CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA FS E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE.

María Maroñas, (Fisober FSF).

 

REFERENTE GALICIA 

LIGA AUTONÓMICA

 E.D.M. SALCEDA 1–0 FISOBER F.S.F.

SALCEDA : Luisa, Carmen, Eli, Bárbara, Dolo ; tamén xogaron : Ana, Alex, Carol.

FISOBER : Lía, Adriana, Paula Fandiño, Carre, Mai ; tamén xogaron : Sharay, Kenny, María Maroñas, Saray.

ÁRBITRO : Diego Cabrera 

CRONO : Irene Núñez.

GOL: 0-0 ao descanso , 1-0 min 37 Dolo.

Incidencias : Partido correspondente a cuarta xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no P.M. Salceda de Caselas.

CRÓNICA

O Fisober concedía a súa primeira derrota dende que é adestrado por Dani Costa , que acusou as moita baixas Nuriña operada do xeonllo, Ana lesión de xeonllo , María Dumbría e Laura e aínda así caeu pola mínima.

Comezaba o partido cos dous equipos imprecisos co balón. O Salceda creaba moito perigo. Despois dun saque de esquina enviaba o balón ao pau o conxunto local.

Intentaba respostar Paula Fandiño cun tiro lonxano. A máis clara para as visitantes foi cunha gran ocasión para Mai dende fora do área.

As locais tamén tiñan un novo lanzamento ao pau da portería defendida por Lía.

Con igualada a cero chegouse o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios ambos equipos estiveron moi imprecisos no primeiro cuarto da segunda metade.

As costeiras daban dous chispazos, un primeiro cun tiro de Paula Fandiño ao que non chega Adriana por pouco. E o segundo de novo un envío de Paula Fandiño para Adriana , pero a segundo non acerta cara o gol.

As locais tiñan unha moi boa ocasión desbaratada por Lía. A falla de tres minutos chegaba o único e definitivo gol do partido que desfacía a igualada.

O Fisober intentouno a desesperada nos últimos minutos, cun tiro ao pau de Paula Fandiño ao que case chega Carre ao rexeite. Insistiron as costeiras ata o final pero non tiveron sorte.

A vindeira semana chega a Dumbría o Gaiola santiagués que aínda non coñece a derrota.

++++

CATEGORÍAS INFERIORES

A pesares dos resultados foi unha xornada histórica para o Fisober co debut do seu equipo infantil masculina en categoría galega. Para case todos os xogadores e xogadoras era a posta de largo en categorías galegas a pesares diso rendiron a un bo nivel.

Recordar que segue aberta a posibilidade de incorporarse a calquera dos equipos do Fisober, dende categoría alevín, infantil e cadete feminino, coma infantil e cadete masculino. Preguntando ao club, a calquera dos seus adestradores ou colaboradores, ou presentandose nas I.D. de O Conco en Dumbría. Os adestramentos son : infantil feminino os luns as 19:15 horas, cadete feminino os luns as 20:15 horas, e ambos tamén os venres as 16:40 horas. Mentras que os adestramentos masculinos son os mércores de 17:30 horas a 19:00 horas. As portas do Fisober están sempre abertas para probar a experiencia do fútbol sala.

Na Liga Primeira Galicia Infantil Masculino en partido correspondente a primeira xornada de liga disputado no P. San Francisco Javier de A Coruña na mañán do domingo.

Hércules F.S. “B” 7–0 Fisober F.S.F. 

Polo Fisober : Borja, Martín, Pablo, Iago, Adán ; tamén xogaron : Brais, Mario, Julián, Javi, Suso, Alex.

Na Liga Autonómica Cadete Feminina en partido correspondente a primeira xornada de liga disputado no P. M. Castro Ribeiras de Lea na tarde do domingo.

F.S.F. Castro. 5–2 Fisober F.S.F. 

Polo Fisober : Naira , Kenny, Sharay, Saray, Lucía Canosa ; tamén xogaron : Uxía, Nerea, Lucía Rodríguez, Lucía Martínez.

Os goles do Fisober foron obra de Sharay.

Na Liga Autonómica Infantil Feminina en partido correspondente a primeira xornada de liga disputado no P.M. Castro Ribeiras de Lea na tarde do domingo.

F.S.F. Castro 6–0 Fisober F.S.F.

Polo Fisober : Yaiza, Ruth, Laura, Paula, Marta ; tamén xogaron : Sabela, Lara, Noa.

-Artigo de Luis Sambad para piratasdemuxia.es

-Fotos : Fisober FSF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies