CRÓNICAS DO XOGADO NA 3ª DA COSTA, CON 4 DOS 5 ENCONTROS DA 1ª XORNADA ONTE SÁBADO.

3ª da Costa

Voltou o fútbol aos campos da 3ª da Costa onte sábado, tal como vos adiantamos na previa. Xogáronse 4 dos 5 encontros que compoñen cada xornada desta competición. Os tres equipos debutantes, Xallas B, SD Oza e Atlético Pereiriña, xogaron na xornada sabatina, os dous primeiros antre eles e os da Pereiriña visitaban o Castrelo CF. No choque antre xalleiros e ocenses houbo reparto de puntos, (1-1) e no dos vimianceses e os da Pereiriña a vitoria caía da parte dos ceenses, (1-3).

 

-1ª Xornada-

Sábado 23 de Outubro

SD Laxe 1-3 UD Corcubión

Adiantou Bietio aos laxenses aos 14 minutos de xogo, pero a media hora de xogo Carlos Lojo poñía as táboas no marcador tras materializar un penalti pitado polo cormelán Bruno Méndes. Na segunda metade estiveron mellor os de Carlos Lema cos de Carlos Cousillas, e era de novo outro Carlos, o que repetía e facía o 1-2 pasada a hora de xogo, (65´). Buscaron a igualada os locais e non era ata o desconto cando o fisterrán Iker Traba deixaba o choque finiquitado.

 

SD Camelle 2-2 Sporting Seaia CF

 No ecuador da primeira metade adiantábanse os da parroquia malpicana gracias a un penalti pitado polo fisterrán, David Castreje, que ninguén puxo en dúbidas e que transformaba Isaac, (20). Non tardou en darlle a volta o marcador o equipo camellán con goles de David do “Correo”, (26´) e Dido, (29). Resultado de 2-1 co que se ía a vestiarios. Transcurría o choque moi igualado o choque na segunda metade con chegadas de uns e outros, pero esta igualdade rachábaa un novo penalti, desta volta moi protestado polos camelláns, e de novo Isaac non erraba dende os once metros para poñer unha táboas no marcador que xa non se movería.

Castrelo CF 1-3 Atlético Pereiriña FC

 O baies Manuel Espasandín, tivo que lidiar cun choque moi disputado na volta os terreos de xogo en competición oficial dos da Pereiriña, un choque no que amosou un total de 10 cartóns amarelos, pero sen ningún expulsado. Foron os da parroquia ceense os que se adiantaban aos 36 minutos de xogo cun tanto de Esteban Lema, resultado co que se ía o descanso. Xa na segunda metade conseguían igualar a contenda os de Antelo, gracias a un gol do incombustible Luis Roget, o xogador máis veterano do fútbol da costa, (51´). Non foi ata o derradeiro cuarto de encontro cando se decantou o choque para os de Emilio Corzón. Primeiro Borja no 72´, e pouco despois Álex Agulleiro, (76´), sentenzaban o encontro para os ceenses. 

Xallas B 1-1 SD Oza

 Dous nomes para a historia neste choque na volta a categoría do Xallas B, e no debut do Oza. Jesús amado que adiantaba na primeira metade aos ocenses, (23´) e Daniel Barbeira que acadaba a igualada no minuto 73 para os xalleiros.

 

Domingo 24 de Outubro

Porteño CF 4-0 SD Ameixenda

 Non se comezou a fraguar o chique ata o treito final da primeira metade cando Andrade facía o primeiro da tarde, (43´). A seegunda metade era dos porteños. Martín,(72´) e Brais, (76´), finiquitaban o choque e no desconto Martín poñía o da guinda final.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia