CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA 9ª Xda DO “TORNEO CONDELLO DE CARBALLO” E “TORNEO ASESORÍA CERVANTES”

“TORNEOS FUTSAL DE CARBALLO”


O “Carballo Calero” carballés disfrutou de bo futsal.

Crónica dos encontros da 9ª xornada do

“Torneo Concello de Carballo” e o “Asesoría Cervantes”-

Aquí tes todo o que deron de sí os encontros da 9ª xornada do “Torneo Concello de Carballo” e o “Torneo Asesoría Cervantes”, todo da man do noso colabroador Juan Ferreiro, así mesmo tamén vos informamos que mañán martes 14 de maio disputarase o 3º e 4º posto e a final da “Copa Hotel Restaurante Punta del Este”, no pavillón ” Carballo Calero” carballés a partires das 21:30 horas.

 
-9ª Xornada de Torneos-
 
Torneo Concello de Carballo
 
O Bar Rosalía de Ponteceso dá por finalizado o Torneo Concello de Carballo a falta dunha xornada para o remate do campionato, os de Iván, que se enfrontaban a un Anonymous, que demostrou ó largo da competición ser un equipo competitivo e sobre todo moi relevante para a 40ª Liga de Carballo de Fútbol Sala, necesitaban, polo menos, puntuar para non depender do gol average. E así foi, vitoria pola mínima e 3 puntos máis para o seu casilleiro. Comezaba o partido no Carballo Calero entre o Anonynomus e o Bar Rosalía, partido de ida e volta con goles para os dous equipos, adiantábanse os de Germán por mediación de Schuster, pero no descanso o marcador sería de empate a 1 goles. Na segunda parte mesma mecánica de xogo, esta vez serían os de Ponteceso os que se adiantarían no marcador e os de Anonymous recortarían distancias por mediación de Pablo, nos últimos compases do encontro, unha xogada de ataque por parte de Anonymous que no resultaría de todo exitosa, sería paroveitada polo Bar Rosalía para marcar o último gol do encontro, ó final 2 a 3 no marcador e os tres puntos para un Rosalía que xa se sabe vencedor do Torneo do Concello de Carballo.
 
No segundo encontro da xornada que enfrontaba o Cervecería O Pazo co Boa Estrela, e sabéndose que o liderado do Torneo era cousa doutro, o partido pasaría a ser un encontro con pouca intensidade pero con bo xogo. Os de Pazos lograrían facer 4 dianas, dúas em cada metade para facerse cos 3 puntos, que si ben non serven para facerse co Torneo Concello de Carballo, si pode darlles a 2º praza a expensas do que fagan os de Discoteca Al Lío – Asesoría Afico no última xornada.
 
 
Torneo Asesoría Cervantes
 
O Brasería Carballo – Cervecería Beos tamén sentencia o Torneo Asesoría Cervantes logo de ganar o seu partido con solvencia ante o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio. Os de Gontad si se amosaron competitivos nun principio, e lograban marca antes co Brasería Carballo. Reaccionarían ben estes últimos e irían ó descanso cun 1 a 5 ó seu favor. Xa na segunda metade os de Damián seguirían na mesma tónica e aínda que os de Ponteceso, foron capaces de anotar outro tanto, de nada serviría, ó final 2 a 9 no marcador.
 
Pola outra parte, o Interfutsal Deportes San Remo, sabendo que unha vitoria súa e unha derrota do Brasería Carballo – Cervecería Beos, podía darlles unha xornada máis de alento e unha xornada final de infarto cun enfrontamento directo que determinase o Torneo Asesoría Cervantes, saiu a facerse co partido e a vitoria. Aínda así, o Taberna D’Jous – Bar Ginebra lograría facerse co empate. Os de Interfutsal, en vez de virse abaixo, lograrían compoñerse e facerlle 3 goles máis ó Taberna D’Jous – Bar Ginebra. Xa na segunda metade e coas forzas do D’Jous mermadas, o interfutsal marcaría 4 goles máis e ó final 1 a 8 no resultado final do encontro.
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

 

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies