CRÓNICAS : DERROTAS DO FISOBER CADETE E INFANTIL MASCULINOS E GOLEADA DO ALEVÍN FEMININO.

BASE FISOBER FSF

CADETES-INFANTÍS-ALEVÍNS

Tres equipos tiñan partidos este fin de semana no Fisober e os tres xogaban en domingo.

 

Na División de Honra cadete masculina dentro da quinta xornada de liga o Fisober visitaba na tarde do domingo ó líder CP Casás no P. Palomar de Lugo con resultado de sete a cinco a prol dos locais, despois de ir cun cero a tres ó tempo de lecer.

Polo Fisober formaron: David, Pablo Taboada, Adrián, Iago, Pablo Costa; tamén xogaron: Miguel, Mario, Rubén, Juan Emilio.

Os goles costeiros foron obra de Adrián e Juan Emilio en dúas ocasións e Iago.

Os colexiados foron Borja Darriba e Iván Seijas.

A vindeira xornada o Fisober recibe ó 5 Coruña.

 

 

Na Primeira Autonómica infantil masculina e dentro da segunda xornada de liga o Fisober visitaba na tarde do domingo o líder Distrito Ventorrillo no P. Novo Mesoiro con resultado de cinco a un a prol dos locais.

Polo Fisober xogaron: Adrián, Gael, Borja, Xavier, Sergio; tamén xogaron: Carmen, Francisco, Pedro.

Polo Fisober marcou Francisco.

O colexiado foi Diego Riguera.

A vindeira xornada o Fisober recibe ó Troula Betanzos B.

 

 

Na Liga Galega alevín femnina e dentro da terceira xornada de liga ó Fisober recibía na mañá do domingo ó 5 Coruña Duacode- CD Seguridade Galega nas ID do Conco en Dumbría con resultado de trece a cero a prol das costeiras, os seus primeiros puntos da tempada.

Polo Fisober formaron: Carlota, Claudia Otero, Zoe, Ainhoa, Claudia Ares; tamén xogaron: Xenia, Iria, Lola, Alba, Noemi, Icia, Celia.

Os goles do Fisober foron obra de Claudia Otero en catro ocasións, Alba, Ainhoa e Claudia Ares en dúas ocasións, Iria, Lola e Zoe nunha.

Os colexiados foron Pedro Riveira e Carlos Macho.

A vindeira xornada o Fisober visita ó FSF Castro Cofor.

-Fotos e Texto : Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies