CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE FEMININOS E MASCULINOS.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

As fisoberistas caeron no derbi coruñés.

FISOBER F.S.F. 2-3 ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA

FISOBER : Lía, Carre, Paula Fandiño, Mai, Kenny ; tamén xogaron : Lucía Rodríguez, María Maroñas, María Dumbría, Uxía, Lucía Canosa, Sharay.

5 CORUÑA : Natilia Barral, Iria, Leny, Nerea, Natalia Sandá ; tamén xogaron : Rocio, Alba, Anita, Marian, Sarai.

ÁRBITROS : Iván Vidal, Ángel Forján.

GOLES : 1-0 min 2 Paula Fandiño, 1-1 min 10 Rocío , ( descanso ) , 1-2 min 22 Natalia Sandá, 2-2 min 31 Kenny, 2-3 min 35 Leny.

INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco correspondente a 11 ª xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica.

CRÓNICA

O Fisober perdeu o seu primeiro partido coma local nesta tempada, nun partido moi igualado pero no que se lle empezan a notar as baixas que acumula e o número de xogadoras entre algodóns, algo que fai que moitas das súas cadetes aparezan cada vez máis nos partidos e con minutos cada vez máis importantes.

Comezou forte o conxunto herculino pero os tres minutos Paula Fandiño poñía en vantaxe as costeiras.

As herculinas non perderon folgos a pesares de ir por detrás no electrónico e Lía tiña que intervir. Tamén probaba sorte novamente Paula Fandiño.

As herculinas poñían cada vez máis a traballar a Lía na portería costeira. E tanto foi o cántaro a fonte que rompeu mediada esta primeira metade cun gol de Rocío despois dun saque de esquina.

Despois do gol tivo unha moi boa oportunidade María Dumbría e no rexeite Kenny pero non foron quen de voltar poñer en vantaxe as costeiras.

Pero as do 5 Coruña tamén tiñan as súas. A pesares disto o resultado xa non se moveu e chegouse ao tempo de lecer coa igualada no electrónico.

O inicio da segunda metade non foi bo para as costeiras xa que despois dun rexeite as herculinas dábanlle a volta ao marcador.

O Fisober veuse por debaixo no electrónico e deulle máis ritmo ao partido e comezaron a chegar as súas ocasións. Primeiro unha xogadora visitante saca baixo paus. Despois unha combinación entre as cadetes Lucía Canosa e Uxía, ata que finalmente Kenny voltaba a igualar o partido mediada esta segunda metade.

Case lle da a volta ao partido Carre cun tiro lateral que finalmente non chegou a bo porto.

Pero as herculinas non se rendían e a contra a cinco para o fin dábanlle a volta o partido co seu terceiro gol.

Ata o final despois xa foi un querer e non poder das locais que vían como caían na casa por primeira vez esta tempada.

A vindeira semana toca visitar ao Cidade das Burgas B.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Ata catro partidos tiñan as categorías inferiores do Fisober que se saldaron con resultados de todo tipo.

Na tarde do sábado era a xeira para os femininos do Fisober fronte ao Castro F.S.F. nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Infantil Feminino caeu ante o Castro.

Na Liga Autonómica Infantil Feminina e dentro da 6º xornada de liga o Fisober recibía ao Castro con resultado de cero a catro a prol das lucenses.

Polo Fisober participaron : Alexia, Ruth, Pauliña, Marta, Sabela ; tamén xogaron : Noa, Zoe, Laura Blanco.

Despois tocoulles as cadetes dentro da Liga Autonómica Cadete Feminina e dentro da 6ª xornada de liga o Fisober tamén recibía ao Castro con resultado de igualada a un tantos.

Polo Fisober participaron : Alexia, Sharay, Kenny, Lucía Martínez, Uxía ; tamén xogaron : Pauliña, Ale, Andrea, Lucía Canosa, Nerea, Lucía Rodríguez.

O gol costeiro foi obra da infantil Pauliña.

O cadete masculino gañou 5-6.

Para o domingo quedaba o desprazamento dos equipos masculinos As Pontes para enfrontarse ao Esteo no P. Municipal de As Pontes.

Na Liga Primeira Galicia Infantil Masculina e dentro da 8 ª xornada de liga o Fisober visitaba ao Esteo con resultado de sete a tres a prol dos locais.

Polo Fisober participaron : Brais Dono, Mario, Pablo, Iago, Alex Blanco ; tamén xogaron : Borja, Javi, Julián, Suso, Álvaro.

Os goles costeiros foron obra de Pablo en dúas ocasións e Iago.

Na Liga Primeira Galicia Cadete Masculina e dentro da 8ª xornada de liga o Fisober tamén visitaba ao Esteo con resultado de cinco a seis a prol dos costeiros.

Polo Fisober participaron : Borja, Manu, Alex Sánchez, Mario, Carlos , tamén xogaron : Brais Dono, Vila, Martín, Leo, Adan Cernadas , Brais Noceda.

Os goles costeiros foron obra de Álex Sánchez en catro ocasións, Martín e Carlos.

-Fotos  Fisober FSF
-Texto : Luis Sambad

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.