CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

Carre, Raquel e Lía nun lance do xogo.

 FISOBER F.S.F. 6–3 S.D. A GAIOLA

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Carre, Mai, Kenny ; tamén xogaron : Adriana, Laura, Uxía, Sharay, María Maroñas, Saray.

GAIOLA : Bea, Sofía, Marta, Raquel, Estela ; tamén xogaron : Antía, Mirian, Carlota, Sara.

ÁRBITROS : Valentín Presedo, Xurxo Ameneiro.

GOLES : 0-1 min 13 Carlota, 1-1 min 14 Uxía, 1-2 min 18 Sofía, ( descanso ), 2-2 min 21 Paula Fandiño, 3-2 min 23 Kenny, 4-2 min 25 Paula Fandiño, 4-3 min 26 Marta, 5-3 min 28 Paula Fandiño, 6-3 min 28 Carre.

Partido correspondente a quinta xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonomica disputado na tarde do sábado no P.M. de Cee.

O Fisober acadou un importante triunfo ante un dos equipos invictos da competición remontando ata dúas veces e axudado polas xogadoras da canteira para paliar a praga de lesións que afecta ao equipo.

Saiu apretando o Gaiola e xa creou perigo nos primeiros minutos cun tiro exterior. Respostou Paula Fandiño cunha dobre oportunidade. Pasaban os minutos e o resultado non trocaba.

Ata que a pouco máis de sete para o fin Carlota adiantaba as visitantes. Despois dun tempo morto local , era a cadete Uxía a que igualaba o electrónico para as costeiras. Que tiveron unha nova oportunidade para desnivelar o electrónico por parte de Adriana.

Cando parecía que se collería o camiño dos vestiarios con igualada Sofía adiantaba as santiaguesas nunha contra a pouco máis dun minuto para o fin. Un centro chut de Carre ao que case chega Adriana supuxo a última ocasión costeira antes do tempo de lecer.

Na primeira xogada da segunda metade un lanzamento de Paula Fandiño e a distracción de Uxía serviron para igualar a contenda. A resposta foi cun lanzamento do Gaiola ao pau.

A segunda metade tiña máis ritmo e Uxía a piques estaba de marcar. Un roubo de Paula Fandiño e o posterior envío a Kenny supoñía o tres a dous local por mediación da cadete.

De novo unha omnipresente Paula Fandiño nesta segunda metade tiña a oportunidade costeira. Mirian tamén tiña unha oportunidade para as visitantes.

Quen non perdoaba agora era Paula Fandiño despois dun lanzamento de falta. A resposta foi case inmediata cun novo gol visitante por medio de Marta.

O partido estaba tolo e de novo Paula Fandiño poñía dous de vantaxe para as costeiras completando a súa tripla de goles.

E nese mesmo minuto despois dunha cesión das visitantes, Paula asiste a Carre para poñer tres goles de vantaxe.

O partido seguiu con ocasións pero sen máis goles xa. Mai e Uxía puideron marcar para o Fisober e as visitantes puxeron a proba a Lía.

A vindeira semana toca visitar ao líder invicto Celanova, pero sen dúbida o Fisober estará pendente esta semana dos resultados da resonancia da súa capitana Ana.

++++

CATEGORÍAS INFERIORES

Este fin de semana tan solo saían a palestra os equipos masculinos e ambos xogaban na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Na Liga Primeira Galicia Infantil e dentro da segunda xornada de competición chegaba O Parrulo a Dumbría. Os ferroláns levábanse un igualado partido por 0 a 1.

Polos costeiros comparecían : Borja, Pablo, Javi, Julián, Adan Caamaño , participando tamén : Brais, Mario, Suso, Álex, Iago.

Os costeiros venderon moi cara a derrota e tiveron opcións de puntuar ata os últimos segundos. A vindeira semana os costeiros visitan S.D.C.Y R. Narón O Freixo.

Na Liga Primeira Galicia Cadete e dentro da segunda xornada de competición aínda que era a primeira para os costeiros que descansaron na primeira xornada chegaba o Eumemotor F.S. Pontedeume.

Polos costeiros comparecían : Brais Dono, Martín, Manu, Carlos, Mario , participando tamén : Borja, Ángel, Adán Cernadas , Brais Noceda.

Noutro partido moi igualado e nos que os costeiros empurraron na busca de puntuar ata o fin, foi o muxián Manu o que fixo os históricos primeiros goles dun equipo masculino do Fisober nunha competición galega. A vindeira semana ao igual co equipo infantil visitan ao S.D.C. Y R. Narón o Freixo.

-Texto : Luis Sambad

-Fotos : Fisober FSF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.