CRÓNICAS E MÁIS : VICTORIA DO UC CEE E EMPATE DO ED AS MIÚDAS, ÚNICO BOTÍN DA 5ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL PARA OS EQUIPOS DA COSTA.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3

O Xallas FC plantoulle cara o lider CF Noia.

 

5º XORNADA 

Praiña Sporting Club 0-3 UC Cee

Encontro sen moitos atrancos para o UC Cee que xa deixaba encarrilado o seu choque ante o Sporting Club Praina no primeiro periodo con goles de Saray, )17´) e da muxiana Lucía Canosa, (20´), que suma o seu cuarto gol en 4 encontros. o gol que pechaba a goleada era obra de María Lijo no 79.

Amio SD 1-1 ED As Miúdas

Primeiro punto para as muradanas e as brionesas, no duelo de colistas e no que as de Muros souberon repoñerse a un gol en propia porta aos 24 minutos de xogo, obra de Noa. Pasada a media hora de xogo, Patricia facía o gol da igualada, (37´). Todo apuntaba a que o choque non se quedaría así, pero non se movería o marcador.

CF Noia 4-2 Xallas FC

Moi boa primeira metade das xalleiras ante o lider insuscutible, adiantábanse as de Santa Comba por medio de Xastia o cuarto de hora sw xogo, e ainda que as noiesas conseguían empatar pouco depois por medio de Julia, (20´), un novo gol de Xastia, (33´), dáballes de novo unha ventaxe no marcador, ca que se ía o descanso. Xa na segunda metade as líderes fixeron prevalecer o porqué da sua posición destacada na táboa e acababan goleando, con tantos de Adriana, (49´) e Noelia por partida dobre, (55´e 75´).

CD Unión 2-0 UD Cerqueda

Arrebátalle o CD Unión a segunda praza as cerquedenses que caen a cuarta praza, tras levarse o enfrontamento con dous goles no primeiro tempo, obra de Laura, (11´) e Marina, (42´).

 

CLASIFICACIÓN

 

6º XORNADA 

-28/11/2021-

UC Cee-CD Unión 

ED As Miúdas-Praiña Sporting Club

Xallas FC-Amio SD

SD Calo-CF Noia

Victoria FC “C”-SD Cacheiras

 Descansa : UD Cerqueda

-Foto : FaceBook Xallas FC

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies