CRÓNICAS E MÁIS DA 6ª XDA DA LIGA DA COSTA : “POR ARRIBA NINGUÉN FALLA E SIGUE MANDANDO O CAMARIÑAS”.

Ponteceso e Baio reeditaron un históricos da Liga da Costa.

 

O Camariñas O Outes, (4-0), e segue firme no máis alto da táboa, pero por atrás ninguén fallou, polo que sigue todo igual. destacar o segundo pnto do Corcubión e da maneira que foi, ante todo un Mazaricos, (4-4), nun choque no que chegaron a ir os de Lema gañando por 2-0, víronse remontados e conseguiron empatar. As crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

LIGA DA COSTA

-6ª Xornada-

-20/10/2024-

Cabana SD 0-3 Xallas FC

Corme CF 2-1 CD Muros

Camariñas FC 4-0 Outes FC

SD Coristanco 3-1 CF Lira

UD Corcubión 4-4 CF Mazaricos

CD Baio 2-0 Ponteceso SD

Soneira SD 4-1 CF Porteño

UD Monte Louro 3-0 UC Cee

 

-CRÓNICAS-

 

Cabana SD 0-3 Xallas FC

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte igualada e competida con reparto de ocasions e que desnivelou o Xallas cunha boa xogadane cun golazo nun tiro lateral cruzado. A segunda parte comezaba igualada pero a raíz que iban pasando os minutos íbamos chegando con mais claridade e generamos varias ocasions nos pes de Simón Migueliño e Ferreiro pero Couto estivo explendido evitando o gol, marcaron eles outros 2 bos goles de Doro deixandonos sin opcions no final do partido”. Xogaron : Manu, Noé, Samuel, (Leis), Ferreiro, Aarón, Fernando, Miki, (Cristian), Simón, (Gabri), Hugo, (Moreno), Migueliño, e Pablo, (Castro).

Bruño Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido no cal non houbo un dominador claro en canto a posesión me refiro no cal houbo ocasións claras para os 2 conxuntos. Iván Couto fixo varias paradas clave no partido. Puxemos o 0-1 nun minuto clave do partido, 45’ , obra de Macareno e logo na segunda parte o partido non cambiaría moito en torno a primeira. Igualado en ocasións pero unha xogada individual de Doro puxo o 0-2, e tamén o 0-3, logo dunha boa asistencia de Ruben Sande”.

Goles : 0-1, David Pereira, (45´); 0-2, Doro, (84´); 0-3, Doro, (88´)

 

Corme CF 2-1 CD Muros

Goles : 1-0, Lucas Rial, (22´); 1-1, Daniel, (63´); 2-1, Borja, (84´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

Camariñas FC 4-0 Outes FC

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido no que conseguimos unha vitoria máis complicado do que parece indicar polo marcador. Saimos moi ben, cun ritmo alto e bó xogo, así marcaríamos pronto e tereíamos claras ocasións para facer máis goles pero non acertamos. Nos minutos finais do primeiro tempo e nos iniciais do segundo, pasamos apuros sobre todo a balón parado, onde non estivemos ben. Todo cambiaría tras acadar o segundo gol, que nos deu tranquilidade, e a partires de aí dominar e ter máis ocasións para acabar finalmente con ese 4-0”.

Goles : 1-0, Mario, (7´); 2-0, Mario, (61´); 3-0, José Manuel, (67´); 4-0, Djibril, (78´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

SD Coristanco 3-1 CF Lira

Goles : 1-0, Sergio Regueira, (3´); 2-0, Rodrigo, (33´); 3-0, Hugo, (43´de penalti); 3-1, Óliver, (62´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

UD Corcubión 4-4 CF Mazaricos

Isidro Trillo, (Corpo técnico do UD Corcubión) : “Unha primeira parte mui boa do Corcubion tocando movendo maravillosamente o balón con un fútbol de muitos kilates con muitas ocasións de gol mui claras ata que no minuto 30 marcaba César Lojo, con unha arracada que deixaría a sua marca, materializando o primeiro na sua conta, e no 32 volvería marcar cun desmarque que quedaría só e no man a man e batiría o porteiro.  A partires de aí, nós fisicamente viñémonos abaixo e aprobeituo o Mazaricos, que apretaba máis, para marcar o 2-1 antes do descanso. Na segunda parte o Mazaricos mui superior poñeríanse por diante no marcador, remontando. Movía as suas pezas Ángel e cun esforzo enorme Luis Lojo no igualaría a contenda, e pouco despois Samu poñería o Corcubion por diante 4-3 Nos derradeiros minutos quedaria o Mazaricos cun home menos, e no 90 sería expulsado nos nosos Isaac, (para min inxustamente), e no 92 empataría o Mazaricos, nun partido tolo, pero dos que crean afición”. 

Goles : 1-0, César Lojo, (30´); 2-0, César Lojo, (31´); 2-1, Manuel Sueiro, (39´); 2-2, Bryan, (65´); 2-3, Sergio Lois, (79´); 3-3, Luis Lojo, (87´); 4-3, Samuel, (88´); 4-4, Bryan, (92´).

Incidencias : A colexiada Andrea Barbeira expulsou no desconto final con vermello direto o encargado do material do Corcubión, Manuel Trillo e o xogador Isaac Ramos. Tamén esxpulsou nese parcial o xogador do Mazaricos, Brais Canosa. 

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

CD Baio 2-0 SD Ponteceso

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Sexta xornada da liga da Costa. Baio e Ponteceso despois de arrancar con dúbidas e tras dúas victorias que os axudaban a subir na clasificación enfrentabanse onte no Platas Reinoso. Partido igualado cos dous equipos gardando a roupa e evitando erros. O Ponteceso levou o peso do xogo ante un equipo local que buscaba a sus oportunidade a contra.Nos primeiros minutos un penalti claro non sinalado polo árbitro poido darlle ventaxa o Ponteceso. Mara tamén poido ponher o 0-1 no marcador pero Toja fixo unha parada excepcional.A carón do descanso adiantáronse os locais por medio de Víctor despois doutra xogada con polémica…empezou con unha falta Juanjo e rematou con un gol en fóra de xogo co mesmo xogador admitiu.O árbitro defendiuse decindo que pita os “fora de xogo” por intuición.

Na segunda parte o Ponteceso tratou de lograr o empate pero apenas si chegou en contadas ocasións sacándolle outra parada de mérito a Toja.Xa case no desconto e ca defensa do Ponteceso mais desguarnecida chegou o 2-0 definitivo con un remate dende fóra da área de José Ángel.Os tres puntos quedaron en Baio e os da Ponte tenhen que apretar no próximo encontro para non despegarse dos postos do medio da clasificación”.

Goles : 1-0, Víctor, (43´); 2-0, José Ángel, (desconto final).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

Soneira SD 4-1 CF Porteño

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Xogamos mal os primeiros 15 minutos pero despois millaramos e empatamos, pudemos marcar o un dous xusto antes do descanso tras unha boa xogada pero non acertamos. No segundo tempo empezamos millor pero non fisemos daño e nunha falta lateral meteron o dous un, fomos arriba pero nunha contra penalti e expulsion e acabouse o partido”.

Goles : 1-0, Bieito, (4´); 1-1, Brais, (26´); 2-1, David, (72´); 3-1, Alberto “Vía”, (78´de penalti); 4-1, David López, (86´). 

Incidencias : O colexiado David Recarei. expulsou con dobre cartón a  José “Pejo” do Porteño, (65´e 77´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

UD Monte Louro 3-0 UC Cee

Goles : 1-0, Alejandro, (5´); 2-0, Iker Lado, (44´); 3-0, Miguel Verán, (85´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

-CLASIFICACIÓN-

-5ª Xornada-

 Camariñas CF : 16 puntos

 SD Soneira : 13 puntos

 UD Monte Louro : 12 puntos

 Corme CF : 12 puntos

 Xallas FC : 11 puntos

 SD Coristanco : 10 puntos

 CD Baio : 10 puntos

 CF Lira : 8 puntos

 CF Mazaricos : 8 puntos

10º Ponteceso SD : 7 puntos

11º CF Porteño : 6 puntos

12º CD Muros : 5 puntos

13º Cabana SD : 4 puntos

14º UC Cee : 4 puntos

15º Outes FC : 3 puntos

16º UD Corcubión : 2 puntos

 

-PREVIA-

-7ª Xornada-

-27/10/2024-

Cabana SD-Corme CF

CD Muros-Camariñas FC

Outes FC-SD Coristanco

CF Lira-UD Corcubión

CF Mazaricos-CD Baio

Ponteceso SD-Soneira SD

CF Porteño-UD Monte Louro

Xallas-UC Cee

 

P.D. : Por mor dunha operación nun ollo e ata que todo quede ben non podo estar moito tempo fronte o ordenador, este é o motivo de non traer as crónicas coma normalmente. Tiramos de actas e dalgún comentario que nos chega. De todos modos o adestrador que queira mandarnos o seu comentario, (como xa fan algúns), será leido e resumido dentro do posible.

 

-Foto : jULIO vILA

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies