CRÓNICAS DO ENCONTRO DA VITORIA DO FISOBER FSF DA PREFERETE GALICIA FSF E DAS SUAS CATEGORÍAS INFERIORES :

PREFERENTE GALICIA 

-7ª Xornada-

FISOBER FSF/PIZZERÍA BAHÍA 5-1 MONTERROSO FSF

FISOBER : Lía, Mai, Carre, Paula Fandiño, Kenny ; tamén xogaron : María Maroñas, Adriana, María Dumbría, Uxía, Sharay, Saray.

MONTERROSO : Carla, Lucía, Marta, Helena, Elvira ; tamén xogaron : Xanaia, Elisa, Ainhoa, Carmen.

ÁRBITROS : Gustavo López, Xurxo Ameneiro.

GOLES : 1-0 min 1 Paula Fandiño, 2-0 min 3 Mai, 3-0 min 13 Paula Fandiño, ( descanso ), 3-1 min 24 Lucía, 4-1 min 36 Paula Fandiño, 5-1 min 39 Mai.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a sétima xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no P.M. de Cee.

CRÓNICA

O Fisober a pesares das dificultades en forma de lesións que está a pasar este ano acadou unha nova vitoria coma local.

Arrancaba moi ben o conxunto costeiro xa que despois dunha longa posesión Mai asistía co calcaño para que Paula Fandiño marcara o primeiro gol local.

E pouco despois as mesma protagonistas aínda con diferente desenlace, desta vez era Paula Fandiño a que asistía para que Mai fixese o segundo gol local case sen saír dos vestiarios.

As visitantes tamén se desperezaban pero aparecía Lía para frealas.

Nunha contra das costeiras Mai finalizaba cun lanzamento ao pau. Outra boa ocasión costeira chegaba nos pes de Uxía que collía un rexeite que salvaba a porteira visitante in extremis.

Tamén tiña a súa ocasión Adriana despois dunha asistencia de Paula Fandiño nunha falta.

Quen si acertaría sería Paula Fandiño despois da asistencia de Kenny para poñer un tranquilizador tres a cero no electrónico.

Antes de finalizar a primeira metade, primeiro Lía aparecía nun lanzamento visitante e despois Sharay case marca o cuarto nun rexeita a lanzamento de Paula Fandiño.

Con tres a cero chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios voltou arrincar forte o Fisober, primeiro Paula Fandiño cun lanzamento lonxano, despois Sharay nun man a man e logo de novo Paula Fandiño , rozaron o gol costeiro.

Pero quen si o lograría sería a visitante Lucía para apretar un pouco o electrónico.

O Fisober seguía ao seu e sería Carre a que tería opcións de mellorar o resultado para as costeiras.

Nos últimos minutos as costeiras pecharían definitivamente o partido , primeiro co terceiro gol de Paula Fandiño e logo co segundo de Mai .

A vindeira semana as costeiras visitan as terras viguesas de Bembrive fronte ao segundo clasificado.

++++++

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Fin de semana cun pouco de todo para as categorías inferiores do Fisober, en tres partidos saldouse cun triunfo, unha igualada e unha derrota.

Na Liga Autonómica Cadete Feminina o Fisober visitaba ao 5 Coruña Seguridade Galega F.S.F. na tarde do sábado no P.M. Sagrada Familia de A Coruña en partido correspondente a terceira xornada de liga con resultado a prol da costeiras por 3 a 5.

Polo Fisober participaron : Naira, Kenny, Sharay, Uxía, Lucía Canosa ; tamén xogaron : Lucía Rodríguez, Saray, Nerea, Ale, Lucía Martínez.

Os goles costeiros foron anotados en catro ocasións por Lucía Canosa e un gol por parte de Saray.

Para o domingo quedaban os partidos dos equipos infantiles.

Na Primeira Galicia Infantil Masculina o Fisober recibía ao ExAlcohólicos Refuxio do Moucho na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido correspondente a cuarta xornada de liga cun resultado de igualada a dous tantos.

Polo Fisober participaron : Brais, Mario, Julián, Pablo, Iago ; tamén xogaron : Borja, Martín, Álvaro, Javi, Suso, Adan, Leo.

Os goles costeiros foron obra de Iago e Martín.

Tamén xogaba na tarde do domingo o equipo infantil feminino na Liga Autonómica Infantil Feminina o Fisober visitaba ao Ribeira F.S. no P.M. A Casa do Deporte Frigsa en Lugo en partido correspondente a terceira xornada de liga con resultado a prol das lucenses de 9 a 1.

Polo Fisober participaron : Yaiza, Laura Blanco, Ruth, Sabela , Paula ; tamén xogaron : Lara, Noa.

O gol costeiro foi obra de Paula, o primeiro que acadan as rapazas costeiras na competición despois de ter múltiples oportunidades nos tres partidos disputados .

 

-Foto : Fisober FSF

-Texto : Luis Sambad

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies