O Outes sigue sen puntuar pero estivo preto.
Xornada tremendamente goleadora e na que si houbo 4 encontros con goleadas, como pasou no Céltiga-Féminas, Portus Apóstolis, (2-6), Boiro B-Rois, (0-4), ou no Catorira-Bastavales, (8-0), (neste último o encontro foi suspendido con ese resultado, acadado polas catorisenses na primeira metade), o resto de choques foron tremendamente igualados e con resultados trepidantes. Vitoria dos noso equipos por parte do Miúdas, (no derbi co Outes, 3-2) e da Esteirana a domicilio en Cambados, (3-4). Foron 4 os equipos que sumaron duas de duas, (Céltiga, Rois, esteirana e Chispa).
Por unha operación o noso colaborador e adestrador do Esteirana, Fran Figueroa non puido estar co seu equipo e foi sutituido polos compañeiros, Miguel, (diretivo), e as compañeiras de banco, Manola e Uxía.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario ou fotos, coma sempre no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G4
-2ª Xornada-
-13/10/2024-
CD Mosteiro 3-4 SD Chispa
Catoira SD 0-8 Bastavales UD, (Suspendido)
Céltiga FCF 9-0 Milladoiro SD
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 2-6 CCD Taragoña
Juventud Cambados 3-4 SCDR Esteirana
ED As Miúdas 3-2 Outes FC-
EFMC Boiro B 0-4 CD Rois
-CRÓNICAS-
Juventud Cambados 3-4 SCDR Esteirana
Miguel, (Diretivo do SCDR Esteirana) : “Primeiro partido fóra do Xosé Luís Vara, sen a presencia do míster por baixa médica, no que se viu ao equipo deixando espazos libres no medio do campo que souberon aproveitar moi ben en menos de 5 minutos ás Cambadesas con goles de Aldara e Inés no 31’ e no 36’. Logo dunha recuperación alta da capitana Esteirana, Bárbara María recortou distancias no marcador (43’), que finalizou cunha xogada individual. A vantaxe pola mínima durou pouco, xa que un minuto máis tarde (44’), logo dun balón que se freou en seco polo estado do campo, rematou de novo Aldara un pase desde a banda dereita que finalizou na rede visitante, convertido así o que ía ser o resultado ao descanso, 3-1.
Logo do descanso, con cambio na portería visitante, seguía o dominio do Xuventude Cambados. A Esteirana cun par de cambios de posición de algunha xogadora, puido equilibrar mellor o partido. Un balón en longo, que controla a dianteira Rut, regateando á defensa rival, fai que volva a recortar distancias no marcador. 3-2 minuto 63. As visitantes crían na remontada. Unha falta tirada pola especialista Lara, termina empuxándoa coa testa Bárbara María, logo do rechace da porteira (74’).
Co empate no marcador, víronse os mellores momentos da Esteirana. Un balón ás costas da defensa local, fixo que Rut no min 85, cunha vaselina de fóra da área, elevando o balón por encima da porteira, marcase o gol da vitoria. Tan só quedaban 5 min máis 3 de desconto, nos que fortaleceron á defensa e souberon aguantar ben o resultado. Tres puntos que se van para Esteiro, logo dun partido duro, e xa pensando na seguinte rival, o Outes no Xosé Luís Vara o Domingo 20 ás 12:00 horas”.
11 inicial: Maruxa; Gina, Terre, Sara, Marta; Lara, Nerea; Dara, Leti, Bárbara María; Rut. Cambios: Lidia, (Gina), min 25, Naira, (Maruxa), min 46, Cris, (Dara) min 83.
O Outes FC Feminino no “Eleuterio Balayo”.
ED As Miúdas 3-2 Outes FC
Dani Salgueiros, (Adestrador do Outes FC) : “Partido moi moi disputado sobre todo no medio campo, donde na primeira metade non supemos interpretar todo o ben o partido e supuxonos chegar o descanso con 2-0 de desventaxa. Pero a volta cambiou moito o partido, e presionamos moito mais alto e mellor ata empatar o partido. Tan solo un despiste nunha falta nos saleu caro. Bo partido contra un equipo dificil”.
Goles : 1-0, Marta, (10´); 2-0, Sofía, (13´); 2-1, Laura, (51´); 2-2, Alicia, (73´); 3-0, Laura Sieira, (83´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Céltiga FC : 6 puntos
2º CD Rois : 6 puntos
3º SCDR Esteirana : 6 puntos
4º SD Chispa : 6 puntos
5º Bastavales UD : 3 puntos
6º CCD Taragoña : 3 puntos
7º Juventud Cambados : 3 puntos
8º ED As Miúdas : 3 puntos
9º Milladorio SD : 3 puntos
10º Outes FC : 0 puntos
11º CD Mosteiro : 0 puntos
12º Catoria SD : 0 puntos
13º EFMC Boiro B : 0 puntos
14º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 0 puntos
-PREVIA-
-3ª Xornada-
-20/10/2024-
CD Mosteiro-Catoira SD, 15/12 ás 19:00 horas
Bastavales UD-Céltiga FCF, ás 19:00 horas
Milladoiro SD-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 19:00 horas
CCD Taragoña-Juventud Cambados, ás 12:30 horas
SCDR Esteirana-Outes FC, ás 12:00 horas
ED As Miúdas-EFMC Boiro B, ás 17:00 horas
SD Chispa–CD Rois, ás 12:00 horas
AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe na web da RFGF.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª Galega Feminina.
P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”