CRÓNICAS DOS DAZASEISAVOS DE FINAL DA “LVIII COPA DA COSTA” : “XORNADA CON ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA E VARIOS ENCONTROS DECIDIDOS NA PRÓRROGA E PENALTIS”.

– Dazaseisavos da LVIII Copa da Costa-

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

 

SD Camelle 0-3 Muxía CF

Nova gran entrada no Rodeiro de Camelle. Non foi a da final polo ascenso pero xuntou en torno a 300 afeccionados que en harmonía animaron cada un os seus e houbo aplausos para ambos en conxunto, xa que fronte a fronte estaban dous equipos con moitos vínculos, co mesmo número de xogadores muxiáns en ambas escadras e todos tiveron os seus minutos para enfrontarse aos que nalgunha edade e intre foron compañeiros no equipo muxián. Con todo iso o encontro foi moi dispputado e no rectángulo de xogo foron rivais, para o final compartir churrascada amenizada polo clube muxiáns para xogadores e afeccionados con preto de 30 kgs de costella e chourizos. Un erro de entendemento antre a defensa camellana aos 7 minutos de xogo provocaba que o xogador vimiancés do Muxía Maikel Mouzo aparecese de por medio para adiantar aos da Vila da barca, puido empatar pouco despois o equipo camellán nun saque de falta en medio campo que lanzaba Huchiño e prolongaba de testa Dido índose o balón fora pegado o segundo pau. Moito mediocampismo con máis chegadas dos muxiáns que dispuxeron de varios corners que non conseguiron rematar antre os 3 paus.

Xa na segunda metade e aos poucos de comezar, un balón botado dende a banda, tras haber decretado o colexiado balón para os muxiáns o haber parado o xogo por atender a un xogador, caíalle a Manu Nogueira en boca de gol e non perdoaba. Pouco despois cos camelláns ainda sen asimilar o mazazo chegaba outro, tras unha falta inexistente, nunha disputa antre dous a carón do pico do área, colgaban os muxiáns o primeiro pau e alí Kevin adiantábase a defensa para empurrala pegada o poste. Sentenzaba o choque este gol, pero non decaeu a loita e o ritmo de xogo ata o pitido final, cos camelláns a procura dun gol para a sua parroquia, pero tendo as duas mellores ocasións o equipo muxián, con tres grandes intervencións doa metas do equipo camellán, duas delas do muxián Roi e unha do vimiancés David Caamaño. O remate gran aplauso de todo o respetable para ambos conxuntos e os abrazos pertinentes antre os xogadores.

SD Camelle : Roi, Huchiño, Jose “Ruso”, Quintelo, Martinsiño, Santi “Maka”, Estiben, Carlos de Dido, Adrián Pasantes. David e Rodri “Crejo”. Tamén participaron : David Caamaño, Diego “Chori”, Mario, Gabri e Tereso. Adestrador : Sergio “Crejo”. Delegado : Gonzalo Lemus.

Muxía CF : Joselu, Ánxo, Michael, Jose “Congui”, Fran Moreira, Adrián Alvaina, Manu Nogueira, Maikel Mouzo, Xan Nogueira, Kevin e Mauro Romaní. Tamén participaron : Gusa, Álex, Iago e Isma Pose. Non xogou o meta José lema Adestrador : Diego Lobelos. 2º Adestrador : Óscar Leis. Delegado : Felipe Vilela.

Ábitro : Iván Guerra Moi dialogante cos xogadores e bancos, e con erros de bulto típicos de arbitrar sen axuda nas bandas e coa presión de ambos banquillos. Amonestou polos camelláns a Estiben e polos muxiáns a Congui e Fran Moreira.

 

SD Laxe 0-2 Ponteceso SD

Encontro que rematou co 0-0 inicial e tivo que ir a prórroga na que pronto se adiantou o equipo pontecesáns e sentenzou pouco despois.

Goles : 0-1, Iván, (99´); 0-2, Alberto Recarey, (108´)

Ábitro : Alberto Pombo. Cartóns aos laxenses Iago e Miguel Torres.

 

Outes FC 2-1 CF Mazaricos

Boa primeira metade do Outes que se poñía 2-0, para logo aguantar na segunda ata que chegou o gol dos mazariquenses para dar emoción ata o pitido final.

Goles : 1-0, Adrián, (14´); 2-0, Roberto, (25´); 2-1, Manuel, (75´).

Ábitro : Adrián Ponte. Amonestou a Rioberto, Miguel e Martín do Outes e a Carreira do Mazaricos.

 

CD Nantón 1-6 SD San Lorenzo

Deixou xa sentenzado o San Lorenzo o encontro na primeira metade na que se foi a vestiarios cun craro 0-3, acadado nos primeiros 13 minutos de xogo. A segunda foi puro trámite.

Goles : 0-1, Taibo, (2´); 0-2, Andy, (11´); 0-3, Luciano, (13´); 0-4, Joaquín, (65´); 0-5, Juan Carlos, (68´de penalti); 1-5, Redondo, (72´); 1-6, David Fariña, (81´en propia porta).

Ábitro : Daniel Vieites. Amonestou polo Nantón a Rodrigo, Fran Gavín, David e Tato. Polo San Lorenzo a Joaquín e Juan Carlos.

 

Atlético Pereiriña FC 0-7 Soneira SD

O Soneira, un dos favoritos a chegar as eliminatorias finais pasoulle por enriba o equipo da Pereiriña.

Goles : 0-1, Basti, (3´); 0-2, Javi Souto, (22´); 0-3, Noya, (44´); 0-4, Adrián Lema, (60´); 0-5, Ricardo, (60´); 0-6, Adrián Lema, (86´); 0-7, Noya, (88´).

Ábitro : Bruno Méndez. Amonestou a Brais e Kevin e expulsou a José, todos eles do Pereiriña.

 

UD Monte Louro 4-6 SCDR Esteirana

Saleulle respondón o Monte Louro ao veciño da porta e consigueu poñerse 2-0 antes da media hora de xogo con goles de Xián e Alejandro, o primeiro de penalti, pero despertaron os de Esteiro e conseguían empatar con goles de Brais Romero e Brais Noceda. A ledicia duraba pouco pois empataban os loureses antes dod escanso cun tanto de Xián. Non foi ata o derradeiro cuarto de encontro cando empataba o equipo esteirán, un tanto que lle doía aos de Louro pois vían como pouco despois remontaban os veciños e abrían fenda no marcador ata o definitivo 4-6.

Goles : 1-0, Xian, (6´de penalti); 2-0, Alejandro, (28´); 1-2, Brais Romero, (30´); 2-2, Brais Noceda, (32´); 3-2, Xian, (43´); 3-3, Rober “Pladur”, (70´); 3-4, Elías Ruso, (80´); 3-5, Elías Ruso, (80´); 3-6, Elías Ruso, (90´); 4-6, Yeray, (desconto).

Ábitro : Óscar Martínez. Amonestou polo Louro a Álvaro e Manuel Chouza, e pola Esteirana a Kevin.

 

Volantes de Baño FC 1-2 Xallas FC

Palntáronlle cara e batalla os de Baño a un dos máximos favoritos o título, que se adiantaba a media hora de xogo por medio de Xan. Xa na segunda metade chegaba o gol da igualada para os muradáns, por medio de Kevin, pero a ledicia duraba pouco, pois non tardaba en poñerse por diante o equipo xalleiro cun tanto de Samuel.

Goles : 0-1, Xan, (30´); 1-1, Kevin, (60´); 1-2, Samuel, (70´).

Ábitro : Gustavo Vidal. Amonestou a Diego do Volantes.

 

CF Porteño 2-0 SD Coristanco

Un gol en propia porta de Sergio ao cuarto de hora de xogo metía por diante aos da Ponte do Porto, nun choque que se volveu moi trabado no treito final cos coristanqueses a procura do empate, pero o que chegaba era o gol da sentenza porteña por medio de Brais. Moitas faltas e moitos paróns nun choque que nos din dende a ponte do Porto que se lle foi das mans o colexiado con demasiadas tarxetas sen precisalo porque o encontro foi limpo.

Goles : 1-0, Sergio, (16´en propia porta); 2-0, Brais, (90´).

Ábitro : Iván Vilanova. Amosou un total de 12 cartóns, 8 deles o Coristanco, con expulsión de Mario e Hugo por dobre cartón.

 

UD Corcubión 3-1 SD Castriz

O Corcubión deu unha das sorpresas da xornada o eliminar a un dos mellores conxuntos da pasada liga. O incombustible Iago Lema adiantaba aos corcubioneses aos 10 minutos de xogo, e conseguía neutralizar este gol o equipo xalleiro antes do descanso por medio de Braulio. Xa na segunda metade César Lojo voltaba a poñer por diante aos de Corcubión, e pouco despois Iago Lema sentenzaba. Treito final moi trabado con moitas faltas e paróns.

Goles : 1-0, Iago Lema, (10´); 1-1, Braulio, (42´); 2-1, Carlos Lojo, (81´); 3-1, Iago Lema, (85´).

Ábitro : Carlos Señarís. Amosou 8 cartóns amarelos. Tres para os locais e 5 aos visitantes.

 

CD Baio 3-1 SD Fisterra

O equipo baiés deixaba fora no día de onte “Día das Letras Galegas”, ao actual campión da Copa da Costa, SD Fisterra, nun choque non que se adiantaban os de Félix Raposo aos 6 minutos de xogo por medio de Braian. Puido acadar algún gol máis o equipos baies que foi mellor nos primeiros 45 minutos. Con este resultado chegábase o tempo de lecer. Xa na segunda metade e con todo aberto, os fisterráns fóronse a polo Baio que se amosou acertado en dfensa, pero concedendo demasiados balóns parados. Pablo facía o 2-0 para os baieses nunha contra moi ben levada. A reacción fisterrana chegaba cun tanto en propia porta de Norberto 10 minutos despois. O encontro volveuse máis tenso e con chegadas as duas áreas, pero aparecía Aitor, de novo nunha gran contra, para firmar o definitivo 3-1, e acabar o encontro coa bagaxe dos 2 goles de distanza para meterse en oitavos de Final, Onde esperan rival do Sportinz Zas-Cabana.

Goles : 1-0, Braian, (6´); 2-0, Pablo, (55´), 2-1, Norber, (67´propia porta); 3-1, Aitor, (83´).

Ábitro : Pablo Rama, acompañado nas bandas por Jonathan Pardiñas e Roberto Baña. Amonestou polo Fisterra a Luis Lago e expulsou con vermello direto o adestrador, Calipo, (80´), e con dobre cartón o xogador, Alejandro, (80´e 83´).

 

Sporting Zas 1-6 Cabana SD

Deixou resolta a eliminatoria o Cabana na primeira metade con dous goles de Simón, e un de Sergio, e a volta de vestiarios xa sentenzou cun novo gol de Sergio. Álvaro acurtaba distanzas, pero pouco despois un novo gol de Simón curtaba calquer reación zacista. Castro completaba a goleada cabanesa na seguinte xogada tralo 1-5. O equipo zacense chegiou moi mermado, con tan só dous xogadores de recambio. 

Goles : 0-1, Simón, (3´); 0-2, Sergio, (14´); 0-3, Simón, (44´); 0-4, Sergio, (53´); 1-4, Álvaro, (54´); 1-5, Simón, (67´); 1-6, Castro, (68´).

Ábitro : Rai Reborido. Amonestou aos locais, Álvaro, Adrián e Dani Mato.

 

CD Baiñas 1-1 CD Muros

Encontro de moito desgaste para ambos equipos. Adiantábanse a media hora de xogo os muradáns cun gol de Alonso e a igualada chegaba por medio de Dyla nada máis comezar o segundo tempo. Por diante moitos minutos pero non se movería o marcador, nen no tempo de partido, nen na prórroga. Tocaba ir os 11 metros e tamén tivo emoción ata o final pois tirábanse 14 penaltis, gañando o pase o equipo baiñés que acertaba 6 por 5 dos de Muros.

Goles : 0-1, Alonso, (31´); 1-1, Dylan, (46´).

Ábitro : Jonathan Pardiñas. Amonestaba polos baiñeses a Javi Oreiro, Raúl González, Raúl Antelo e Kevin. Polos muradáns amonestaba a Álvaro, Iván e Hugo e expulsaba con dobre cartón a Ramón, (104´e 116´).

 

Camariñas FC 1-1 UC Cee

Tras non moverse o marcador na primeira metade chegaba o primeiro gol nada máis reanudarse o xogo, i era para os camariñáns materializado por Hugo. Non tardaba moito en chegar o empate ceense co “killer”, Isaac Fábregas como artífice. Non se moveu xa o marcador e pasouse a unha prórroga na que tampouco houbo variación, polo que houbo que ir a tanda de penaltis. Tiráronse 12 penaltis, dos que se erraron 5. O final o pase foi para os ceenses que materializaban 4 por 3 dos de Camariñas.

Goles : 1-0, Hugo, (48´); 1-1, Isaac Fábregas, (59´).

Ábitro : David Castreje. Amonestou ao local José Manuel e aos visitantes José Lago e Rubén.

 

Sporting Seaia FC 2-2 UD Cerqueda

Derbi de emoción no que todo o peixe vendeuse na primeira metade e a subasta foi igualada. Adiantábanse os seaieses cun penalti materializado por Mara, que daba paso a outro penalti pouco despois, pero para os cerquedenses e que materializaba Dani García. Pasada a media hora de xogo voltaban a poñerse por diante os de Seaia cun tanto de Alex Mato, e antes do descanso Javier Souto facía a igualada, ca que se chegaba o descanso, o final do encontro, e da posterior prórroga. Os cerquedenses xogaban media hora do segundo tempo e a prórroga completa cun home menos por expulsión do capitán, Dani García. Nos penaltis, 10 lanzados, o pase era para o Cerqueda que acertaba 4 por 3 dos seaieses.

Goles : 1-0, Mara, (13´de penalti); 1-1, Dani García, (17´de penalti); 2-1, Alex Mato, (39´); 2-2, Javier Souto, (43´).

Ábitro : Lucas Rey. Amonestou polos locais a José, Sergio, Mario e Añón, e polos visitantes a Javier Souto, Gustavo, Hugo, Juan Ignacio, Sergio e Chrístian. Expulsaba no 63 o xogador cerquedense Dani García, con vermello direto.

 

CF Lira 0-6 CF Dumbría

Set en branco para un dos favoritos a loita final cunha excelente segunda metade. Adiantáronse no marcador a media hora de xogo cun tanto de Brais, e facían o segundo por medio de Diego Estévez antes do descanso. Baba, Cambeiro, Mario e Rui, (en propia porta), completaban a goleda na segunda metade.

Goles : 0-1, Brais, (33´); 0-2, Diego Estévez, (40´); 0-3, Baba, (60´); 0-4, Cambeiro, (75´); 0-5, Mario, (87´); 0-6, Rui, (88´ en propia porta).

Ábitro : Roberto Baña. Único colexiado que non asinou nin un só cartón.

 

 

ASÍ QUEDAN OS OITAVOS

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”