CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA E DOS SEUS EQUIPOS DE FUTSAL BASE.

 

 

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

9 ª xornada

.

FISOBER F.S.F. 2-2 ALONSO & SERODIO VIGO F.S.

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Mai, Carre, Kenny ; tamén xogaron : María Maroñas, Laura, Saray, Adriana, María Dumbría, Sharay.

VIGO : Xiana, Adriana, Andrea, Patri, Iria ; tamén xogaron : Ingrid, Nerea, Ireka, María, Noe, Nuria.

ÁRBITROS : Beatriz Pazos, Javier Fernández.

GOLES : 0-1 min 5 Adriana, 1-1 min 19 Adriana, ( descanso ), 2-1 min 34 Kenny, 2-2 min 38 Patri.

INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría pertencente a novena xornada de Liga Preferente Galica – Liga Autonómica.

Primeiro de todo desexar unha pronta recuperación a nosa xogadora Saray que se lesionou o domingo no transcurso do partido de fútbol do U.C. Cee, sabemos que voltará con máis forzas se cabe as pistas.

CRÓNICA

Aínda que o Fisober non fixo un bo inicio de partido a primeira ocasión foi un tiro lonxano de Paula Fandiño ao pau. Respostaban as visitantes poñendo a proba a Lía.

Pero os cinco minutos xa se poñían por diante as visitantes cun gol de Adriana , as locais tocáballes remar dende o principio.

Costáballe entrar no partido as locais e as visitantes aproveitaban as ocasións a contra.

Tan solo os tiros exteriores de Paula Fandiño creaban algún perigo. As visitantes seguían a poñer a proba a Lía a contra.

E cando parecía que as costeiras ían chegar en desvantaxe ao tempo de lecer unha parede entre Paula Fandiño e Adriana rematou co gol desta última para poñer a igualada no electrónico.

E a piques estivo de darlle a volta o partido Paula Fandiño cun tiro ao longueiro antes de ir cara vestiarios.

O inicio da segunda metade tivo algunha ocasión para ambos equipos pero sen moita importancia.

Unha parede entre Saray e María Dumbría a piques estivo de darlle a volta ao tanteador. Pouco despois era Saray a que tiña unha nova opción.

Agora era María Dumbría a que tiña unha gran oportunidade desbaratada pola porteira.

As olívicas seguían a crear perigo a contra, entre Lía e Adriana desfacían o perigo visitante.

Dunha boa ocasión entre Paula Fandiño e Adriana na contra case marcan as visitantes. Despois dun saque de esquina Kenny anda máis lista ca ninguén para poñer en vantaxe as costeiras nos últimos minutos.

De novo entre Paula Fandiño e Adriana case marcan un novo gol.

As visitantes deciden arriscar co xogo de cinco e obtiveron o seu premio co dous a dous final con pouco máis de dous minutos para o remate.

Despois o resultado xa non trocou.

A vindeira semana toca visita ao Fervenza B.

.

CATEGORÍAS INFERIORES

Tan solo competían os equipos infantiles tanto feminino coma masculino este fin de semana , ambos a domicilio e non foron quen de traerse nada para Dumbría.

.

.

Na tarde do sábado e dentro da cuarta xornada de Liga Autonómica Infantil Feminina o Fisober visitaba o P.M. de Vista Alegre en Burela con Iria de Luis e Isabel Pérez coma colexiadas, con resultado de cinco a un a prol do ADC Burela Pescados Rubén.

Polo Fisober participaron : Yaiza, Ruth, Laura Blanco, Marta, Sabela , tamén xogaron : Lara, Noa.

O gol costeiro foi obra da capitana Ruth.

.

.

Para a tarde do domingo quedaba dentro da sexta xornada de Liga Primeira Galicia Infantil masculina o Fisober visitaba o P. do Complexo Deportivo Municipal de A Gandara en Narón con Ramón J. Bujía coma colexiado, con resultado de dous a un a prol do Cidade de Narón.

Polo Fisober participaron : Brais Dono, Pablo, Javi, Suso, Álex ; tamén xogaron : Mario, Juli, Vila.

O gol costeiro foi obra de Vila.

.

-Fotos : Fisober FSF

-Texto : Luis Sambad

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies