CRÓNICAS : DERROTAS DE XALLAS E CEE NOS ENCONTROS DA 24ª XDA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1.

O Xallas rozou puntuar ante o Pastoriza.

 

SCD Pastoriza 3-2 Xallas FC

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Bo partido das xalleiras pese que o resultado non chegou para puntuar despois dunha longa racha sin coñecer a derrota. Un Xallas que pese a algunha baixa dou a cara diante dos segundas clasificadas. Adiantouse o Pastoriza cando aínda non estábamos ben asentadas no terreo de xogo, xa que tivemos que improvisar roles diferentes e cambios tácticos obrigados. Un gol no que puido existir fora de xogo e que dou por válido o trencilla do encontro. Con ese gol en contra chegamos o descanso, onde a raíz do visto no primeiro tempo as xalleiras, viñemonos arriba e comezamos moito mellor, dominando e con moita afouteza metemos o Pastoriza atrás, pero unha contra ben levada do equipo local con tres toques plantaronse diante de Rosio e a batiron de disparo cruzado no que pouco poido facer.

O equipo verde a pesares do castigo, aínda que lle costou, levantou a cabeza e trataron de seguir expoñendo todas as súas bazas, para recortar distancias, cousa que chegou das botas de Claudia Facal cun fermoso disparo dende a frontal. O gol expoleou aínda máis o Xallas facendo crer na remontada que cinco minutos máis tarde Olalla cunha xogada individual lograba o empate. Lonxe de meternos atrás, as verdes coa igulada, soñamos coa victoria cun man a man de Olalla que non atinou, e acto seguido marcaría o Pastoriza o seu 3º e definitivo tanto do encontro, dándolle a victoria as locais. Unha derrota aceptable que consolida o traballo diario das nosas féminas, nun atractivo partido para os presentes nas magnificas instalacións do Campo Municipal de Pastoriza en Arteixo.

Xallas FC : Rosio; Carla, Saskia, Ali, Andrea Otero; Laura, Noelia, Andrea Barbeira; Olalla, Claudia e Michelle. Tamén xogaron : Zaira, Daniela e Paula Barcia.

Goles : 1-0, Cristina, (9´); 2-0, Alba, (50´); 2-1, Claudia, (55´); 2-2, Olalla, (60´); 3-2, Cristina, (80´).

Árbitro : Manuel Iglesias. Amonestou a Noe e Michelle polo Xallas.

 

ED As Miúdas UD Santiso FC

Adiado o 1 de Abril a partires das 12:00 horas.

 

UC Cee 1-3 Atlético San Pedro

Chegou con tansó 13 xogadoras o equipo a este enconto no que a pesares de que se adiantaba por medio de Nerea nos primeiros minutos de encontro vía como lle empataban en torno a media hora de xogo. Na segunda metade o equipo coruñés fíxose co encontro tras remontar pasada a hora de xogo e poñer terra de por medio xa nos derradeiros suspiros do choque.

UC Cee : Sharay, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Nerea, Paula, Saray, Nayara, Lucía Martínez, Laura, Minerva, e Sabela. Tamén xogaron : Noemi e Lucía Sieira.

Goles : 1-0, Nerea, (8´); 1-1, Alba, (29´); 1-2, María, (66´); 1-3, Lucía, (90´).

Árbitro : Óscar Santos. Non amosou ningún cartón.

 

CLASIFICACIÓN

A pesares da derrota o Xallas que cae a 6ª praza con 39 puntos en posto sigue en posto de loita por non descender, con 39 puntos tendo por debaixo nesta loita o Meicende a 1 punto e o Brexo Lema a 3. O Cee tamén a pesares da derrota mantén a 10ª praza, con 35 a A 4 do Xallas que marca a derradeira praza da promoción de permanenza. O Miúdas continúa a penúltima praza con 10 puntos.

 

 

 

-Foto : Rupper

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies