CRÓNICAS DOS DERRADEIROS ENCONTROS DOS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER FSF NOS CADETES E INFANTÍS MASCULINOS.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Na Liga Galega Infantil no seu grupo Norte polo título e dentro da 16ª xornada de Liga o Fisober recibía ao Club del Mar San Amaro nas ID de O Conco en Dumbría con triunfo para os visitantes por dous a cinco.

Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Iago Insua, Pablo Taboada; tamén xogaron: Miguel, Arturo, Gabriel, Mario, Manu, Eloy, Juan Emilio.

Os goles costeiros foron obra de Adrián e Pablo Taboada.

Os colexiados foron Noemí Costoya e Carlos Raggiati.

A vindeira semana o Fisober descansa e rematará a liga visitando ao Liceo.

No partido correspondente a xornada 14 o Fisober recibía fai dúas semanas ao SCRD Narón o Freixo nas ID de O Conco en Dumbría con triunfo visitante por dous a tres.

Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Eloy, Iago Insua; tamén xogaron: Miguel, Arturo, Mario, Manu.

Os goles costeiros foron obra de Mario e Adrián.

Os colexiados foron Jairo Mosteiro e David Miras.

A semana pasada no partido correspondente a xornada 15 o Fisober visitaba ao CP Casás no P. M. D. de Lugo con triunfo costeiro por cero a catro.

Polo Fisober formaron: Miguel, Adrián, Juan Emilio, Iago Insua, Pablo Taboada; tamén xogaron: David e Manu.

Os goles costeiros foron obra de Juan Emilio en dúas ocasións, Manu e Adrián.

Os colexiados foron Juan Castedo e Adrián Figueroa.

Na Liga Galega Cadete no seu grupo Norte e dentro da 26 ª xornada de liga o Fisober recibía o sábado pola tarde ao Troula Betanzos nas ID de O Conco en Dumbría con resultado de catro a dous a prol dos costeiros.

Polo Fisober formaron: Brais, Javi, Alex, Adan, Iago Larrañaga; tamén xogaron: David, Adrián, Pablo Costa, Iago Insua.

Os goles costeiros foron obra de Javi, Alex, Adrián, Iago Insua.

Os colexiados foron Noemí Costoya e Carlos Raggiati.

A vindeira semana o Fisober visita ao CP Casás.

A pasada semana en partido correspondente a xornada 25 o Fisober visitaba os Meigallos no P. M. Jose Mario González – O Chanto Sarria con resultado de igualada a cinco.

Polo Fisober formaron: Brais, Javi, Iago Larrañaga, Álex, Adan; tamén xogaron: Iago Insua, Juan Emilio , Adrián.

Os goles costeiros foron obra de Adrián en dúas ocasións, Javi, Adan e un en propia porta.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies