INFERIORES FISOBER
.
.
Como durante o Entroido non falamos nada das nosas inferiores que si tiveron algún que outro partido, vamos xuntalo todo neste resumo.
.
.
.
.
Na Liga Galega Infantil Masculina o Fisober visitaba na tarde deste pasado sábado ao Club Del Mar San Amaro en partido correspondente a terceira xornada da 2º fase dentro do grupo Norte 2, con resultado de igualada a dous tantos.
.
Polo Fisober formaron: Adrián, Sergio, Eloy, Pablo Taboada, Mario ; tamén xogaron: Miguel, Borja, Xavi, Rubén, Gael.
.
Os goles costeiros foron obra de : Xavi e Gael.
.
Os colexiados foron David Kumor e Nicolás Villegas.
.
A vindeira semana reciben ao Stellae Karymo Peluqueros coma locais.
.
.
.
.
O pasado domingo de Entroido o equipo Infantil Masculino disputaba partido de Copa fronte ao AJ Pombo Hércules e daba a sorpresa gañando a domicilio por un a tres no P.M. Barrio das Flores.
,
Polo Fisober formaron: Adrián, Borja, Xavi, Mario, Gael ; tamén xogaron: Miguel, Sergio, Rubén e Pablo Taboada.
.
Os goleadores costeiros foron Mario, Pablo Taboada e Xavi.
.
Os colexiados foron Guille Martínez e John Arce.
.
.Xa se sorteou a vindeira eliminatoria e o Fisober de novo xogará a domicilio desta vez fronte ao At. Fátima.
.
.
.
.
Na Liga Galega Cadete e dentro do seu grupo Norte o Fisober xogaba nas ID de O Conco en Dumbría a xornada 19 coa visita do 5 Coruña B e con resultado de sete a dous a prol dos costeiros.
.
Polo Fisober formaron: David, Juan Emilio, Pablo Costa, Alex, Javi; tamén xogaron: Brais, Mario, Arturo, Pablo Taboada, Adrián, Iago Insua.
.
Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa en dúas ocasións, Pablo Taboada, Adrián en dúas ocasións, Álex, Javi.
.
Os colexiados foron Adán Cabo e Mateo Ameneiro.
.
A vindeira semana visitan ao Cidade de Narón.
.
Xa coñecen tamén o seu primeiro rival en Copa que será o Parrulo coma local.
.
.
Na Liga Galega Alevín Feminina o Fisober viaxaba o pasado luns día 20 a Redondela para disputar as dúas últimas xornadas desta fase. Os partidos disputáronse no Municipal de Chapela.
.
Viaxaron co Fisober : Carlota, Icia, Iria, Lola, Carmen, Claudia, Ainara, Alba, Sabela, Sara, Zoe, Xiana.
.
Obtiveron un triunfo ante o Arealonga Chapela por tres a cero con goles de Carmen en dúas ocasións e Ainara. E unha derrota por dezaseis a un ante o SDCR Narón o Freixo con gol de Claudia para as costeiras.
.
.
-Fotos e Texto : Prensa Fisober/Luis Sambad
.
.