Laura Pose fixo o gol do Camariñas “Juan Cabrejo”.
Onte sábado xogáranse 4 dos encontros que quedaron pendentes do temporal “Brest” que azotou a costa galega o 24 de Novembro do 2024. Dous eran da 3ª da Costa Masculina un da 3ª Galega Feminina G2 e un que ainda que non é dos equipos da costa é da 3ª Galega Feminina G4, na que hai equipos da costa e tiña incidencia co liderato que lle arrebatou a Esteirana ca vitoria do Céltiga. O escenario meteorolóxico non foi moi diferente ao do día da suspensión pois con ventos con refachos de máis 100 Kms/h, e con chuvia. Hoxe xógase o Ponteceso-Muxía da 3ª Galega Feminina G2 e o escenario vai ser igual o do día que se suspendeu. Estes encontros pechan o 2024 e o mesmo tempo son os primeiros do 2025.
3ª DA COSTA
-Xornada 11ª-
Atlético Pereiriña FC 1-1 CD Nantón
Suspendeuse por temporal e xogouse igualmente con temporal o choque antre ceenses e nantoneses. Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador pasouse a unha segunda na que se adiantaban os da Pereirirña por medio de Brais Lagoa, (61), cando se rebasaba a hora de xogo. Xa no treito final Julio César empataba para os de Nantón. No treito final o encontro estivo moi parado e chegouse o final co empate a uns.
SD Sofán B 9-1 Inter de Brens
Importante vitoria para o filial do Sofán que o situa na loita por todo e na que xa deixou o encontro ben encarrilado na primeira metade na que se ían a vestiarios con 3-0 no marcador con goles de Isma Ramos, (5´), un par deles de Adrián Vázquez, (17´de penalti e 38´). Xa na segunda metade Nacho Eirís, (53´ e 59´), Isma Ramos, (55´), Adrián Vázquez, (62´), Tacko, (76´) e Chrístian, (78´e propia porta), poñían no marcador un arrollador 9-0. Miguel Papín no 85 de penalti facía o gol da honra. Esta vitoria fai que o Sofán B asalte a segunda praza superando en dous puntos o Zas e o Volantes, e colocándose a 2 puntos do lider. Malpica.
2ª GALEGA FEMININA G2
-Xornada 7ª-
AD Fisterra 0-1 EFC Camariñas “Juan Cabrejo”
Encontro que fora suspendido por temporal e que se tivo que xogar igualmente con temporal sendo un sacrificio para tódolas deportistas. O gol da vitoria das camariñanas chegou aos poucos do comezo do choque por medio de Laura Pose, (3´).
Estes 3 puntos colocan a escadra camariñana na 3ª posición con 21 puntos, 3 por enriba de Ponteceso, (xoga hoxe), e Bergantiños B, e a 1 do segundo, 8MMazaricos), e 6 das líderes, Corme.
Ponteceso SD-CF Muxía, 05/01/2025 às 16:30 horas
2ª GALEGA FEMININA G4
-Xornada 7ª-
Céltiga FC 3-0 EFF Sonnia Portus Apóstoli
O Céltiga arrebátalle o primeiro posto a Esteirana por golaveraxe con estes 3 goles que lle facía o Apóstoli.
-Foto : Dulce Corcu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”