O Ameixenda caeu no derbi ante o Corcubión.
3ª DA COSTA
13ª Xornada
Ameixenda 1-3 Corcubión
Nantón 5-1 Camelle
Laxe 6-1 Castrelo
Outes 0-0 Monte Louro
Camariñas 3-0 Sporting Seaia
CRÓNICAS
SD Ameixenda 1-3 UD Corcubión
Fernando, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “”O día da marmota” ben podía ser o titular do partido de hoxe. O Ameixenda, máis que o mellor xogo dos rivais, condenao os seus erros en xogadas sin perigo que terminan en gol. O equipo saiu ben, controlando e mesmo achegándose a área de Marcos con certa facilidade ata que no m.20, un centro sin perigo escápalle a Rubén das mans permitíndolle a Mario marcar a pracer. De novo a remar contra corrente, pero desta vez con premio, xa que 10 minutos despois Torices facía un bo disparo que Marcos rexeitou con apuros e Ezequiel aproveitou para empatar. Debería servir o gol para tranquilizar o xogo, non perder balóns e así non darlle opcións o Corcubión. Pero lonxe deso, xurdíu a precipitación, as presas e a perda de varios balóns que lle daban a opción o Corcubión de sair a contra, coma no m.42, nunha xogada iniciada cunha recuperación de balón en campo propio que o Ameixenda non foi quen de parar nin de facer falta, e nunha serie de erros en cadea, de “botes e rebotes”, o balón finalmente quedoulle a Antón para facer o 1-2. No segundo tempo tivo o Ameixenda varias chegadas con perigo, pero foi de novo o Corcubión o que marcou de falta directa, dende máis de 25 metros por medio de Iago Lema. Era o m.70 e xa quedaba o partido prácticamente resolto. Nin siquera a lesión nun dedo de Marcos (que non sexa nada) e ter que poñerse un xogador de campo na portería lle servíu o Ameixenda para marcar. O final 1-3, e a semana que ven a Camariñas”.
Antón Lestón, (Xogador do UD Corcubión/Radio Nordés) : “Chegabamos ao partido con ganas de seguir coa nosa boa racha para intentar achegarnos aos playoffs e viuse no campo nos primeiros minutos, onde fomos superiores ata marcar o 0-1. Pero a partir de ahí, o Ameixenda reaccionou e mereciu marchar con un empate ao descanso pese ao noso segundo gol. Na segunda penso que volvemos a ser superiores e tuvemos varias ocasións para sentenciar, aínda que sería Lema con un tremendo golazo de falta dende máis de 25 metros o que faría 1-3. A partir de ahí, o partido xa baixou moito en ritmo”.
CD Nantón 5-1 SD Camelle
Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Controlamos o partido facendo un bo xogo desde o minuto 1. Saiamos co balón desde atrás, e cada vez parecemonos máis ao que quería deste equipo desde principio de tempada: intensidade, control do balón e traballo. Onte viuse caracter do equipo, que non se relaxou en ningún momento. Ademais, temos xente que marca as diferenzas e empezase a notar”.
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Desta vez non hai moito que dicir : xogou con máis intensidade, órde, e máis forma física o Nantón, e levouse o partido con claridade. Quizais moi excesivo o resultado, pero vitoria xusta. Temos que acabar o ano o millor posible e romper esta racha negativa, de resultados, sancións e lesións”.
SD Laxe 6-1 CF Castrelo
José Antelo, (Adestrador do SD Laxe) : “Un partido de poucos comentarios. Eles viñeron con poucos efectivos, e nós puxémonos pronto por diante, e xa ca primeira parte quedou sentenciado o partido,a segunda dous goles nosos e un deles e pouco máis”.
Sergio, “Crejo”, (Adestrado CF Castrelo) : “Partido no que chegábamos xustos de efectivos e sen porteiro. No comezo do partido nas casi 4 primeiras aproximacións chegarían 4 goles, eles baixaron o ritmo e o partido igualouse un pouco en posición. Na segunda parte sairíamos mellor ca eles, tendo o xogo e mailas ocasións, e así marcaríamolo gol da honra. Xa nos últimos minutos, cando as forzas dos xogadores xa non daba para máis marcarían eles en duas ocasións”.
Outes CF 0-0 UD Monte Louro
Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) : “Partido entre doua equipos con temor a perder … Primeira parte donde non houbo un dominador claro, na que nós pecamos de certo nerviosísimo e costounos entrar no partido. Na segunda parte correximos algúns aspectos e pasamos a dominar o partido pero errando no remate final. Resultado xusto para mín”.
Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Partido moi disputado en Outes. Primeira parte moi igualada con moito respeto e tamén moito xogo en longo. O Outes tería un par de ocasións e o Monte Louro tamén, nun par de accións a balón parado. Na segunda parte o Outes saíria con todo e e con balóns longos e en xogadas a balón parado, levaría moito perigo a meta de Marcos. A “U.D.” tamén tería a sua gran oportunidade cun xogadón de Minos que se foi o longueiro”.
Camariñas FC 3-0 Sporting Seaia CF
Berto Suárez, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido sen moita historia, controlado durante os 90 minutos, e máis ben parecía un adestramento sin púbrico . Moi superiores con 2 goles de Mario e 1 de Brandon, que éstan metendo gol ante a falta dos goleadores Javi e Nazo”.
Sánchez Da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que empezamos defendendo, a un Camarinñs que atacaba con moito perigo polas bandas, e asi marcaría o primeiro gol, que chegaba dun centro e un bo remate de cabeza. Eso baixounos algo a moral e pouco despois marcarían outro, en claro fora de xogo, e asi fomos o descanso. Na segunda sairíamos máis arriba a intentar meternos no partido, e cando estabamos mellor, nunha contra marcaron o 3-0, e pouco a pouco foron pechando o partido”.
PROXIMA XORNADA, (14ª)
Camelle-Corcubión : (21/12 ás 17:00 horas)
Castrelo-Porteño : (22/12 ás 16:30 horas)
Monte Louro-Laxe : (22/12 ás 16:30 horas)
Sportimg Seaia-Outes : (22/12 ás 16:30 horas)
Camariñas-Ameixenda : (22/12 ás 16:15 horas)
Descansa : CD Nantón
CLASIFICACIÓN
1º-Camariñas : 31 Puntos
2º-Outes : 29
3º- Monte Louro : 22
4º-Nantón : 19
5º-Laxe : 17
6º-Seaia : 16
7º-Camelle : 14
8º-Corcubión : 13
9º-Ameixenda : 9
10º-Porteño : 9
11º-Castrelo : 5.
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.
-Foto : Fernando delegado do SD Ameixenda
Texto : Colaboradores/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.