CRÓNICAS : DERROTA DO SOFÁN NA PREFERENTE E VITORIAS DE SAN LORENZO, DUMBRÍA E FISTERRA NA 1ª GALICIA NA QUE O BAIO EMPATABA E A ESTEIRANA CAÍA DERROTADA.

 

 

 

PREFERENTE NORTE

-7ª Xornada-

Atlético Coruña Montañeros 2-0 SD Sofán

Un gol antes de irse a vestiarios, deses que chaman “psicolóxicos” e un penalti nos derradeiros suspiros do encontro tumbaron ao Sofán no encontro disputado no San Pedro de Visma, da Coruña. O encontro estivo moi trabado na segunda metade, con moitas faltas e ata 8 cartóns amarelos, 5 deles para os sofanistas.

Goles : 1-0, Unai, (43´); 2-0, Rodrigo, (85´de penalti). 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

-7ª Xornada-

O Baio cortou unha racha de 4 derrotas seguidas.

 

CD Baio 2-2 SD Valiño

Por duas veces se puxo por diante o equipo baies e por duas veces neutralizou a ventaxe o equipo visitante, a segunda cun penalti que transformaba Dani Silva para os visitantes. Diego adiantaba aos baieses nada máis comezar o encontro e pasada a media hora empataba Izan para o Valiño, resultado co que se chegaba o descanso. Na segunda metade Toni voltaba a poñer por diante aos de Baio, e despois chegaría o gol de penalti para deixar as táboas no marcador.

Goles : 1-0, Diego, (4´); 1-1, Izan, (34´); 2-1, Toni, (58´): 2-1, Dani Silva, (80´de penalti).

 

CD Unión 0-1 CF Dumbría

Un gol nos primeiros compases do encontro materializado por Dani Martínez dáballe a vitoria a un Dumbría que soubo contrarrestrar as acometidas dos rianxeiros na procura dun empate que non chegaría.Con esta vitoria os dumbrieses seguen sen perder de vista os postos altos con 12 puntos na 7º praza da clasificación, emparexado co Fisterra que ven por detrás cos mesmos puntos.

Goles :1-0, Dani Martínez, (11´).

 

SD Cruces 1-6 SD Fisterra

Cómodo encontro dos fisterráns que se foron o descanso xa co encontro máis ca resolto cun craro 0-5 con goles de Diego Estévez, que foi a estrela do encontro facendo un “Hat-trick” na primeira metade e un gol máis na segunda para pechar o choque. Os outros dous goles fisterráns chegaron por medio de Marcote e Fabián. O gol da honra dos locais foi obra de Carlos Rodríguez.

 

SR Calo 2-0 SCDR Esteirana

Un gol pasado o cuarto de hora de encontro e outro no treito final do chqoue, tumbaron a unha Esteirana que o tentou pero non puido marcar ese gol que os puxera na loita polos puntos.

Goles : 1-0, Brais, (19´); 2-0, Sergio, (86´).

 

CD Sport Tean Estrada 0-1 SD San Lorenzo

Traballada vitoria dos de Berdillo que se ían a vestiarios co empate a ceros e que conseguían poñerse por diante no derradeiro cuarto de hora do choque, para defender o resultado ata o final. Juan era o que facía o gol berdillés para sumar a sexta vitoria en 7 encontros e manterse no máis alto empatado co Puebla lider por golaveraxe cos mesmos 18 puntos dos carballeses.

Goles : 0-1, Juan, (73´).

 

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”