Trala derrota deste pasado Domingo do Camariñas FC en Louro, (3-2), xa non hai equipos invictos no fútbol costeiro, no que os camariñáns eran os únicos das 4 ligas nas que hai equipos da costa senior federados. Os camariñáns non sairon nada contentos da arbitraxe ante o UD Monte Louro. Conservan o liderato co Outes CF como colider cos mesmos 28 puntos.
Tan só quedaron dous encontros para a tarde do Domingo o do lider en terras louresas e o gran derbi que enfrontaba ao SD Camelle e o CF Porteño ao que ambos equipos chegaban co xusto, por lesións, sancións e viaxes da ponte da Constitución, pero salía mellor o equipo da Ponte do Porto que se levaba os 3 puntos, (1-3).
Durante a semana unha escolma de fotos do Camelle-Porteño
por Vicky Búa.
.
CRÓNICAS
SD Camelle 1-3 CF Porteño
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Presentámonos os dous equipos con moitas baixas. Por a nosa parte tivemos que facer moitos cambios de posicións con respeto a outros partidos. Os chavales déronno todo no campo, pero non foi o noso partido. Só queda felicitar o Porteño, e levantarse pensando sxa no próximo partido”.
Manuel Castiñeiras, (Presidente do CF Porteño) : “Partido nun campo moi difícil polo mal estado do campo. O Porteño con moitas baixas e só 13 xogadores. e sen porteiro, púxose un xogador de porteiro. Adiantase o Camelle nun córner no minuto 10 aproximadamente. A partir de aí ocasións do Porteño e marcamos no minuto 20 a balón parado por mediación de Ángel. A partir de aí o dominio do xogo foi noso. Chegamos 1-1 o descanso. Na segunda parte subimos líñas e marcamos 1-2 por medio de Wii nun saque de banda de Manuel. Seguimos tendo ocasións e no 85 marca Joseba un auténtico golazo. Aí o Camelle queda con 10 e xa non pasou nada máis.
SD Camelle : Calipo, Rubén, Rodrigo, (Roi, 87´), Crístian, (Vieites, 46´), Santi “Maka”, Tedín, (Marce, 71´), Dido, Mario, Miguel Riveiro, David do Correo, e Carlos.
CF Porteño: Manoliño , Pejo , Ánxo , Manu “Presi”, Mario, Cachi, Ángel, Vicente, Edgar, (Josiño, 87´), Joseba e Wii, (Josiño, 85´).
Goles : 1-0, Dido, (5´); 1-1, Ángel, (17´); 1-2, Wii, (57´); 1-3, Joseba, (81´).
Incidencias : Expulsado con vermello direto o xogador camellán Carlos no 85´.
.
.
UD Monte Louro 3-2 Camariñas FC
Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Gran victoria do Monte Louro ante un gran equipo, que de seguro e o gran favorito para acadar o titulo. Nesta ocasión a U.D. trocamos o sistema de xogo con un claro 1-5-3-2 que foi unha das claves do partido, así cas espaldas cubertas lograríamos sair a contra con perigo. Xa nos primeiros minutos acadaríamos o primeiro gol nun saque de esquiña rematado no segundo pau por Geiko. O dominio do balón era para o Camariñas que empezaba a facernos dano polas bandas, e así acadaría o empate antes de terminar a primeira parte. Na segunda máis do mesmo, posesión do Camariñas con un par de ocasións moi claras, pouco despois sorpredería a U.D. nun saque de banda que outra vez Geiko, clavaría un auténtico golazo. O Camariñas lanzado o ataque embotellaría o Montelouro na sua área e a 5 minutos do final, tras varios fallos no despexe chegaría o empate. Xa cando o partido parecía terminado e cun Monte Louro pedindo a hora, e con 10 xogadores facia 20 minutos, collía unha contra que culminaría Rampante, e así chegaría o delirio na “Agra da Filgueira”. Tres puntazos ante posiblente o mellor equipo da liga”.
Berto Suárez, (Adestrador do Camariñas FC) : “Prefiro non comentar sobre o encontro, porque se digo o que penso…”
.
O adestrador camariñán apórtanos este vídeo dun penalti non pitado sobre Brandon :
.
Goles : 1-0, Gabriel Hermida, (10´); 1-1, Brandon, (29´); 2-1, Gabrieal, (59´); 2-2, Soule, (85´); 3-2, Samuel, (90´).
Incidencias : Expulsado por dobre cartón o xogador do UD Monte Louro, Gabriel Hermida, (40´e 78´).
.
Partidos do venres e sábado
Sporting Seaia 2-1 Nantón, (Crónica)
Corcubión 2-0 Nantón, (Crónica)
Castrelo 0-3 Outes, (Crónica)
.
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.
-Foto : Vicky Búa
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.