CRÓNICAS : DUMBRÍA NA COPA DA COSTA MASCULINA E CEE NA FEMININA PASAN A SEMIFINAIS TRAS VENCER NOS ENCONTROS SABATINOS.

 

 

 

 

-CHOQUES DE CUARTOS DE FINAL-

 

UC Cee 0-4 CF Dumbría

Día : Sábado 03/06/2023

Hora : 18:00 horas

Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)

Non houbo sorpresa e o Dumbría, un dos favoritos a final desfacíase do equipo ceense sen apuros xa que aos 5 minutos de xogo Xabi facía o primeiro da tarde e 8 minutos despois Raúl poñía terra de por medio. Con este resultado chegábase o descanso. Xa na segunda metade tocaba levarse o encontro a durmilo por parte dos dumbrieses e tratar de asestar o golpe definitivo que chegou no 70 cun gol de novo de Xabi. Diego Estévez non podía pasar sen ir a cita co gol, como acostuma, e marcaba o do definitivo 0-4. Os dumbrieses espararán rival do enfrontamento Corcubión-Baio para as semifinais, que xa serán a dobre encontro.

Goles : 0-1, Xabi, (5´); 0-2, Raúl, (13´); 0-3, Xabi, (79´); 0-4, Diego Estévez, (86´).

Ábitro : Pablo Rama Cotelo, con Miguel Blanco e Daniel Chouciño nas bandas. Non amosou ningún cartón

 

Ponteceso SD-SD Sofán

Día : Domingo 04/06/2023

Hora : 12:00 horas

Campo : O Pinguel, (Ponteceso)

Ábitro : Óscar Santos Rodríguez

 

UD Corcubión-CD Baio

Día : Domingo 04/06/2023

Hora : 18:30 horas

Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)

Ábitro : Manuel Castro Mouzo

 

Muxía CF-Xallas FC

Día : Martes 06/06/2023

Hora : 21:00 horas

Campo : O Conco, (Dumbría)

Ábitro : Sen asinar

 

 

Xogouse este sábado, tal como vos apuntamos na previa, un dos 4 encontros dos Cuartos de Final da Copa da Costa Feminina, da que haberá outros dous encontros o vindeiro martes e o derradeiro o xoves. As ceenses fixeron valer a sua condiciónd e favoritas ante as cerquedenses do encontro sabatino desta competición.

 

PREVIA COPA DA COSTA FEMININA

 

UC Cee 2022/23.

 

UC Cee 3-0 UC Cerqueda

Día : Sábado 03 Xuño 2023

Hora : 20:15

Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee) Tampouco houbo sorpresa no encontro xogado este sábado da Copa da Costa Feminina, e o Cee, que en liga xogou en diferente grupo co Cerqueda, estivo na loita polo ascenso a 1º División Galega. As rapazas ceenses deixaron finiquitado o encontro antes da media hora de xogo con goles de María Lijó e Nerea, esta última por partida dobre.

Goles : 1-0, María Lijó, (7´); 2-0, Nerea, (10´); 3-0, Nerea, (26´);

Árbitro : Manuel Castro Mouzo, con Roberto Baña e Rubén Baña nas bandas. Non amosou ningún cartón.

 

AD Nicrariense-CF Dumbría

Día : Martes 6 de Xuño 2023

Hora : 20:30

Campo : O Cepelo, (Negreira)

Árbitro : Sen asinar

 

UD Corcubión-Bergantiños FC

Día : Martes 6 de Xuño 2023

Hora : 20:30

Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)

Árbitro : Por asinar

 

Xallas FC-ED As Miúdas

Día : Xoves 8 de Xuño 2023

Hora : 20:30

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Árbitro : Por asinar

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”