Paula Fandiño, (Fisober FSF).
PREFERENTE GALICIA
– LIGA AUTONÓMICA
TERRA DE CELANOVA F.S.F. 7-2 FISOBER F.S.F
CELANOVA : Nerea, María López, Cintia, Mónica , María Quintas ; tamén xogaron : Vane, Marta, Paloma, Belén, Nere.
FISOBER : Lía, Adriana, María Dumbría, Paula Fandiño, Kenny ; tamén xogaron : Uxía, María Maroñas, Saray, Sharay.
ÁRBITROS : Victor M. Cruz, Jorge Ruiz.
GOLES : 1-0 min 10 Vane, 2-0 min 19 Vane, 3-0 min 19 Vane , ( descanso ), 4-0 min 25 María López, 5-0 min 28 Cintia, 5-1 min 30 Kenny, 6-1 min 35 Vane, 6-2 min 36 Saray, 7-2 min 37 María López.
INCIDENCIAS : Partido correspondente correspondente a sexta xornada de liga na Preferente Galicia- Liga Autonómica que enfrontou o sábado día 19 no P.M. Pedra Moa.
CRÓNICA
O Fisober que viaxou a casa do líder cunha praga de baixas, ( Nuriña, Ana, Mai, Laura e Carre ) prantou cara cunha convocatoria chea de infantiles.
Saltou ben o Fisober a pista con Paula Fandiño coma baluarte ofensivo neste inicio de partido, ata tres perigosos tiros exteriores puxeron en moitos apuros a portería local.
As locais tamén comezaron a desperezarse e tiveron unha boa ocasión pero toparon con Lía. Quen tamén tivo a oportunidade para adiantar as costeiras foi Kenny pero non foi quen de superar a porteira no un para un.
O Celanova comezou a dominar o partido e froito diso mediada esta primeira metade adiantouse cun tiro cruzado que tocou o pau antes de entrar.
Non se amedentrou o Fisober e cun tiro de falta de Paula Fandiño a piques estivo de igualar o encontro. Lía tamén tiña que aparecer para frear as locais.
E cando parecía que se ía chegar co resultado mínimo ao tempo de lecer chegaron dous goles consecutivos locais que fixeron moito dano as costeiras, e pasou ao cero a tres nun abrir e pechar de ollos co se foron a vestiarios, con Vane coma trigoleadora.
Arrancou a segunda metade cunha gran ocasión do Fisober entre Paula Fandiño e Uxía. Co paso dos minutos foi pesándolle máis o partido as costeiras ante o líder e comezou a acusar o esforzo. Chegando dous novos goles locais por parte de María López e de Cintia.
Era Kenny a encargada de recurtar distancias para as costeiras o que respostou un novo gol do Celanova de novo por parte de Vane. Saray marcaba o segundo costeiro antes de que o Celanova fixese o definitivo sete a dous cun novo gol de María López. Demasiado castigo para un Fisober que aguantou ben do líder na primeira metade e no que un fatídico último minuto rompeu o partido.
A vindeira semana o Fisober recibe ao Monterroso coma local.
++++
CATEGORÍAS INFERIORES
Fin de semana con ata catro partidos das categorías inferiores do Fisober dous en categoría feminina e dous en categoría masculina, con bos resultados en xeral para a canteira costeira.
O sábado tarde en Narón era a xeira para os equipos masculinos do Fisober que fixeron historia e acadaron os seus primeiros triunfos.
Na Liga Primeira Galicia Infantil Masculina o Fisober visitaba dentro da terceira xornada de liga o Complexo Deportivo Municipal de A Gandara en Narón para enfrontarse ao S.D.C. y R. Narón O Freixo e os costeiros acadaron a vitoria por catro goles a sete.
Polo Fisober formaron : Brais, Pablo, Julián, Adan Caamaño , Alex ; tamén xogaron : Suso, Borja, Mario, Iago, Javi.
Os goleadores foron : Pablo en tres ocasións, Alex en dúas, Mario e Suso.
Na Liga Primeira Galicia Cadete Masculina o Fisober visitaba dentro da terceira xornada de liga o P.M. das Lagoas en Narón para enfrontarse tamén ao S.C.D. y R. Narón O Freixo e os costeiros acadaron a vitoria por dous goles a tres.
Polo Fisober formaron : Borja, Martín, Brais Noceda, Carlos, Mario ; tamén xogaron : Brais Dono, Alex Sánchez, Vila, Leo, Adan Cernadas.
Os goleadores costeiros foron : Alex Sánchez, Carlos, Vila.
Para o domingo tarde quedaba o dobre enfrontamento Fisober vs Viaxes Amarelle nas categorías infantil e cadete feminina nas I.D. de O Conco en Dumbría.
Na Liga Galega Infantil Feminina o Fisober recibía nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Viaxes Amarelle dentro da segunda xornada de liga , onde o triunfo foi para as viaxeiras por cero goles a catro.
Polo Fisober formaron : Yaiza, Laura Blanco, Paula, Ruth, Marta ; tamén xogaron : Laura Rodríguez, Sabela, Noa, Lara.
Na Liga Galega Feminina Cadete o Fisober recibía nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Viaxes Amarelle, onde o triunfo foi para as costeiras por oito a dous.
Polo Fisober formaron : Naira, Kenny, Saray, Uxia, Sharay ; tamén xogaron : Ale, Lucía Rodríguez, Andrea, Lucía Canosa, Nerea, Lucía Martínez.
As goleadoras costeiras foron : Uxía e Sharay en dúas ocasións e cun gol Kenny, Saray, Lucía Martínez e Lucía Canosa.
–Fotos : Fisober FSF
-Texto :Luis Sambad
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR