CRÓNICAS : “DUAS VITORIAS VISITANTES E DOUS EMPATES NOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA”.

 

SD Camelle 1-1 Atlético Pereiriña FC

Nunha tarde máis de sofá e manta que de xogar o fútbol, enfrontáronse no Rodeiro, campo moi complicado con chuvia, camelláns e ceenses, e todo o que tiveron que loitar co terreo de xogo, cas inclemencias meteorolóxicas, e con eles mesmos, decideuse nun minuto, o que vai do 50 ao 51, pois Adrián Pasántes adiantaba aos de Camelle no 50, para ledicia dos fieis siareiros camelláns, aos que pouco lles duaraba a ledicia, pois un minuto despois, e despois de sacar de centro, empataban por medio de Brais Lagoa os de Pereiriña.

CF Castrelo 0-0 CD Baiñas

Duro encontro o que se viveu no Municipal de Vimianzo, anegado pola auga caida duarante todo o día, e no que os veciños de Castrelo sumaban un gustoso punto, moi traballado, e os de Baiñas, que chegaban como claros favoritos, freaban e por enriba perdían a doous xogadores, que foron expulsados no desconto final, Héctor e Brais.

SD Ameixenda 1-5 Sporting Zas

Prácido encontro para o Sporting zas, ao que non lle afectou a climatoloxía adversa, e que xa deixou o choque resolto na primeira metade, cun craro 0-3, con goles de Ánxo, (4´), Álvaro, (24´) e Adrián, (42´). A volta de vestiarios, Darío, xa deixaba todo resolto, (57´). De penalti Crístian Caamaño, poñía o gol da honra dos da parroquia ceense, e no 80, Iván Caamaño facía o definitivo 1-5.

Sporting Seaia CF 0-5 Xallas FC “B”

Soubo nadar mellor no Pedra Queimada o equipo xalleiro, que se ía o descanso con 0-2, con goles de Kevin, (25´), e Steven, (44´). A hora de xogo Adrián Forján, facía o terceiro, e completaban a “manciña”, Kevin, (71´) e Alejandro, (85´).

-Axenda de todo o Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

-Tódolos resultados do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ

-Fotoe Texto : piratasdemuxia