O Dumbría empataba no derbi ante o Cee.
Un punto para cada un dos tres representantes da coosta, xa que o Xallas empataba a uns, (1-1), na sua visita ao Orzán B, namentras que Dumbría e Cee empataban co mesmo resultado de empate a uns no derbi xogado no Municipal do Conco. Tralos empates de Cee e Xallas o Pastoriza colle en solitario o liderato sendo o único equipo que suma 4 vitorias de 4 encontros disputados.
2ª GALEGA FEMININA G1
-4ª Xornada-
-06/10/2024-
Orzán SD B 1-1 Xallas FC
PM Friol B 3-2 Cultural Maniños
Silva SD 1-5 Brexo Lema
Orillamar SD 0-2 UD Carral
CF Dumbía 1-1 UC Cee, ás 10:30 horas
SD Tordoia 2-1 Sporting Burgo
UDJ Almeiras 0-4 SCD Pastoriza
CD Lugo B 7-0 Sporting Meicende
-CRÓNICAS-
Orzán SD 1-1 Xallas FC
Punto para as xalleiras traballado e sufrido nun choque no que se adiantaban as herculinas aos 24 minutos de xogo cun tanto de Alexia. Resultado co que se chegaba o descanso. Na segunda metade non se viñeron abaixo contra un equipo chamado a loitar por todo e ademáis nun segundo periodo no que a intensidade subeu de tono. No 56 a local, Ánxela, vía o vermello direto o que fixo que as xalleiras se fosen con maior forza a polo empate e conseguíano xuso no comezo do desconto final por medio de Noe.
CF Dumbría 1-1 UC Cee
Disputado derbi o xogado no Conco ao que as ceenses chegaban con pleno de vitorias e no máis alto da táboa e pronto se poñían por diante cun tanto de Lucía Ramos, 817´), resultado co que se chegaba o descanso. Non foi ata antes da hora de xogo cando Kelly empataba para as dumbriesas. Pouco despois, no 64, as ceenses quedaban cunha xogadora menos o ver un dobre cartón consecutivo, Paula Veiga, o que lle deu certa ventaxe as dumbriesas.
-CLASIFICACIÓN-
1º SCD Pastoriza : 12 puntos
2º UC Cee : 10 puntos
3º UD Carral : 10 puntos
4º Xallas FC : 10 puntos
5º Brexo Lema SD : 9 puntos
6º Sporting Burgo : 9 puntos
7º Orzán SD B : 8 puntos
8º D Tordoia : 7 puntos
9º CD Lugo B : 5 puntos
10º CF Dumbría : 4 puntos
11º PM Friol B : 3 puntos
12º Sporting Meicende : 3 puntos
13º UDJ Almeiras : 1 puntos
14º Orillamar SD : 0 puntos
15º Cultural Maniños : 0 puntos
16º Silva SD : 0 puntos
-PREVIA-
-5ª Xornada-
-13/10/2024-
Orzán SD B-PM Friol B
Cultural Maniños-Silva SD
Brexo Lema-Orillamar SD
UD Carral-CF Dumbía, ás 16:30 horas
UC Cee-SD Tordoia, ás 12:00 horas
Sporting Burgo-UDJ Almeiras
SCD Pastoriza-CD Lugo B
Xallas FC–Sporting Meicende, ás 16:00 horas
AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe na web da RFGF.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª Galega Feminina.
P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”
