3º GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
8ª Xornada
07/12/2025
Crónicas dos encontros xogados anteriormente : PREME AQUÍ
Outes FC 2-1 EFCC Juan Cabrejo
SD A Baña 1-3 Sporting Zas
Cabana SD 3-0 Xallas FC “B“
Ponteceso SD 0-2 SD Dubra
ED As Miúdas 2-2 UD Cerqueda
Soneira SD – UD Corcubión, 14/12, ás 12:00
Clasificación : PREME AQUÍ
CRÓNICA XERAL
A 8ª xornada, unha carreira de fondo: partidos espallados e emoción a contagotas.
A 8ª xornada da 3ª Galega Feminina G3 “A Costa” estase a disputar case como unha carreira de fondo, repartida en varios capítulos ao longo de dúas semanas. O calendario, condicionado por adiamentos e cambios de data, deixou unha xornada que se xoga a contagotas, con encontros o 29 de novembro, 30 de novembro, o pasado 7 de Nadal e un derradeiro duelo pendente para o 14 de decembro.
Este ritmo fragmentado non restou emoción á competición: cada fin de semana foi deixando pinceladas clave na clasificación e partidos cargados de intensidade. Nesta última entrega dominical, o SD Dubra asinou unha das machadas do ano vencendo en Ponteceso con tan só once xogadoras, mentres que en Muros, As Miúdas e o Cerqueda ofreceron un empate vibrante cheo de alternativas.
Agora, a xornada pecharase oficialmente o vindeiro domingo co Soneira-Corcubión, último capítulo dunha data que, malia a súa dispersión, mantivo o pulso competitivo sempre en alto.
Parón da liga a vindeira fin de semana
Ainda que a liga para ata ó 21 de Nadal a vindeira fin de semana ademáis de xogarse o Soneira-Corcubión da 8ª xornada, xogarase o Xallas FC “B”-UD Cerqueda da 9ª, único desta xornada da que tes abuxi do artigo toda a información cos enfrontamentos.
CRÓNICAS
ED As Miúdas 2-2 UD Cerqueda
Reparto de puntos nun encontro aberto e con alternativas
ED As Miúdas e UD Cerqueda asinaron un vibrante empate (2-2) nun duelo marcado polas alternativas, a intensidade e a sensación de que calquera dos dous puido levar a vitoria.
As locais adiantáronse no minuto 25, cando Sofía transformou unha falta lateral enviando o balón ao fondo da rede nun tanto que, segundo o propio Cerqueda, “non reflexaba o que estaba pasando no campo”.
O equipo visitante, que entrara moi ben ao partido atacando polas dúas bandas, atopou premio pouco despois. No 29’, un córner botado con precisión acabou co balón dentro da portería tras o despexe desafortunado de Ana Romero, en propia meta. Así chegouse ao descanso cun xusto 1-1.
Na segunda metade, o Cerqueda mantivo o seu plan e logrou poñerse por diante no 58’. Unha xogada iniciada pola cadete Erica, que completou un gran encontro, terminou cun centro que peleou Valeria e que definiu Karla, tamén cadete, para o 1-2.
Co partido controlado e varias ocasións claras para sentenciar, o Cerqueda non atopou o terceiro gol e acabou pagándoo. No 73’, un balón longo ás costas da defensa visitante (mal colocada na acción) permitiu que Sofía asinase o 2-2 definitivo.
Nos minutos finais ambos equipos buscaron a vitoria, pero sen acerto nin claridade, e o marcador xa non se moveu.
Jorge Ardeira, adestrador do UD Cerqueda :
“Saímos moi ben ao partido, atacando polas dúas bandas e chegando con claridade á área rival, pero faltounos acerto no último pase. O equipo rival, xogando coa defensa adiantada e boa presión no medio, non nos deixou xogar con facilidade e provocou algunhas perdas que elas aproveitaban para meter balóns ás costas da nosa defensa. Nunha desas accións chegou unha falta no pico da área que lles deu o 1-0, un resultado que non reflectía o que estaba pasando no campo. Seguimos co mesmo plan e nun córner conseguimos o empate antes do descanso.
Na segunda parte saímos igual, moi metidas no partido e xogando ben por fóra. Nunha xogada de Erica, que fixo un gran partido, chegou un centro que pelexou moi ben Valeria e rematou finalmente Karla para facer o 1-2, que poñía xustiza ao visto no campo.
Co partido controlado e con varias ocasións que definimos mal (e outras que parou moi ben a súa porteira), nun pelotazo ás costas que nos colleu mal colocadas chegou o 2-2. De aí ao final buscamos o partido máis con corazón que con cabeza, incluso concedendo algunha ocasión en contra que nos puido custar o encontro. Aínda que o resultado non foi o desexado, o equipo segue medrando.”
Goles: 1-0 Sofía (25’), 1-1 Ana Romero (29’, p.p.),
1-2 Karla (58’), 2-2 Sofía (73’).
3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
9ª Xornada
21/12/2025
Xallas FC “B“ – UD Cerqueda, 13/12, ás 18:30
Cabana SD – Ponteceso SD
UD Corcubión – Outes FC
EFCC Juan Cabrejo – SD A Baña
Sporting Zas – ED As Miúdas
SD Dubra –Soneira SD
.
-Foto : Jorge Ardeira
-Texto : Xosé Búa “Pirata”



