CRÓNICAS E MÁIS DA 5ª XDA DA 3ª DA COSTA : “VOLANTES E MALPICA SIGUEN CO PULSO DOS PLENOS”.

O Sporting Zas levouse un choque moi entretido ante o Camelle.

Volantes e Malpica volven a sumar de 3 e xunto co Sofán B siguen invictos con 5 xornadas gastadas. Cerqueda e Sporting Zas aguantan o tirón gracias as suas vitorias e por abaixo o Sporting Seaia sigue sen puntuar.

 

3ª DA COSTA

-5ª Xornada-

-13/10/2024-

SD Camelle 1-3 Sporting Zas

CD Baiñas 1-2 Atlético Pereiriña FC

UD Cerqueda 2-0 Sporting Seaia CF

SD Sofán B 3-2 SD Oza

SCD Malpica 2-0 CD Nantón

Inter de Brens 1-3 SCD Buño

CF Muxía B 1-7 Volantes de Baño FC

Descansou : SD Laxe

 

 

-CRÓNICAS-

 

CD Baiñas 1-2 Atlético Pereiriña FC

Encontro que se decideu na segunda metade na que se adiantaban os da parroquia ceense por medio de Brais lagoa no 55 e empataba para os baiñeses Manuel Arias 5 minutos despois. Augusto no 80 facía o segundo dos da Feiranova. Buscou o empate o equipo baiñés pero non chegaría. Desexarlle que só se quedase nun susto o porteiro do Atlético Pereiriña que tivo que sair nos derradeiros minutos do choque o toparse indisposto tras un choque cun dos atacantes do Baiña.

 

UD Cerqueda 2-0 Sporting Seaia CF

Levouse o derbi malpicán o equipo cerquedense que soubo adiantarse no primeiro tempo cun tanto de Pedro Gundín, (11´), controlar o rival para na segunda metade asestar outro golpe para sentenzar a contenda. O propio Pedro facía ó 2-0, (65´).

 

SD Sofán B 3-2 SD Oza

Derbi máis doutros tempos que dagora. Na primeira metade tras numerosas discusións e conatos acababan sendo expulsados no Oza, Diego Casais, 816´), e Javier Vilariño, 845´), ambos sen estar xogando, senón que de suplentes. Os sofanistas erraban unha pena máxima pero ainda se poñían 3-0, con goles de Dani Calvete, (45+2´), Saydou, (45´) e Isma Ramos, (58´). Acurtaba para os ocenses Abib no 73, e xusto cando se comezaba o desconto foinal, Alejandro poñía salsa ata o pitido final.

 

 SCD Malpica 2-0 CD Nantón

 Adrián Varela, (CD Nantón) : “Pouca historia polo nosa parte, o Malpica impuxo un ritmo alto de xogo que non fomos capaces de igualar e tampouco nos deixaron estar nada comodos durante os 90 minutos. Partido dominado de principio a fin polo Malpica no que o resultado ainda se quedou corto tendo en conta o claro dominio deles. Os goles chegaron antes do descanso e na metade da segunda parte, ambos de corner. Felicitar o Malpica porque foi superior a nosa en todas as fases do partido”. 

 

O Camelle-Zas tivo moito ritmo e puido caer para calquera.

 

SD Camelle 1-3 Sporting Zas

Sergio Crejo, (Adestrador SD Camelle) : “Saiu coma un vendaval o Zas, con innumerables ocasións que eran desbaratadas polos defensas, pero sobre todo con grandes paradas do noso porteiro, pero seríamos nós quen nos poñeríamos por diante, nun balón en longo sobre Lucas que no man a man define cunha bonita vaselina. Igualaríase un pouco a partires de aí o xogo, e noutra xogada parecida a do gol, pero un pouco mais escorado, Lucas plántase diante do porteiro noutro man a man, no que desta vez Guille adivínalle e páralle a vaselina, e xa no desconto empatarían nun rexeite dun corner.

Sairían outra vez os do Zas coma un vendaval, case sin darnos opción de realizar algunha xogada, xogaríamos balóns en longo pero non éramos capaces de trenzar ningún centro. Adiantaríanse eles mediante un penalti, (moi claro), pero houbo previamente unha man moi clara dun xogador do Zas, que o árbitro interpreta que non lle da. Tentamos ir a polo empate, con todo arriba, e case o conseguimos tras un tiro de Lucas dende case 30 metros, que bate no pao. Marcaría o terceiro o Zas xa no desconto”.

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido moi disputado en Camelle, ao que chegabamos con varias baixas importantes. Foi un encontro de moito xogo nas áreas, con pouca acción no mediocampo. Nos primeiros minutos, o Zas tivo máis presenza na portería rival, destacando dúas ocasións claras de Juan e Raúl que non logramos materializar. Co paso do tempo, o Camelle axustou o seu xogo, recuperando rápido o balón e buscando constantemente a Lucas e Sandro, que creaban perigo ás costas da nosa defensa.

Nunha desas xogadas, Lucas abriu o marcador tras un man a man con Guille e estivo a punto de aumentar a vantaxe nunha segunda ocasión que Guille conseguiu deter. Xa preto do descanso, nun balón parado e tras un revolto na área, Redondo foi o máis rápido nos rexeites e conseguiu o empate, co que nos fomos ao vestiario.

Na segunda metade, o Zas deu un paso adiante en busca do segundo gol, que chegou tras un penalti cometido sobre Raúl, quen se encargou de transformalo e poñer o 1-2 no marcador. Despois dese gol, o Zas pechou filas defensivamente, pero Lucas estivo a piques de empatar cun tiro lonxano que golpeou no pau.

Inter de Brens 1-3 SCD Buño

Bo encontro do Buño que se puxo 0-3 con goles de Javi Facal, (24´); 0-2, Fran Santiago, (43´), e Brais, (51´). A partires foi controlar os tempos e que os de Brens non se puxeran no encontro. O gol dos do Inter chegou xa no desconto final por medio de Brais Canosa.

 

CF Muxía B 1-7 Volantes de Baño FC

En 20 minutos deixou o equipo muradán o choque resolto con un claro 0-3 con goles de Borja, (3´), e Manuel, (14´e 20´). Decir que os de Baño chegaban a Muxía con 12 xogadores. Nada máis comezar a segunda metade Antonio poñía aos muxiáns no encontro, (48´), pero non tardaba en poñer as cousas máis claras para os de Baño, Raúl Lestón, (53) e Borja, (61´). Os rapaces do Muxía baixaron os brazos e Raúl Lestón con dous novos goles deixaba o conto resolto de maniera total, (71´e 81´).

AVISO : Todo aquel adestrador que queira mandarnos o seu comentario pode facelo, só pedimos que por motivos de saúde me cheguen redactados.

 

-CLASIFICACIÓN-

 Volantes de Buño FC : 15 puntos

 SCD Malpica : 15 puntos

  SD Sofán B : 13 puntos

4º UD Cerqueda : 10 puntos

 Sporting Zas : 10 puntos

 SCD Buño : 7 puntos

 Inter de Brens : 7 puntos

8º Atlético Pereiriña FC : 6 puntos

 SD Camelle : 5 puntos

10º CD Baiñas : 4 puntos

11º CD Nantón : 3 puntos

12º CF Muxía B : 3 puntos

13º SD Oza : 1 puntos

14º SD Laxe : 1 puntos

15º Sporting Seaia CF : 0 puntos

 

P.D. : Nantón, Oza, Sporting Seaia, Buño,e Laxe, teñen un encontro menos disputado.

 

 

 

-PREVIA-

-6ª Xornada-

-20/10/2024-

Sporting Zas-CF Muxía B

Atlético Pereiriña FC-SD Camelle

Sporting Seaia CF-CD Baiñas

SD Oza-UD Cerqueda

CD Nantón-SD Sofán B

SCD Buño-SCD Malpica 

SD Laxe-Inter de Brens

Descansa : Volantes de Baño FC

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª Galega Feminina.

 

P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores, (podedes mandarnolos igual), ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies