PREFERENTE GALICIA
(LIGA AUTONÓMICA)
O Fisober FSF trouxo 1 punto do “Coto Ferreiro” da Estrada.
PASTELERÍA CERVELA A ESTRADA FUTSAL 3-3 FISOBER F.S.F.
ESTRADA: Yaiza, Lucía Alvárez, Patri, Lucía González, Alba ; Tamén xogaron : Iria , Noelia, Natalia Mercedes, Sara, Sonia.
FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Adriana, Carre, Mai ; Tamén xogaron : María Maroñas, Saray, Kenny, Sharay, Uxía, María Dumbría.
.
ÁRBITROS : Iván Vidal, María Rey.
GOLES : 1-0 min 4 p.p. , 1-1 min 5 Adriana, 1-2 Adriana, ( descanso ), 1-3 min 28 Kenny, 2-3 min 28 Natalia Mercedes, 3-3 min 32 Lucía González.
Incidencias : Partido correspondente a 16 ª xornada de liga na Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no P. Coto Ferreiro de A Estrada.
.
CRÓNICA
.
O Fisober sacou un importante punto nun bo partido ante o terceiro clasificado e unha das súas bestas negras no que incluso chegou a ir con vantaxe de dous goles, no que voltou a marcar Adriana en racha dende que voltou da lesión, pero no que a meiga das lesión voltou a cebarse cas costeiras e desta vez caeu Carre que está pendente do diagnóstico na lesión de xeonllo.
Saíron arriscando as locais co xogo de cinco , pero unha parada de Lía e o seu lanzamento aproveitando a porta valeira das estradenses case da o primeiro gol costeiro.
As locais aproveitaban unha contra para voltar poñer en apuros a Lía. A resposta visitante foi dun envío de Lía para Mai que a porteira neutraliza in extremis.
Aos catro minutos unha xogada local e o infortunio de Paula Fandiño poñía o primeiro gol local en propia porta.
Non tardaron en respostar as costeira xa que Paula Fandiño envíaba para Adriana que sigue ao seu e facía a igualada.
O partido seguía con ocasións e agora era Adriana a que se esforzaba en defensa para salvar baixo paus.
Unha xogada entre Adriana e Mai case pon en vantaxe as costeiras.
Cando se chegaba ao último minuto da primeira metade unha contra do Fisober con pase atrás de Kenny é finalizada por Adriana para facer o segundo gol das costeiras. E antes de retirarse a vestiarios a punto estivo Adriana de completar o hattrick pero a vaselina foiselle por pouco.
A volta de vestiarios de novo Adriana tivo a tiro o terceiro visitante despois dunha xogada individual e tiro cruzado. Tamén Paula Fandiño de falta case o acada pero atopouse ca porteira.
O Fisober decidiu esperar a medio campo e saír a contra e nunha deses a cadete Kenny de tiro cruzado pon o terceiro costeiro.
Pouco lle durou a ledicia xa que case na seguinte Natalia Mercedes voltaba a reducir diferenzas.
Unha contra levada por Mai e finalizada por Kenny tivo o cuarto visitante a tiro. Pero a pouco máis de sete para o fin Lucía González de tiro exterior poñía o terceiro local.
E as malas novas non viñan solas xa que Carre se lesionaba nun mal xesto no xeonllo. E pouco despois un choque entre Kenny e Lía deu un novo susto as costeiras.
O partido estaba tolo primeiro Adriana tiña o cuarto , logo as locais e antes do fin Kenny tíñao ata en dúas ocasións.
As locais arriscaron ao final co xogo de cinco pero a igualada xa non se moveu.
A vindeira semana chega outro dos cocos a Dumbría o Leis Pontevedra.
.
.
CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
O Infantil masculino por 3-6.
.
As categorías inferiores do Fisober tiñan tódolos seus partidos o domingo.
Pola mañán para pechar a liga na Liga Galega Infantil feminina o conxunto do Fisober visitaba o P. M. de As Lagoas en Narón para enfrontarse ao Radiocar A Fervenza dentro da 10ª xornada. O resultado foi de tres a cinco a prol das costeiras.
Polo Fisober formaron : Alexia Suárez, Pauliña, Ruth, Sabela e Alexia Lorenzo ; tamén xogaron : Laura Blanco, Marta, Lara, Noa.
Marcaron polo Fisober : Pauliña e Alexia Lorenzo por partida dobre e Ruth. Unha vez finalizada a liga a vindeira semana da comezo a competición de Copa tamén visitando A Fervenza.
Unha vez finalizado este tamén para pechar a Liga Galega Cadete feminina o conxunto do Fisober tamén visitaba o P. M. de As Lagoas en Narón para enfrontarse ao Error Ferrol A Fervenza dentro da 10ª xornada. O resultado foi de catro a cero a prol das locais.
O conxunto costeiro chegaba pragado de baixas con tan só con dúas xogadoras cadetes.
Polo Fisober formaron : Alexia Suárez, Kenny, Ale, Alexia Lorenzo, Pauliña , tamén xogaron : Ruth, Laura Blanco, Sabela, Marta.
Unha vez finalizada a liga a vindeira semana da comezo a competición de Copa tamén visitando A Fervenza.
Pola tarde era a xeira na Primeira Galicia Infantil masculina para o conxunto do Fisober que visitaba ao Ex Alcohólicos Refuxio do Moucho dentro da 13ª xornada de liga. O resultado foi de tres a seis para os costeiros.
Polo Fisober xogaron : Brais Dono, Mario, Suso, Vila e Alex Blanco, tamén xogaron : Javi, Iago, Pablo, Borja, Julián e Javi Blanco.
Os goleadores costeiros foron : Vila en tres ocasións, Mario, Alex Blanco e Iago.
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.
-Foto e Texto : Luis Sambad/Fisober FSF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.