CRÓNICAS DOS ENCONTROS DE COPA DOS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER FSF.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Lu Martínez fixo un dos goles do equipo feminino.
 
-Crónica dos encontros de Copa
das categorías inferiores do Fisober FSF-


O Fisober FSF “B” caía  por un axustado 3-2 ante un dos “cocos” o Academia Red Blue 5 Coruña na Copa Primeira Galicia, (o que antes era a Copa Provincial), namentrfas que o equipo infantil clasificábase para a “Final Four” da Copa Galega Infantil, tras derrotar ao Error Ferrol a Fervenza por 3-1…Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do FisoberFSF.

 

COPA PROVINCIAL

 

ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA 3–2 FISOBER B F.S.F.

5 CORUÑA : Natalia, Nerea, Ana, Sandra, Leny ; tamén xogaron : Alba Canosa, Antía, Rocío, Mel, Alba.

FISOBER B : Naira, Lucía Rodríguez , María Maroñas, Lucía Canosa, Saray ; tamén xogaron : Sharay, Lucía Martínez, Andrea.

ÁRBITRO : Héctor Pérez

CRONO : Juan Rivera.

GOLES : 1-0 min 1 Ana, 1-1 min 14 Lucía Martínez, 2-1 min 15 Mel, 3-1 min 20 Nerea, 3-2 min 23 Saray.

INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado no P.M. Barrio das Flores da Coruña correspondente a 7ª xornada da Copa Primeira Galicia – Copa Provincial no seu grupo B.

 

CRÓNICA

 

O filial prantou cara a un dos grandes da categoría ao igual que na primeira volta da liguiña e caeu pola mínima na Coruña, cun plantel pragado de infantiles.

Empezaron mal as cousas para o filial costeiro recibindo un gol ao pouco de comezar por parte de Anita.

As herculinas apretaron moito nestes primeiros minutos e o filial pechouse atrás e intentou saír a contra.

Nunha desas contras a infantil Lucía Martínez facía a igualada para as do filial costeiro.

Pouco lle durou a ledicia as xogadoras do Fisober B xa que no seguinte minuto Mel poñía de novo por diante as locais.

Pouco despois Nerea facía o terceiro gol herculino, ao que respostou Saray antes de chegar ao tempo de lecer.

Co tres a dous voltouse dos vestiarios , co mesmo guión de partido dominio local e as costeiras intentando saír a contra.

As herculinas tiveron as súas opcións para pechar o partido antes dos últimos minutos pero non foron quen de logralo a non aproveitar as súas claras ocasións de gol.

Iso provocou que o filial costeiro se lanzara na busca da igualada nos últimos minutos de partido pechando as herculinas no seu campo e gozando de moi boas ocasións , facendo padecer as locais pero o resultado non se moveu.

A vindeira semana o filial xogara en Dumbría fronte ao Pontedeume.

 

++++++++++++++++++


COPA INFANTIL

 

 

FISOBER F.S.F. 3–1 FERROL A FERVENZA

FISOBER : Alexia, Sharay, Lucía Rodríguez, Saray, Lucía Canosa ; tamén xogaron : Alejandra, Laura, Ruth, Uxía, Lucía Martínez.

FERVENZA : Iria, Julia, Keira, Irene Cela, Irene Pol, tamén xogaron : Inés , Ainara, Paula, Sofía, Antía , Sofía Ferreiro.

ÁRBITRO : Iván Vidal

CRONO : Lucía Blanco.

GOLES : 1-0 min 4 Lucía Canosa, 1-1 min 14 Sofía, ( descanso ) , 2-1 min 33 Lucía Martínez, 3-1 min 38 Lucía Canosa.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 5 ª xornada na Copa Galega Infantil femenina no seu grupo A disputado na mañán do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría.

 

CRÓNICA

 

O Fisober logrou o triunfo ante A Fervenza e acadou a clasificación para a Final Four de Copa a celebrar en lugar e data por determinar.

Coma nas tres ocasións anteriores esta tempada foi un partido igualado e competivo entre ambas escadras que non se decidiu ata os últimos minutos de partido.

Arrancaron ambos conxuntos moi fortes pero o primeiro en pegar foi o costeiro cun gol de Lucía Canosa para poñer en vantaxe as súas.

As visitantes non se rendiron e lograron igualar cun gol de Sofía Calderón para poñer o resultado en táboas. Un resultado co que se chegou ao tempo de lecer.

Despois da volta de vestiarios o partido continuou co mesmo guión e moi igualado. Os dous conxuntos tiñan as súas opcións pero o resultado non se moveu ata que apareceu Lucía Martínez para facer o segundo gol costeiro.

Antes do fin un novo gol de Lucía Canosa facía o terceiro gol local e selaba o pase para a Final Four copeira das costeiras. Con este triunfo o Fisober remataba a liguiña e tocará esperar a celebración da Fase Final.

Pero a vindeira semana si terán partido aínda que doutra competición xa que xogarán o sábado a final do campionato provincial fronte ao Viaxes Amarelle en Outes. Unha fase final provincial na que tamén participará o equipo alevín feminino, tamén en Outes e co Viaxes Amarelle e o Jogafan Ordes como rivais alevíns femininos.

 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-