CRÓNICAS DOS XUVENÍS DA COSTA, (6ª Xda) : “SONEIRA E OUTES GOLEAN E SORPRENDENTE DERROTA DO SPORTING SEAIA”.

O Sporting Seaia CF levaba só 2 goles en contra.

 

Da zona alta da clasificación tan só fallou o Sporting Seaia, que chegaba a esta xornada como segundo a 1 punto do lider SD Soneira, que non fallaba e facíalle un contundente 0-9 ao FC Camariñas. Tampouco fallaba o Outes CF que goleaba a domicilio ao SD Sofán, (1-5), e subía a 2ª praza.  Os seaieses caían ante o Corme CF por 6-0. Xogaban cun home menos por expulsión de Crístian, que vía unha cartuliña no minuto 24 e a segunda no 36, cando o resultado era de 3-0 para os cormeláns e tralo terceiro gol. O máis sorprendente dista derrota é que os seaieses só levaban 2 goles en contra en 5 encontros e encaixaron 6.

 

CRÓNICAS

 

Corme CF 6-0 Sporting Seaia CF

Noel e Javi Bermúdez poñían un sorprendente 2-0 con tan só 6 minutos disputados. Pasada a media hora de xogo Hugo facía o terceiro e os de Seaia quedaban cun menos por expulsión con dobre cartón amarelo de Crístian. Non era ata o minuto 53 cando Javi Bermúdez facía o cuarto que xa mataba o encontro. A baixada de brazos dos malpicán supoñería un par de goles máis para os cormeláns por medio de Ángel e Hugo.

Goles : 1-0, Noel, (1´); 2-0, Javi Bermúdez, (6´); 3-0, Hugo, (36´); 4-0, Javi Bermúdez, (53´); 5-0, Ángel, (68´); 6-0, Hugo, (72´).

 

FC Camariñas 0-9 SD Soneira

Paseo triunfal do lider SD Soneira que se ía ao descanso co encontro resolto con 0-3 no marcador, con goles de Brais, Fran-chute e Santi. Damián, Brais,( que facía un “Hat-trick”), Jorge, Sergio e Dylan completaban a goleada ante un Camariñas que iguala co SD Coristanco en equipos máis goleados con 45 tantos en contra.

 

SD Sofán 1-5 Outes CF

Moi boa primeira metade dos da Serra na que xa deixaron o choque solventado cun craro 0-4, con goles de Iván, Robi Solís, (2) e Lires del Río. Na segunda metade os outeses controlaban o encontro e ían deixando pasar os minutos. Kevin Lario facía o quinto no minuto 71 e un minuto despois o sofanista Jonatan poñía o da honra para os seus.

Goles : 0-1, Iván, (16´); 0-2, Robi Solis, (29´); 0-3, Lires del Río, (33´); 0-4, Robi Solís, (44´); 0-5, Kevin Lariño, (70´); 1-5, Jonatan, (71´).

 

Cabana 5-2 SCDR Esteirana

Saeu moi ben o Cabana ao tereo de xogo e dispuxo de varias ocasións, a máis crara un balón a madeira de Castro, ata que Raúl, facía xustiza poñendo por diante o seu equipo. Tralo arreón inicial dos cabaneses o equipo esteirán respostaba co empate por medio de Álvaro e remontando antes do descanso cun penalti transformado por Manuel. Xa na segunda metade volveu a sair entonado o equipo cabanés e remontaba con goles de Raúl e Rubén. Quedou tocado o equipo visitante e Crístian poñía terra de por medio, para que Raúl completase un “Hat-trick” para o definitivo 5-2.

Goles : 1-0, Raúl, (10´); 1-1, Álvaro, (19´); 1-2, Manuel, (41´de penalti); 2-2, Raúl, (52´); 3-2, Rubén, (63´); 4-2, Crístian, (72´); 5-2, Raúl, (80´).

 

ED Os Miúdos 4-3 Xallas FC

Encontro moi disputado ata o ptido final e con alternancia no marcador e ainda que se adiantaban os xalleiros por duas veces no marcador, conseguían os muradáns darlle a volta o marcador e levarse os 3 puntos en liza. O primeiro en pegar era o equipo xalleiro que marcaba por medio de Fabián pasado o cuarto de hora de xogo. Pouco lles duraba a ledicia pois un penalti transformado por Ismael supoñía o empate, que non se desfaría ata a segunda metade na que se volvía a poñer por diante os de Santa Comba cun tanto de Rubén. Fóronse arriba con todo os muradáns e conseguía pronto darlle volta o encontro con dous goles seguidos de Alonso e Jesús. Non lle tremeron as pernas a Ismael que tranformaba o seu segundo penalti da tarde. Parecía resolto o encontro pero un gol de Víctor dáballe emoción ata o final. Acabaría sendo expulsado o xalleiro Brais con dobre cartón no minuto 94.

 

UC Cee 8-0 SD Coristanco

Chegou o SD Coristanco a Cee con 12 xogadores e pouco lles faltou para levarse para a “Terra da pataca” un gol para cada un. Iker Trillo cun “Hat Trick” e con sendos dobretes de Iago Muiño e de Martín, e un gol de Adrián foron os que se viron no San Paio de Refoxos. Encontro plácido para os ceenses que acabou na primeira metade co resultado de 2-0, ambos do muxián Iago Muiño.

Goles : 1-0 Iago Muiño, (8´); 2-0, Iago Muiño, (45+1); 3-0, Iker Trillo, (77´); 4-0, Iker Trillo, (61´); 5-0, Iker Trillo, (62´); 6-0, Martín, (70´); 7-0, Martín, (73´); 8-0, Martín, (78´).

 

SDC Malpica 2-3 SD Ponteceso 

Deixou escapar o equipo malpicán a vitoria no desconto, que foi cando o equipo pontecesán que perdía por 2-1 remontaba con goles de Carlos e David. Acababa a primeira metade con vitoria pola mínima dos de Malpica, cun tanto de Agustín, que non conseguía neutralizar o equipo pontecesáns ata o derradeiro treito do encontro. Agustín facía o 2-1 no minuto 81 e parecía que o trunfo ía quedar na “Vila da vida”, pero a reacción pontecesana no deconto foi clave para que todo dera un xiro inesperado e irse os 3 puntos a “Terra de Pondal”.

 

CLASIFICACIÓN

 

7ª XORNADA

Miúdos-Malpica

Ponteceso-Cee

Coristanco-Camariñas

Soneira-Sofán

Zas-Corme

Seaia-Cabana

Xallas-esteirana

Descansa : Outes

 

-Foto da portada : Sporting Seaia CF

-Texto : piratasdemuxia

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies