CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS : O SAN LORENZO E O CAMELLE CAEN POLA MÍNIMA ANTE TORDOIA E MALPICA.

O San Lorenzo perdeu pero está mellorando.

Aquí tes os comentarios dos dous encontros que se xogaron na xornada sabatina, un o derbi antre o San Lorenzo e o Tordoia da Primeira Futgal e o outro a visita do lider da 3ª da Costa, Malpica, o Camelle, tal e como vos apuntamos na “AXENDA PIRATA”, como vos apuntamos destes encontros e do resto que se van a xogar do fútbol da costa senior masculino, feminino e de veteranos.

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

SD San Lorenzo 0-1 SD Tordoia 

Iván Rojo, (Adestrador do San Lorenzo) :Un San Lorenzo que dou a cara na casa e mereceu mais. Entrou mellor o San Lorenzo, tendo o control do partido e metendo o tordoia no seu campo pero sen ocasións claras. Pouco antes do descanso o Tordoia quedaba con 10 por duas tarjetas seguidas de Alberto Fraga.

Na segunda metade o Tordoia daba un paso atrás e salía a contra con Denis e Abel. O Tordoia encontrabase cun gol tras un tiro que bate nun defensor e lle cae o rexeite a Denis que marca a placer, os locales reclaman unha posible falta o defensor antes do remate. Gol que fixo moito dano o SanLorenzo cando tiña o partido controlado. Seguiuno intentando o SanLorenzo colgando balons e metendo o rival na sua area pero non chegou o gol”

Goles : 0-1, Denís Pose, (55´).

Incidencias : O colexiado Eloy Galán que estivo auspiciado nas bandas por Lucas Rey e Daniel Carreira, expulsou con dobre cartón o xogador do Tordoia, Alberto Novoa, (43´e 45´), e o adestrador tordoies, Alberto Pallas con vermello direto, (67´).

 

-17ª Xornada-

-12/01/2025-

SD CastrizBertamiráns FC, ás 17:00 horas

Vista Alegre SD-CF Dumbría, ás 19:00 horas

SR CaloPraiña Sporting Club, ás 16:45 horas

SCDR Esteirana-UD Carral, ás 16:30 horas

Club do MarSD Agolada, ás 16:30 horas

SD San Lorenzo 0-1 SD Tordoia

CF MuxíaVizoño SD, ás 16:15 horas

Bastavales UD-Vea CF, ás 16:15 horas

SD Fisterra-Boimorto CF, ás 16:30 horas

 

++++++

 

3ª DA COSTA

SD Camelle 0-1 SCD Malpica

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido entretido e duro, polo rival e polo mal estado do campo. Empezaríamos con chegadas e con boas ocasións, pero non as levaríamos a cabo, en cambio eles no único fallo defensivo poñeríanse por diante. Non nos viñemos abaixo e houbo xogadas de gol para ambos lados, ata os últimos 5 minutos desta primeira parte donde dominou claramente o Malpica pero non acertaron. Vímonos abrigados a facer un cambio na defensa ca lesión de Hucho.

Empezaria a segunda parte intensa, donde o árbitro deixou xogar “demasiado” ata que a cousa se lle fui da mans, armándose unha tangana, que se resolveu cun expulsado de cada equipo. No futbolístico, sería intenso tamén, pero en ocasións, e en xogo creo que nós fomos un pouco máis superiores, pero igualados no que se refire en ocasións claras, pero a pesares disto o marcador non se movería”.

Goles : 0-1, Sergio, (12´).

Incidencias : O colexiado Jonathan Pardiñas, expulsou no minuto 74 con vermello ao xogador do Camelle, que estaba no banco, Óscar e ao do Malpica, que estaba xogando, Luis Manuel.

 

-15ª Xornada-

-12/01/2025-

CD Nantón-SCD Buño, ás 16:15 horas

 SD Oza-SD Laxe, ás 19:30 horas

Sporting Seaia CF-Volantes de Baño FC, ás 17:30 horas

Sporting ZasInter de Brens, ás 16:45 horas

SD Camelle 0-1 SCD Malpica

  CD Baiñas-SD Sofán B, ás 16:30 horas

UD Cerqueda-CF Muxía B, ás 16:00 horas

Descansa : Atlético Pereiriña FC

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adesrtadores

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies