RESULTADOS
-
AD Miño 2-0 SD O Val
-
SD Sofán 2-3 SDC Órdenes
-
Cultural Maniños 0-4 San Tirso SD
-
CF Dumbría 0-2 Victoria CF
-
Betanzos CF 3-0 Dubra
-
SD Burela 3-2 UD Paiosaco
-
CD Lalín 2-0 Cidade de Ribeira CF
-
Puebla Galicia CF 2-2 SD Pol
-
CRÓNICAS
SD Sofán 2-3 SDC Órdenes
O Sofán deixouse remontar un encontro que tiña encarrilado ante un dos equipos máis en forma da Preferente Norte. O conxunto carballés chegaba con ganas de confirmar o bo inicio de curso, pero o Órdenes, segundo clasificado por golaveraxe e empatado co San Tirso (12 puntos de 15 posibles), acabou demostrando por que é un dos candidatos ao ascenso.
O partido foi intenso, con moita fricción e ata oito cartóns (seis deles para o Sofán), nun choque que se decidiu no desconto. Os locais puxéronse por diante cun dobrete de Joel antes do descanso, pero o Órdenes reaccionou na segunda metade con oficio e acerto. Diego Martínez e Longueira neutralizaron a vantaxe, e xa no 91’ Román culminou a remontada deixando os tres puntos camiño de Órdes.
Goles: 1-0, Joel (24’); 2-0, Joel (42’); 2-1, Diego (55’); 2-2, Longueira (84’); 2-3, Román (91’).
CF Dumbría 0-2 Victoria CF
O Dumbría non puido frear ao Victoria nun encontro no que os visitantes foron máis efectivos na segunda metade. O equipo da Costa tentou levar a iniciativa, pero a falta de claridade nos últimos metros e o mazazo de dous goles seguido curtaron calquer atisbo de reacción.
O Victoria adiantouse o pouco de comezar o segundo tempo cun tanto de Alberto Benito e ampliou distancias dous minutos despois por medio de Daniel Lagares, tanto que sentenciou o choque. O Dumbría buscou reaccionar, pero non logrou perforar a portería rival.
Goles: 0-1, Alberto Benito (52’); 0-2, Daniel Lagares (54’).
CLASIFICACIÓN
-
1-San Tirso SD — 12 pts
-
2-SDC Órdenes — 12 pts
-
3-Victoria CF — 10 pts
-
4-SD O Val — 9 pts
-
5-SD Sofán — 9 pts
-
6-SD Negreira — 7 pts
-
7-Betanzos CF — 7 pts
-
8-CD Lalín — 7 pts
-
9-SD Burela — 7 pts
-
10-Puebla FC — 6 pts
-
11-CF Dumbría — 6 pts
-
12-SD Pol — 5 pts
-
13-Cultural Maniños — 5 pts
-
14-AD Miño — 4 pts
-
15-Cidade de Ribeira CF — 4 pts
-
16-Sigüeiro CF — 3 pts
-
17-UD Paiosaco — 3 pts
-
18-SD Dubra — 3 pts
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”