Fin de semana cheo de partidos para os conxuntos do Fisober.
O senior masculino iniciaba o seu camiño na liguiña da Copa de Primeira Autonómica recibindo na mañá do sábado ó CD Concello de Monfero no PM de Vimianzo co resultado de seis a un a prol do Fisober.
Polo Fisober formaron: Brais, Suso, Iván, Javi, Edgar, tamén xogaron: Víctor, Mario, Adan, Álex, Carlos, Alberto Catalán.
Os goleadores costeiros foron: Iván en tres ocasións, Álex, Mario, Alberto Catalán.
Os colexiados foron Jairo Mosteiro e Vanesa Varela.
A vindeira xornada o Fisober visita ó UD Estrada FS.
Na División de Honra cadete masculina o Fisober recibía a visita na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría do líder o CP Casás co resultado de dous a tres a prol dos visitantes.
Polo Fisober formaron: Adrián Martínez, Iago, Adrián Trasmonte, Mario, Pablo Taboada; tamén xogaron: Juan Emilio, Rubén, Lucas.
Os goles costeiros foron obra de Iago e Rubén.
Os colexiados foron Pablo Cacheda e Carlos González.
A vindeira xornada o Fisober visita ó Academia 5 Coruña.
Na Primeira Autonómica infantil masculina o Fisober visitaba ó Academia 5 Coruña “C” na tarde do domingo no PM Labañou-Cocheras co resultado de tres a catro a prol do Fisober.
Polo Fisober formaron: Adrián, Borja, Gael, Fran, Xavi; tamén xogaron: Pedro, Iago Marcote.
Os goles costeiros foron obra de Pedro, Borja, Xavi, Gael.
O colexiado foi Claudio Arce.
A vindeira xornada recibe a visita do Academia 5 Coruña “D”.
Na Liga Galega alevín feminina o Fisober visitaba ó Burela Pescados Rubén na tarde do domingo no P. Monte Castelo co resultado de dous a cinco a prol do Fisober.
Polo Fisober formaron: Carlota, Zoe, Claudia Ares, Claudia Otero, Noa; tamén xogaron: Alba, Lola, Ainhoa, Noemi, Icia, Iria, Celia.
Os goles costeiros foron obra de Claudia Otero en catro ocasións e Lola.
Os colexiados foron David Martínez e Joksan Gonçalves.
A vindeira xornada o Fisober recibe ó Ribeira Lieders.
Na LCFSB Costa da Morte o Fisober visitaba na tarde do venres ó Colexio Manuela Rial co resultado de seis a catro a prol dos locais.
AVISO
O tratarse de fotos con menores se algún pai, nai, titor ou titora non queren que salga algún neno/a a seu coidado non ten máis ca avisarnos polas canles de contacto que temos o final da portada da web e será solucionado o instante.
-Foto e texto : Departamento de prensa Fisober FSF