Preferente Galicia Femenina FS
Jornada 17ª
María Dumbría no encontro ante o Leis Pontevedra.
.
FISOBER F.S.F. 4-1 LEIS PONTEVEDRA SAN NARCISO
FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Mai, Adriana, Kenny ; Tamén xogaron : Uxía, María Maroñas, Saray, María Dumbría, Sharay.
LEIS PONTEVEDRA : Nerea, Marta, Ana María, Patri, Noa ; Tamén xogaron : Ahinoa, Bibi.
ÁRBITROS : Marcos Noya, Brais Couto.
GOLES : 1-0 min 19 Adriana ( descanso ), 2-0 min 24 Adriana, 3-0 min 34 Paula Fandiño, 4-0 min 37 Saray, 4-1 min 39 Ahinoa.
INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado no P.M. de Cee correspondente a 17ª xornada da liga Preferente Galicia- Liga Autonómica.
.
CRÓNICA
O Fisober sacou adiante un partido fronte a un dos grandes da categoría e sigue a sobrepoñerse a pantasma das lesións, xa que Carre tamén é baixa por unha nova lesión de xeonllo que se une a de Nuriña ( na última fase de recuperación xa ) e Ana.
Arrancou moi forte o Fisober xa cun tiro de Paula Fandiño de inicio que enviou a porteira lerezana a saque de esquina. No cal apareceu unha oportunidade para Adriana. Unha Adriana que tivo unha nova ocasión desta vez por banda. E tivo unha terceira Adriana desta vez a pase de Paula Fandiño que tampouco rematou en gol por pouco.
O Leis esperaba atrás e o Fisober tiña posesións longas. Paula Fandiño voltou a poñer a proba a porteira visitante.
Case ata mediada a primeira metade non chegou con perigo o Leis cun tiro que desfacía Lía. E fixo por partida dobre despois nunha xogada que entre Paula Fandiño e Lía salvaban en primeira instancia e despois no rexeite o remate da lerezana íase arriba.
Respostaba o Fisober cunha xogada por banda de Mai que envíaba para Uxía que non acertaba co gol.
O Leis a contra tamén creaba perigo. De novo Mai desta vez enviaba para Kenny que non chegaba por pouco. Antes de chegar o tempo de lecer un tiro de Paula creaba moito perigo. E no último minuto un tiro de Adriana petaba nunha xogadora visitante e coabase para facer o un a cero para as costeiras.
Despois do tempo de lecer saiu forte o Leis creando ocasións. Primeiro cun tiro exterior e despois cunha xogada de saque de esquina que saca Lía despois do remate de calcaño da visitante.
Pero a resposta das costeiras non podía ser mellor un roubo de Adriana propiciou unha contra e despois dun rexeite Adriana que segue en racha dende a volta da lesión facía o segundo local.
O Leis non se rendía e cun tiro exterior rozando o trabe asustaba as costeiras. Pouco despois era Lía a que resolvía o perigo visitante.
María de Dumbría tiña a ocasión para o terceiro local pero foiselle por pouco. Paula Fandiño de falta tamén estivo a piques do gol pero o rexeite foise ao trabe da portería visitante.
O Leis seguía tendo as súas pero non era quen de superar a Lía. A resposta foi unha xogada por banda de Kenny con pase a María de Dumbría que non chega por pouco. De novo o Leis se atopaba con Lía.
Avanzada xa esta segunda metade un lanzamento tras estratexia de Paula Fandiño vaise a gol tras petar no pau, facendo o terceiro local.
Arrisca o Leis co xogo de cinco pero o Fisober defendese ben. Primeiro aparece unha ocasión para Lía dende campo propio. E despois un roubo de Saray permítelle marcar a pracer o cuarto local.
Nos últimos segundos o Leis faría o gol da honra.
A vindeira semana o Fisober visita ao filial do Viaxes Amarelle .
.
CATEGORÍAS INFERIORES
Encontro de infantís antre o Fervenza e o Fisober.
.
As categorías inferiores do Fisober xogaban todas elas o domingo e en dúas prazas os femininos en Narón fronte A Fervenza e os masculinos en A Coruña fronte ao 5 Coruña.
Por horario as primeiras en xogar era o Infantil Feminino dando inicio a competición de Copa Autonómica na fase de liguiña. Iniciaban a competición visitando ao Radiocar A Fervenza no P. de As Lagoas de Narón. O resultado foi de dous a sete a prol das costeiras.
Polo Fisober formaron : Alexia Suárez, Pauliña, Marta, Ruth , Alexia Lorenzo; tamén participaron Laura Blanco, Sabela , Lara.
Os goles costeiros foron obra de : Pauliña en cinco ocasións e Alexia Lorenzo en dúas.
.
Unha vez finalizado este era a xeira do Cadete Feminino dando inicio tamén a competición de Copa Autonómica na fase de liguiña. Iniciaban a competición visitando ao Error Ferrol A Fervenza na mesma sede. O resultado foi de igualada a tres tantos.
Polo Fisober formaron : Naira, Uxía, Saray, Lucía Canosa, Sharay ; tamén xogaron : Alejandra, Lucía Rodríguez, Kenny, Nerea, Lucía Martínez.
Os goles costeiros foron obra de : Kenny en dúas ocasións e Sharay.
.
Na Coruña xogaban o equipo Cadete Masculino da Primeira Galicia dentro da 14ª xornada de liga visitando ao Academia RedBlue 5 Coruña no P. Novo Mesoiro. O Resultado foi de cinco a dous a prol dos herculinos.
Polo Fisober formaron : Alex Sánchez, Manu, Leo, Carlos, Mario ; tamén xogaron : Martín, Vila, Álvaro, Adan Cernadas.
Os goles costeiros foron obra de : Carlos e Martín.
.
Para finalizar o fin de semana quedaba o partido do Infantil Masculino da Primeira Galicia dentro da 14ª xornada de liga na mesma sede e co mesmo rival cos cadetes. O resultado foi de sete a catro para os herculinos.
Polo Fisober formaron : Brais Dono, Mario Trillo, Pablo, Julián, Suso ; tamén xogaron : Iago, Borja Canosa, Javi Lema, Alex Blanco, Javier Blanco.
Os goles costeiros foron obra de : Alex Blanco en dúas ocasións, Suso e Pablo.
.
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua aportación na confección das crónicas cos seus comentarios, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas, propias e intransferibles.
-Fotos : Fisober FSF
-Texto : Luis Sambad
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR