CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA : “VITORIAS DE LAXE, BAIÑAS E CASTRELO ANTE CAMELLE, AMEIXENDA E MALPICA RESPECTIVAMENTE”.

 

Crónicas 18ª Xornada

Aquí vos traemos as crónicas coas apreciacións dos adestradores de cada equipo. En caso de que algunha non esté, poñerémola tan pronto no la mande. Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

O Laxe soubo xogar co vento para derrotar o Camelle.

 

 

 

SD Laxe 2-0 SD Camelle

Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido que soubemos plantexar ben enfocando as características climatolóxicas con moito vento, que soubemos xogar defendendo ben os balóns aereos na primeira co vento a favor, ainda que eles tiveron dous tiros o longueiro, e soubemos xogar ben na segunda co vento en contra que foi cando viñeron os goles, defendemos moi ben os balóns aereos, que era o que buscaba io Camelle, e replegados atrás e o con Bieito e Iago de protagonistas por banda e sacámoslle ventaxe a eles nas xogadas, adiantaron liñas indo a polo partido, pero ainda puidemos facer algún gol máis, pois Miguel Torres tivo duas man a man co porteiro, polo que o resultado foi moi xusto, merecemos gañar. Moi bo plantexamento Dominados na primeira metade e na segunda merecedores do resultado pois eles na segunda confiaban solventar o partido a favor do vento, pero encontráronse con dous goles en contra, e nos tivemos múltiples ocasións como para gañar 4-0. Foi bo ler o partido, que o leemos moi ben, e eles buscaban gañar o partido si ou si”. 

Sergio Salgueiros “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Dia no que non fomos capaces de entrar no partido. A primeira parte foi igualada en xogo, no que nós teríamos unha ocasión clara de Adrián que pararía o porteiro, e eles outra de Gora que colle un rexeite na frontal que marcharía moi pegadiño do longueiro. O comezo da segunda parte perderíamos un balón, e eles con tres pases o primeiro toque, poñerían un balón en longo, e o dianteiro cruzaríalla o noso porteiro marcando o primeiro gol. Nos seguintes 10-15 minutos teríamos moitas, moitas ocasións, cun balón o longueiro, outro que sacan debaixo dos paos, pero o balón non entraria. Os derradeiros 20 minutos foron un ida e volta dos 2 equipos, e xa rematando o final co Camelle volcado buscando o empate eles marcarían a sentenza”.

Goles : 0-1, Iago Torres, (43´); 2-0, Miguel Ángel, (desconto).

 

 

CF Castrelo 3-1 SCD Malpica

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF castrelo) :  : “Marcamos no minuto 15, e parecía que se nos poñía de cara o partido, pero non conseguimos tranquilizar o xogo e coller o control da pelota e empataron no minuto 37. O borde do descanso quedamos os dous equipos con 10 por expulsión. Na segunda sin xogar moi ben conseguimos poñernos por diante de penalti. e despois de fallar varias sentenciamos no 90. O malpica por lesión acabou o partido con 9, o quedar sin cambios”.

Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “Empezamos moi ben o partido con unha chegada xa no minuto 3 que tira Kevin e para o porteiro. Seguimos achuchando e Baye só dentro do área tira fora. Seguimos con algúns tiros lonxanos pero pouco perigosos. Nunha saida de balón roubannos e tiran raso, e entra por debaixo das mans de Lamas na primeira que teñen. Conbinamos ben e metemos cun tiro fortisimo de Alberto Hombre. Quéntase o partido, as patadas van sendo máis duras, ante a pasividade do árbitro. Quéntase o encontro como digo, e follón que acaba con 2 expulsados, un para cada lado, e así chegamos o descanso. Na segunda parte pítannos un penalti que só ve o árbitro, porque nin eles protestan. Meten gol, e na seguinte rompe fibras Paco, e con 9 pasáronos por enriba, puideron ser máis. Parou Lamas 3 claras, e nós só tivemos un par de faltas lonxanas que non chegaron a bo porto”.

Goles : 1-0, Rubén, (15´), 1-1, Alberto Hombre, (37´); 2-1, Adrián, (55´ de penalti); 3-1, Rubén, (90´).

Incidencias : O colexiado David Cancela, expulsou con cartón vermello direto a Alberto Mouzo polo Castrelo e a Alberto Hombre polo Malpica, (45´), tras unha tangana.

 

Once do Ameixenda.

 

SD Ameixenda 2-7 CD Baiñas

Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Moi bo primeiro tempo do Ameixenda, axustando ben as marcas, sendo soludarios nas axudas e saindo con rapidez a contra. O Baiñas, ainda que tiña mais tempo o balon, non estaba cómodo no campo e fallaban moitos pases fáciles. Así, nunha recuperación no medio do campo, o Ameixenda forzou un corner e Chapu rematou de cabeza o 1-0 no minuto 12. O Baiñas solo buscaba poñer balóns a área pero apenas facían perigo. Sólo un despiste no m.39 permitialle a Antelo controlar e rematar para conseguir o 1-1”.

“No segundo tempo apareceu o factor ou factores que están lastrando ao Ameixenda. Xogadores que xogan con molestias e non poden acabar o partido (hoxe foron Chapu e Evaristo) e escasez de xogadores suplentes para osixenar ao equipo. Por contra o Baiñas, mellor físicamente, foi quen de poñer un ritmo mais alto na segunda parte e impoñerse claramente. Destacar os catro goles de Raúl Antelo e no Ameixenda o partidazo de Chapu hasta que tivo que retirarse lesionado no m.50. Exemplo de coraxe e pundonor. “.

Ángel Insua “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Comezamos o partido algo imprecisos, como moi verticais e sin elaborar e aguantar a posesión, o que nos fixo estar unha primeira parte como fora de partido. Ademáis o Ameixenda púxose por diante cun corner ben executado, no que remataron a pracer no segundo pau. Pouco a pouco fomos creando perigo e conseguimos o empate por medio de Ruli, que estivo moi atento para poñer a igualada antes do descanso. Na segunda parte axustamos un par de cousiñas e saimos totalmente a polo partido. Dominamos e foron caendo os goles. Marcaron Raúl, Chipi, e Esteban….pero partidazo de Ruli que na segunda parte anotaría tres goles mais“.

SD Ameixenda : Rivers, Evaristo (Pikita 76′), Chapu (Fabián 50′), Sambade, Sergio, Dani, Pablo, Juan Lagoa, Chucho, Juan Antonio e Torices.

CD Baiñas : Joel, Carlos, Borja, Maikol, Raúl, Aníbal, Esteban, Oreiro, Ruli, Cristian Canosa e Chipi. Tamen xogharon : Héctor, Samuel, Christian Rodrígez, Samuel Quintans e Chavico.

Goles : 1-0, Fernando, (12´), 1-1, Ruli, (46´); 1-2, Raúl González, (59´); 1-3, Brais, (62´); 1-4, Esteban, (66´); 1-5, Ruli, (73´); 1-6, Ruli, (79´); 2-6, Juan Antonio, (84´); 2-7, Ruli, (desconto).

 

 

 

 

Axenda de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ

 

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Laxe-Camelle : Gonzalo Lemus

-Textio e Táboa . piratasdemuxia

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies