CRÓNICAS DOS OITAVOS DE FINAL DA “LVII COPA DA COSTA” : “SÓ FISTERRA E VOLANTES PASAN O CORTE DOS QUE VEÑEN DE LIGAS SUPERIORES”.

 

Oitavos cheos de sorpresas, e tan só o SD Fisterra e o Volantes de Baño FC pasan o corte dos equipos que se esperaba que como mínimo estivesen en semifinais, pero parece que os equipos da Liga da Costa se fan fortes e queren que se evite que a copa sexa unha cpompetición da que xa se sabe quenes van a estar na final de antemán, como pasou nos derradeiros anos.

O pasada sábado nos prolegómenos do Depor-Albacete conversábamos con moitos amigos de diferentes equipos da Costa, e ninguén se esparaba o que despois pasaba na xornada dominical, tamén había os que consideraban que se o Depor ascendía, habería ata baixas en mioitos equipos, pero esto desgraciadamente non pasou e as sorpresas viñeron igual nestes oitavos de final.

As sorpesas

Dos “cocos” da competición, o UD Monte Louro derrotaba por 3-1 ao Corme CF, nunha prórroga na que os loureses facían 2 goles, tralo 1-1 do tempo de partido.

O SCDR Esteirana deixaba na cuneta a un CF Dumbría, que sempre foi por detrás no marcador, e que se metía no encontro no 81, con gol de Xabier, cando perdían por 2-0 dende a hora de xogo.

SD San Lorenzo deixaba fora a outro 1ª Galicia, o Ponteecso SD, nun choque no que tras empatar no tempo de xogo a ceros, (0-0), empataban a uns na prórroga, e había que decidir nos penaltis, nos que gañaban os de Verdillo por 4-1.

OSD Castriz deixaba na cuneta ao CF Mazaricos, no que se podería considerar un derbi de proximidade. Os castricenses pegaban primeiro por medio de Adrián, pasada a hora de xogo, empataba pouco despois Juan Tunas para os mazariquenses, e Juan Álvarez no 81 facía o definitivo 2-1.

Volantes de Baño FC, recén descendido da 1ª Galicia deixaba fora cun tanto de Kevin Lariño no 17 de encontro. Quizais o choque m´çais nivelado dos que se disputaron nestes Oitavos, por ser dous equipos dunha mesma categoría e mesmo nivel.

Resto de encontros

O Fisterra deixaba fora ao Coristanco, nun choque no que os da Terra da Pataca, non foron rival, para o único equipo que queda da Preferente, e que é o máixmo favorito o título, (0-5). Tamén se facía forte o Muxía CF, ante un rival coma o CD Muros, (5-0), co que tamén xogou a fase de ascenso a 1ª Galicia. Máis igualado foi o Outes FC-CD Baiñas, no que houbo que ir a prórroga, na que Aarón Insua, (101´), decidía a prol dos da Serra.

No cadro tedes como quedaron tódolos resultados e como quedan os Cuartos. Neste cadro está o sentido de pase, tralos encontros, pero o sentido de enfrontamento é que o de maior categoría xoga sempre como visitante, ainda que no cadro tocaríalle xogar na casa, por órde de encontros.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies