CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF, (PREFERENTE GALICIA) E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE FEMININOS E MASCULINOS.

PREFERENTE GALICIA

LIGA AUTONÓMICA

A fisoberista Kenny, (der) presionando a unha contraria.

 FISOBER F.S.F. 2-2 E.D.M. SALCEDA

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Adriana, Saray, Mai ; tamén xogaron : Kenny, Uxía, María Dumbría, Sharay, María Maroñas.

SALCEDA : Ana, Carmen, Marta , Bárbara, Dolores ; tamén xogaron : Eli, Vane, Carol.

ÁRBITROS : Francisco Pena , Pablo Bouzas.

GOLES : 0-1 min 1 Marta, 1-1 min 3 Paula Fandiño, 1-2 min 5 Bárbara, (descanso), 2-2 min 30 Adriana.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 19 ª xornada da Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría.

CRÓNICA

Fisober e Salceda repetiron o empate da tempada pasada en Dumbría nun partido igualado.

Non podían comezar peor as cousas para as costeiras xa que logo no primeiro minuto de partido a visitante Marta adiantaba as súas.

Uns minutos despois cun lanzamento de falta poñía de novo a igualada Paula Fandiño.

Pouco lle durou a ledicia as locais xa que de novo un roubo e unha contra facían que Bárbara puxera ao Salceda de novo por diante.

A primeira metade estaba a ser moi rara e así continuou. Foron pasando os minutos pero as locais non se sentían cómodas e as súas mellores ocasións viñan de faltas cercanas que non aproveitaban.

Con desvantaxe local chegouse ao tempo de lecer.

A volta dos vestiarios algo cambiou nas costeiras que saíron con máis gañas e coraxe. Comezaron a acumular ocasións as locais pero o gol da igualada non chegaba. Disparos dende tódalas posicións.

Unha abafante presión acadaba que as xogadoras do Fisober dispuxeran de mans a mans ou dous para un pero seguían sen acertar.

Ata que mediada esta segunda metade un lanzamento cruzado de Adriana poñía a igualada no marcador.

As visitantes tamén tiñan ocasións a contra que desbarataba Lía.

Os minutos pasaban e as costeiras buscaban o triunfo pero o electrónico xa non se moveu, e chegouse ao fin con reparto de puntos.

A vindeira semana o Fisober visita ao Gaiola en Santiago de Compostela.

Fisober Infantil Feminio.

CATEGORÍAS INFERIORES 

Ata catro partidos tiñan as categorías inferiores do Fisober este fin de semana. Para o sábado as femininas coma visitantes en A Coruña  e para o domingo as masculinas coma locais en Dumbría.

Na terceira xornada da liguiña de Copa Autonómica infantil feminina o Fisober visitaba ao Viaxes Amarelle no P. Sagrada Familia herculino na tarde do sábado co resultado de catro a un a prol das viaxeiras.

Polo Fisober participaron : Alexia Suárez, Pauliña, Marta, Ruth, Alexia Lorenzo ; tamén xogaron : Sabela, Lara, Laura.

O gol costeiro foi obra de Sabela.

Logo deste e no mesmo escenario na terceira xornada da liguiña de Copa Autonómica Cadete feminina o Fisober visitaba tamén ao Viaxes Amarelle co resultado de cero a dous a prol das costeiras.

Polo Fisober participaron : Naira, Saray, Nerea, Kenny, Sharay ; tamén xogaron : Lucía Rodríguez, Uxía, Lucía Canosa, Lucía Martínez.

Os goles costeiros foron obra de Uxía e Lucía Martínez.

Fisober Infantil masculino-Esteo FS Infantil.

Para o domingo era a xeira dos equipos masculinos nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Abrían a xornada na Primeira Galicia Infantil masculina e dentro da 17ª xornada o infantís para enfrontarse ao Esteo co resultado de dous a catro a prol do conxunto de As Pontes.

Polo Fisober participaron : Brais Dono, Alex Blanco, Iago, Suso, Julián ; tamén xogaron : Borja Canosa, Mario Trillo, Pablo, Javi Lema.

Os goles costeiros foron obra de Javi Lema e Julián.

Logo deste era a xeira para o cadete dentro da 17ª xornada de liga na Primeira Galicia Cadete masculina para enfrontarse tamén ao Esteo co resultado de dous a sete a prol dos visitantes.

Polo Fisober participaron : Brais Dono, Mario Trillo, Manu, Carlos, Mario Areas ; tamén xogaron : Leo, Vila, Borja Canosa, Adan Cernadas.

Os goles costeiros foron obra de Manu.

–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua aportación na confección das crónicas cos seus comentarios, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas, propias e intransferibles.

-Fotos : Fisober  FSF

-Texto : Luis Sambad

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.