CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA E DOS SEUS EQUIPOS DE CATEGORÍAS INFERIORES.

 

 

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

8 ª xornada

BEMBRIVE F.S.  3-1  FISOBER F.S.F. 

BEMBRIVE : Paula, Raquel, Isa, Andrea, Antía ; tamén xogaron : Antía Martínez, María, Marga, Lucía, Carla, Clau, Paula Sánchez.

FISOBER : Lía, Adriana, Mai, Paula Fandiño, Carre ; tamén xogaron : Kenny, Uxía, Sharay, Saray, María Maroñas.

ÁRBITROS : Andrés Pinilla, Isabel Genovese.

GOLES : 0-0 ao descanso, 1-0 min 23 Saray en p.p. , 2-0 min 26 Clau, 3-0 min 31 Isa, 3-1 min 36 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 8 ª xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado no P.M. de Bembrive en Vigo.

CRÓNICA

Moi bo partido do Fisober que prantou cara na difícil pista viguesa do segundo clasificado e na que un gol en propia porta rachou un partido igualado, iso si trouxose unha nova lesión de Vigo desta vez de Adriana e van infinitas xa esta tempada.

Comezaban moi fortes as locais facendo intervir xa a Lía nas primeiras xogadas. O Fisober non se amilanaba e respostaba cunha combinación entre Paula Fandiño e Adriana que non era quen de rematala en gol.

Outra ocasión a contra foi unha combinación entre Mai e Carre que non chegou a bo porto. As locais tampouco renunciaban e Lía volvía aparecer de forma milagrosa.

Ademais chegaba a lesión de Adriana que era un inconvinte máis para as costeiras esta tempada. O Fisober comezou a defender de forma moi intensa e as locais intentabano con tiros exteriores. Nun saque de esquina case acadan o gol as olívicas.

A resposta foi por parte de Paula Fandiño pero o resultado xa non trocaba nesta primeira metade.

A volta dos vestiarios co resultado gafas, comezaban golpeando as costeiras cun lanzamento de Paula Fandiño que case poñe por diante as visitantes.

O Fisober creaba moitas ocasións e as locais menos pero con gran perigo para Lía. Pero todo trocou cando despois dun saque de esquina Saray introducía o balón na propia portería para poñer en vantaxe as olívicas.

O gol mudou o partido e despois dun roubo chegaría o segundo gol local obra de Clau. O Fisober decidiu arriscar cunha presión moi intensa pero os froitos non chegaban.

Quen si se aproveitou foi o conxunto local co terceiro obra de Isa.

As costeiras non se rendían e Paula Fandiño acurtaba distanzas pero o resultado xa non se moveu máis.

A vindeira semana outro enfrontamento cun conxunto olívico desta vez coma locais contra o Alonso & Serodio Vigo F.S. .

++++

CATEGORÍAS INFERIORES 

Este fin de semana tan solo competían as inferiores masculinas do Fisober e fixérono na tarde do domingo en dobre enfrontamento co Academia RedBlue 5 Coruña nas I.D. de O Conco en Dumbría.

-O primeiro partido sería para o Infantil do Fisober en partido correspondente a quinta xornada de Liga Primeira Galicia Infantil Masculina, disputado no Conco fronte ao Academia RedBlue 5 Coruña. O resultado foi de un a dous a prol dos herculinos con Pablo Bouzas coma colexiado asignado.

Polo Fisober participaron : Brais Dono, Mario, Pablo, Iago, Alex ; tamén xogaron : Borja, Martín, Javi, Julián, Suso.

O gol costeiro foi obra de Javi nun partido moi igualado.

-No segundo partido da tarde xogou o Cadete do Fisober en partido correspondente a quinta xornada de Liga Primeira Galicia Cadete Masculina, disputado no Conco fronte ao Academia RedBlue 5 Coruña. O resultado foi de dous a tres a prol dos heculinos con Pablo Bouzas coma colexiado asignado.

Polo Fisober participaron : Alex Sánchez, Manu, Carlos, Brais Noceda, Mario ; tamén xogaron : Leo, Álvaro, Adan Cernadas, Sergio, Manu Vila.

Os goles costeiros foron obra de Manu, nun partido no que os costeiros dispuxeron de catro disparos aos paus co resultado de igualada a cero.

-Fotos : Fisober FSF

Texto : Luis Sambad

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.