O Sp Zas-EF Juan Cabrejo decideuse nos penaltis.
Aquí tedes as crónicas dos Oitavos de Final da “V Copa da Costa Feminina”, que se xogou antre o xoves, venres e Domingo. Os dous primeiros encontros xa vos trouxemos as crónicas tralos encontro, o Xallas caía ante o Cee e o Fisterra ante o Corcubíón.
Aquí vos traemos a visión dos adestradores que colaboran connosco, dos encontro dominicais, e se falta algún iremos completando cando nos cheguen.
Darlle as gracias aos que queren colaborar e axudar a dar visibilidade o noso fútbol feminino.
“V COPA DA COSTA FEMININA”
-Oitavos de final-
(20/04/2025)
-CRÓNICAS-
CF Mazaricos 1-3 CF Dumbría
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Desprazámonos A Picota, onde o Mazaricos nos recibía plantexando un partido moi duro e moi físico, sendo moito mellores que nos na primeira metade, estando nós moi dispersas e con pouca intensidade. Adiantaríanse elas tras un gran golpeo de Graciela desde o borde da área tras unha moi boa presión, ese gol fíxonos despertar un pouco e apretar nos derradeiros minutos para igualar o partido antes do descanso.
Xa na segunda parte cambiaría o encontro por completo, igualamos en intensidade e supémonos facer co balón, empezábamos a sentirnos cómodas e coa sensación de saber que chegaría o segundo. Non foi doado, o Mazaricos aguantaba defensivamente ata que tras unha boa combinación gañabamos lña de fondo e un pase da morte deixaba soa a Claudia que poñería o 1-2. Pouco despois chegaría o segundo de Eva e o terceiro para o equipo tras un corner posto por Kelly e un remate da goleadora os que no ten acostumados.
Desde o terceiro o Mazaricos rompiuse volcadas a intentar recortar distancias, soubemos defendernos e xerar máis ocasións sin ser capacer de materializalas.
Unha das mellores novas foi a volta de Adriana despois de un ano parada por culpa do ligamento cruzado”.
Goles : 1-0, Graciela, (38´); 1-1, Eva Lema, (42´); 1-2, Claudia, (54´); 1-3, Eva Lema, (68´).
ED As Miúdas 3-0 UD Cerqueda
Miguel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “O partido ten pouco que contar, nós competimos moi ben pero como estamos moi limitadas con baixas e con xogadoras que non están ao cento por cento, pero ainda así plantamos cara en todos os partidos e onte as Miúdas foron algo superiores, non tanto como di o marcador pero xa as felicitamos e desexámoslle sorte na seguinte eliminatoria e nós a seguir traballando e loitando coma sempre“.
Goles : 1-0, Marta, (18´); 2-0, Pati, (32´de penalti); 3-0, María González, (40´).
Derbi con incertidume ata o final.
Cabana D 0-1 Ponteceso SD
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido típico de copa con moita entrega por parte dos dous equipos. O Cabana foi o primeiro en rondar a meta de María que vía como un remate de Adriana se iba o longueiro e o posterior rexeite remata vaise fora.Tomou boa nota o Ponteceso e rondou a meta de Míriam con boas ocasións que paraba a cancerbeira cabanesa.
Xa no segundo tempo o Ponteceso saiu máis enchufado e topou cos paus ata en duas ocasións. Sería Andrea quen poñería o 0-1 a saida dun córner tras un erro das cabanesas. As locais tentaron buscar o empate e terían a ocasión mais clara nos pes de Laura que mandou fora un lanzamento de penalti. Seguiu peleando o Cabana pero o bo facer do Ponteceso non lle dou moitas opcións“.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Primeiro partido de Copa deste ano que se xogaba nas Redondas, un campo complicado no que había que saír enchufadas xa dende o primeiro minuto para non sufrir demasiado.
Así foi, as de Curro dominaron, fixéronse co balón tendo múltiples ocasións durante o primeiro tempo por medio de Claudia, Eva Lago e Andrea pero ningunha tivo a fortuna de entrar xa fose pola definición ou pola boa defensa das de Cabana. Neste primeiro tempo as locais tamén terían varias ocasións de perigo que solventaría moi ben María.
No segundo tempo a dinámica volveu ser a mesma, dous equipos loitando por pasar nunha das competicións máis especiais para a xente de Costa.
As de Ponteceso tiñan máis ocasións pero as de Cabana tampouco o poñían fácil. Non foi ata o minuto 62 que a balanza de inclinou a favor das pontecesás tras un saque de curruncho de Lago que collería a killer Andrea para adiantar as súas.
A distancia non era suficiente como para reducir a tensión xa que en calquera momento podería volver igualarse o partido, de feito as de Cabana tiveron varias oportunidades para facelo e incluso fallarían un penalti.
Finalmente o encontro remataría 0-1. Gañou o Puenteceso pola mínima, a pesar de todas as ocasións, e pasa de ronda. O próximo partido enfrontarase ao Escola Juan Cabrejo a semana do 1 de maio”.
Goles : 0-1, Andrea, (59´).
Celebración múltiple no Ponteceso.
+++++++
As camariñanas acdaron o pase nos penaltis.
Sporting Zas 3-3 EFCC “Juan Cabrejo”
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Non sairon moi centradas as nosas e chegamos ao descanso con 1-3 no marcador. Pero como estas loitadoras nunca se rinden, conseguimos unha gran remontada na segunda parte, chegamos empatar 3-3 e a piques estivemos de conseguir o 4-3 que nos daría o pase a seguinte fase. Non conseguimos materializalo e o pase a cuartos resolveríase na tanda de penaltis.
Ainda así estivo moi igualada facendo falta 8 penaltis por equipo para que a sorte se puxera do lado da Escola Cabrejo“.
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido ao que chegamos cun gran número de baixas e no que entramos moi ben conseguindo marcar nada máis comenzar. O equipo xogaba moi ben por momentos non pasando apuros conseguindo ter ocasións chegando ao descanso có resultado de 1-3.
Tras o descanso, pensamos que xa estaba todo feito, a eliminatoria pensamos que xa a tíñamos na man e o Zas conseguía empatar a 3 goles e facérnolo pasar moi mal. Cometemos moitos erros infantís e casi nos costa o partido.
Na tanda de penaltis, Desiré foi a gran protagonista, facendo que conseguíramos pasar a eliminatoria”.
Goles : 0-1, Yara, (3´); 0-2, Yara, (28´); 1-2, Nuria, (42´); 1-3, Nerea, (44´en propia porta); 2-3, Nuria, (50´); 3-3, Lara, (66´).
Penaltis : 4-5
Soneira SD 0-4 Corme CF
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Primeiro partido de Copa, éste torneo que tanto gusta a xogadores, clubs e aficions, e que non entende de clasificacións, como ben se viu durante toda a xornada de Oitavos, donde houbo resultados chamativos que así o demostra.
Volvíamos a Vimianzo unha semana despois de enfrentarnos en liga, a un rival que a pesar de ser o seu primer ano, compite moi ben, con xogadoras moi diferenciales que si lles deixas tempo para pensar che xeneran peligro fácilmente.
Non fomos o Corme que nos gusta ser, demasiadas prisas, que generaban mala toma de decisions e imprecisions, impidindo así darlle fluidez e continuidad o xogo que fixemos durante gran parte do ano, e buscando en exceso a xogada individual, co cual a nivel de xogo non podo salir contento, mais aló de eso, penso que a outra nota negativa foi o acerto de cara a gol, donde ainda sin facer un bo partido, tuvemos moitisimas ocasions que non conseguimos materializar e eso tampouco nos axudaba moito a conseguir darlle pausa o xogo para encontrarnos a nos mismas.
Ainda así moi contento por pasar de ronda, e que fose cun mal partido, estou seguro que nos axudará a traballar con mais ganas que nunca para acabar a temporada o mellor posible!!
Despois de 3 partidos consecutivos fora da casa, temos moitas ganas de volver a xogar no Cairo díante da nosa xente!!”.
Goles : 0-1, Saskia, (30´); 0-2, Saskia, (79´); 0-3, Ana María, (81´); 0-4, Naroa, (84´).
CF Muxía 8-4 Outes FC
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Primeira eliminatoria de Liga contra un Outes que nos sorprendeu respecto a tempada pasada donde compartíamos liga. Non sabíamos nada deste Outes ao estar en outra liga este ano, pero basándonos nos resultados sabíamos que tiña unha gran melloría respecto o ano pasado.
Empezaríamos o partido moi ben os primeiros 20 minutos con ocasións e facendo dano as costas da defensa, así chegaría o primeiro gol de Barca e de Patri.
Co 2-0 relaxaríamonos e tras un balón a terra que nos collerían descolocadas en defensa pois pensábamos que nos iban a devolver o posesión e chegaría o 2-1, tras un gran disparo de fora da área. Reaccionaríamos e de novo Patri nunha contra e Elsy cun tiro de fora da área chegaríamos 4-1 ao descanso.
Na segunda parte intentaríamos seguir creando perigo as costas e con posesións longas e aumentaríamos o resultado a un 6-1 con dous goles de Barca. Aí o partido partiríase un pouco e nós por exceso de confianza concederíamos goles que non solemos conceder, xa que ultimamente levábamos varias xornadas quedando con porteria a 0. 8-4 foi o resultado final cos dous ultimos goles de Pauliña e Claudia.
Pese ao resultado abultado cos goles a favor non quedamos de todo contentas, pasamos a eliminatoria sin demasiados apuros pero con sabor agridulce por conceder 4 goles”.
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido que sabíamos que sería moi difícil tanto polo rival que coñecemos de sobra a sua calidade e facilidade para o gol, como polo campo que nunca e sinxelo gañar na Arliña. Sabíamos que o partido tería goles, e non fallamos.
Empezábamos un pouco nervosas e pagámolo en 10 minutos con 2 goles e unha lesión importante de Gema. Así e todo seguíamos pelexando e Raquel acercaba o marcador. Pero despois veu un baixón fisico e o Muxía aproveitouse moi ben.
Intentámolo ata o final pero non logramos reducir a distancia.
Toca seguir traballando e para o ano facelo mellor na copa”.
Goles : 1-0, Barca, (4´); 2-0, Patri, (9´); 2-1, Raquel, (25´); 3-1, Patri, (33´); 4-1, Elsy, (40´); 5-1, Barca, (53´); 6-1, Barca, (61´); 6-2, Cristina, (62´); 7-2, Paula, (77´); 7-3, Alicia, (79´); 8-3, Claudia, (81´); 8-4, Lires del Río, (83´).
Incidencias : Lesionouse dun xeonllo a xogadora do Outes, Gema. Esperamos que sexa o menos posible e poida estar de novo disfrutando cas suas compañeiras.
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Zas-Camariñas : Dulce “Corcu”/Sporting Zas
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”