1ª GALICIA VETERANOS
10ª Xornada
Domingo 30/11/2025
CF Corme 2-2 CD Nantón
SD Sofán 2-1 SD Fisterra de Veteranos
Soandres CF 3-1 Cabana SD
Veteranos SCD Malpica 3-1 Deportivo Carballo
CF Mazaricos 5-4 Club Deportivo Leiloio
A Piña 4-1 Sporting Bértoa
CRÓNICA XERAL
A 10ª xornada da 1ª Galicia de Veteranos deixou unha auténtica choiva de goles: 33 en total, unha das xornadas máis produtivas do que vai de campaña. O gran beneficiado foi o Veteranos Malpica, que sumou tres puntos máis e mantén o liderato con firmeza.
O Corme, que comezou a liga intratable, encadea agora tres encontros sen gañar: dúas derrotas e o empate desta fin de semana. Algo non marcha ben no conxunto cormelán, que ve como A Piña e Cabana se lle botan enriba na clasificación.
A Piña continúa nun momento doce e o Sofán logrou un triunfo moi sufrido ante un Fisterra que chegou ao Carral con só dous xogadores para os trocos. O Soandres, pola súa banda, sorprendou ao Cabana cun final fulgurante, e en Mazaricos vivimos o encontro máis tolo da xornada, con nove goles nun duelo de ida e volta constante ante o Leiloio.
Parón esta fin de semana
Esta liga parará ata o 14 pola ponte da Inmaculad, non así a División de Honra que si ten competición.
CRÓNICAS
CF Corme 2-2 CD Nantón
Empate que deixa un sabor agridoce en O Cairo. O Nantón adiantouse e incluso volveu golpear tras o empate local, pero o Corme salvou un punto no último suspiro.
Goles : 0-1 Juan Sande, (70´); 1-1 Manuel Vidal, (72´); 1-2 Juan Sande, (75´); 2-2 Antonio Blanco, (90´).
SD Sofán 2-1 SD Fisterra Veteranos
O Sofán levouse o choque, pero o Fisterra ofreceu unha excelente imaxe pese a chegar con só dous suplentes. O gol da vitoria local chegou no minuto 89.
Goles : 1-0 Martín, (44´); 1-1 Manuel Caamaño, (65´); 2-1 José Campos, (89´).
Soandres CF 3-1 Cabana SD
O Cabana marcou cedo, pero o Soandres fixo un partido moi serio, igualou antes do descanso e decidiu nos minutos finais cunha gran recta final.
Goles : 0-1 Adan, (9´); 1-1 Francisco Moar, (30´); 2-1 Moha Lhaouri, (81´); 3-1 Yaipen, (87´).
Veteranos SCD Malpica 3-1 Deportivo Carballo
O líder non afrouxa. Dous tantos de Ricardo puxeron o encontro moi de cara. O Deportivo Carballo acurtou, pero o Malpica sentenciou pouco despois.
Goles : 1-0 Ricardo, (5´); 2-0 Ricardo, (24´); 2-1 Yonathan, (68´); 3-1 Roberto, (75´).
CF Mazaricos 5-4 CD Leiloio
Espectacular partido en Mazaricos. O Leiloio resistiu todas as embestidas e mesmo rozou o empate no desconto tras unha remontada case épica.
Goles : 1-0 José Alvite, (22´); 1-1 Marco Aurelio, (30´); 2-1 José Alvite, (33´); 3-1 Fran Rodríguez, (36´); 3-2 Marco Aurelio, (44´); 4-2 Aldo, (56´); 5-2 José Ferreiro, (58´ de penalti); 5-3 José Luis, (60´); 5-4 Añón, (92´)
A Piña 4-1 Sporting Bértoa
A Piña segue na súa mellor xeira da tempada e derrota con autoridade ao Bértoa para colocarse na pelexa directa polo liderato.
Goles : 1-0, Xabier, (5´); 2-0, Xabier, (51´); 3-0, Martín, (76´); 4-0, Xabier, (88´); 4-1, José Romero, (90´).
GOLEADORES
1º Diego Pérez, (Corme) : 19 goles en 10 partidos
2º Ricardo González, (Malpica) : 13 goles en 9 partidos
3º José Romero, (Bértoa) : 13 goles en 9 partidos
4º Jhonny Casal, (A Piña) : 8 goles en 8 partidos
5º Óscar Cancela, (Fisterra) : 8 goles en 9 partidos
CLASIFICACIÓN
1º Veteranos Malpica : 25
2º CF Corme : 22
3º A Piña : 22
4º Cabana SD : 22
5º CD Nantón : 18
6º CF Mazaricos : 16
7º SD Fisterra Veteranos : 10
8º CD Leiloio : 10
9º SD Sofán : 10
10º Soandres CF : 4
11º Deportivo Carballo : 4
1ª GALICIA VETERANOS
11ª Xornada
Domingo 14/12/2025




