico.
Sigue de doce o Dumbría que sumaba a sua terceira vitoria consecutiva e a cuarta do campionato, sumando 4 encontros seguidos sen perder dende o empate de fai un mes na sua visita o Cultural Maniños. Pola sua banda o Cee conseguía un meritorio empate ante o Sporting Burgo nun choque no que chegou a ir gañando 0-2, e tras caer a semana pasada ante as líderes do Pastoriza nun choque no que fixeron méritos para máis, (2-3). Por outra banda o Xallas non xogou o suspenderse o encontro que as debería enfrontar nos campos “Arsenio Iglesias” da Torre, pero nos que non houbo actividade pola folda dos conserxes das instalacións herculinas.
As crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
2ª GALEGA FEMININA G1
-10ª Xornada-
-17/11/2024-
Orillamar SD-Xallas FC, (Suspendido)
CF Dumbía 5-1 Silva SD
SD Tordoia 2-1 PM Friol B
UDJ Almeiras 2-3 Orzán SD B
CD Lugo B 4-0 Cultural Maniños
Sporting Meicende 1-4 Brexo Lema
SCD Pastoriza 3-0 UD Carral
Sporting Burgo 2-2 UC Cee
CRÓNICAS
Orillamar SD – Xallas FC
Suspendido
Sporting Burgo 2-2 UC Cee
Goles : 0-1, Paula Veiga, (20´); 0-2, Lucía Martínez, (23´); 1-2, Tania, (38´); 2-2, Andrea, (61´).
CF Dumbría 5-1 Silva SD
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Empezabamos o partido con muito ritmo, xerando ocasións nada máis empezar e adiantandonos no marcador tras un bo balón filtrado de Kelly, para que Paula Fandiño asistira a Eva, nese momento e vendonos coa capacidad de non sufrir relaxámonos e concedemos espacios que as visitantes aprobeitarían para chegar a nosa área, subimos o ritmo e tras unha boa combinación por dentro deixaríamos soa a Sabela para facer o 2-0, coa tranquilidade que nos daba o marcador fomos capaces de circular e atopar os espacios xerando varias ocasións para aumentar a distancia, ata que noutra boa combinación quedaríalle un balón na frontal a Paula Fandiño que faría o 3-0, e pouco despois de gol olímpico o 4-0 co que iríamos o descanso.
A volta do descanso saímos un “pelín” desconectadas concedendo un corner onde as visitantes recortarían distancias con un gol olimpico, pronto sentenciaríamos por medio de Eva facendo o 5-1 que sería definitivo, a partir de aí o partido collería un ritmo de cruceiro axudado polo resultado, e sobretodo polo calor que facía no Conco, dispuxemos de máis ocasións para aumentar a distancia pero non andaríamos acertadas“.
Goles : 1-0, Eva Lema, (4´); 2-0, Sabela, (28´); 3-0, Paula Fandiño, (43´); 4-0, Paula Fandiño, (45´); 4-1, Iria, (47´); 5-1, Eva Lema, (49´).
-CLASIFICACIÓN-
1º SCD Pastoriza : 26 puntos
2º Orzán SD B : 23 puntos
3º UD Carral : 22 puntos
4º SD Tordoia : 22 puntos
5º Xallas FC : 20 puntos
6º UC Cee : 17 puntos
7º Sporting Burgo : 17 puntos
8º Brexo Lema SD : 16 puntos
9º CF Dumbría : 14 puntos
10º CD Lugo B : 12 puntos
11º UDJ Almeiras : 10 puntos
12º Orillamar SD : 7 puntos
13º PM Friol B : 6 puntos
14º Cultural Maniños : 5 puntos
15º Sporting Meicende : 4 puntos
16º Silva SD : 4 puntos
-PREVIA-
-11ª Xornada-
-24/11/2024-
CF Dumbía-Orillamar SD, 23/11 ás 16:15 horas
Silva SD-SD Tordoia, ás 18:00 horas
PM Friol B-UDJ Almeiras, ás 17:00 horas
Orzán SD B-CD Lugo B, ás 18:30 horas
Cultural Maniños-Sporting Meicende, ás 16:15 horas
Brexo Lema-SCD Pastoriza, ás 16:30 horas
UD Carral-Sporting Burgo, ás 18:45 horas
Xallas FC–UC Cee, ás 19:00 horas
AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres.
-Foto : FaceBook Veteranos Dumbría
-Texto : Xosé Búa “Pirata/adestradores