CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOMINICAIS DA LIGA DA COSTA GRUPO 1A E 1B, E DA 3ª DA COSTA.

O Sporting Zas plantoulle cara o 3º, San Lorenzo.

Aquí tes as crónicas dos encontros xogados este Domingo na 3ª da Costa e na Liga da Costa, que foran adiados no seu día por motivos de COVID-19, así como enlaces aos que se xogaron o pasado venres e sábado, e que tes na nosa web. Quedan pendentes 4 encontros nas Ligas da Costa, un deles maán mesmo, “Martes de Entroido”, e os outros 3 nos vindeiros días, (toda a información nos cadros de abaixo das crónicas).

 

SD Ameixenda 0-11 UD Corcubión

Non houbo sorpresa no derbi da Ría de Cee e Corcubión, e se na primeira volta os da Ameixenda derrotaban contra todo pronóstico aos corcubionenses que mandaban na liga, desta volta goleaban sen piedade aos veciños. A primeira metade non auguraba ao “temporal” que se aveciñaba na segunda contra os locais. O descanso íanse os equipos cun 0-2 a favor dos corcubioneses, con goles de Martín, (33´) e César Lojo, (41´). A segunda metade era un remuiño de goles visitantes. César Lojo, que sumaba 4 o da primeira metade, (48´, 70´, 72´, e 88´), Cayetano, (54´), Iago Lema, ( 55´), e Luis Lago, con 3, (61´) e 80´), eran os artífices dunha goleada histórica. Con estes 3 puntos o UD Corcubión recupera a segunda praza a 3 puntos do lider CF Porteño e 1 punto por enriba do terceiro, SD Oza.

Este choque fora aprazado por COVID-19 ó 6 de Febreiro, na 14ª xornada da Liga da Costa Grupo 1A.

 

SD Camelle 1-2 Atlético Pereiriña FC

Encontro tremendamente igualado e disputado o que se puido ver no “Rodeiro”, e que completaba os 3 encontros que tiñan adiados os camellás, nos que sacaron un mal vagaxe, con un empate e duas derrotas. Adiantábanse os camelláns por medio de Barreiro aos 24 minutos de xogo e conseguía remontar na segunda metade o equipo da Pereiriña con goles de Borja, (49´) e Javier Calo, (80´). Con estes 3 puntos o Atlético Pereiriña FC afianzase na 5º posición, poñéndose a 4 puntos do Xallas FC “B”, na loita por entrar na promoción.

Este choque fora aprazado por COVID-19 ó 16 de Xaneiro, na 11ª xornada da Liga da Costa Grupo 1A.

 

Sporting Seaia 2-1 SD Camelle : PREME AQUÍ.

 

LIGA da COSTA

Grupo 1A

Muxía CF 5-1 CD Muros

Gran encontro dos muxiáns que foron quen de remontar o gol inicial de Xavier para os muradáns, e acabar goleados de maneira incontestable, nunha extraordinaria segunda metade, a pesares de quedar cun home menos aos 18 minutos de xogo, por expulsión de Maikel Mouzo. Isma Pose no 50 conseguía poñer as táboas no marcador e 2 minutos despois de penalti, Manu Nogueira, conseguía que o seu equipo se puxese por diante. Fran Moreira o transformar unha nova pena máxima, pouco despois, (56´), poñía terra de por medio, e él mesmo deixaba o choque practicamente sentenzado o choque sin tempo a reacción dos muradáns, (58´). O gol que finiquitaba o encontro era de David fernández. Con estes 3 puntos o Muxía CF sube a segunda praza con 23 puntos, os mesmo co terceiro, CD Muros, e con 2 encontros menos.

Este choque fora aprazado por COVID-19 ó 20 de Febreiro, na 14ª xornada da Liga da Costa Grupo 1A.

 

Camariñas FC 1-2 SCDR Esteirana

Escaso de efectivos chegou o equipo camariñán a un choque que lle podía permitir colocarse a 1 punto da promoción, (2 trocos), pero a pesares de adiantarse antes de irse o descanso cun gol de Djibril, (44´), veu como o lider, moi serio e resolutivo, remontaba na segunda, cun tanto de Carlos Lestón, antes da hora de xogo, e outro de Álvaro Farinós, no desconto, cando todo apuntaba a que se repartirían os puntos. Con estes 3 puntos o SCDR Esteirana afianza a 1º posición, con 36 puntos, 12 máis co Muxía CF, (2º), e 1 encontro máis, e a mesma distanza do 3º, CD Muros, pero neste caso os esteiráns teñen 1 encontro menos, o que xogarán este “Martes de Entruido”, ante o Muxía CF no “Xosé Luis Vara”.

Este choque fora aprazado por COVID-19 ó 9 de Xaneiro, na 8ª xornada da Liga da Costa Grupo 1A.

 

UD Monte Louro 1-0 CF Lira : PREME AQUÍ.

 

LIGA da COSTA

Grupo 1B

Sporting Zas 2-2 SD San Lorenzo

Un tempo para cada equipo e destacado debút nos zacenses do cadete Ánxo, que facía o gol que metía aos de Zas no encontro, tras adiantarse o San Lorenzo na primeira metade cun tanto de Diego, (20´), e poñer terra de por medio cun tanto de Alexis no 55´. Estaba sendo mellor neses intres o equipo local e acurtaba distanzas por medio do cadete Ánxo, (65´), e conseguía o empate por medio de Iago Torres, (74´), en xogada persoal. Acariñou o equipo de Zas a vitoria pero non se movería o marcador, e deixaba nos zacenses unha sensación de perder 2 puntos, na clara mellora que veñen ofrecendo nas derradeiras semanas. Con este punto o Sporting Zas, suma 8 puntos, un máis co colista SCD Buño, e tamén 1 encontro máis. Pola sua banda o SD San Lorenzo desaproveita a oportunidade de consolidar a 3ª praza e queda a 3 puntos do 2º, Cabana SD e a 5 do lider SD Coristanco.

Este choque fora aprazado por COVID-19 ó 9 de Xaneiro, na 8ª xornada da Liga da Costa Grupo 1A.

 

Encontros adiados pendentes

 

-Foto : Prensa Sporting Zas

-Texto : piratasdemuxia