CRÓNICAS : DERROTA DO FISTERRA E PRIMEIRA VITORIA DO SOFÁN NA 3ª XORNADA DA PREFERENTE NORTE.

PREFERENTE NORTE

Terceira xornada sen gañar do Fisterra.

 

3ª Xornada

SD Fisterra 1-2 SD Dubra

Fíxoselle longo ao Fisterra un encontro no que se adiantou ao cuarto de hora de xogo, cun tanto de Bieito, controlou, pero acabou sucumbindo na segunda metade. Brais empataba para os do interior a hora de xogo e Álvaro facía o definitivo 1-2 a falla de dez minutos para o final, (80´).

 

SD Sofán 2-1 SD O Pino

Primeira vitoria do curso para os sofanistas, tras sendas derrotas nas duas primeiras xornadadas de liga. Vitoria traballada, pois tiveron que remontar o gol inicial dos visitantes, obra de Jesús, aos 20 minutos de xogo. Iván Martínez, empataba 7 minutos despois e tralo descanso, Miguel Taibo facía o 2-1, na primeira xogada do segundo periodo, (47´).

 

Resto de encontros

Destacar a fortaleza que están a amosar o Sarriana, Galicia de Mugardos, Betanzos e o Dubra, que son os equipos que suman 3 de 3 neste inicio de liga.

 

CLASIFICACIÓN

 

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol senior da costa.

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol base da costa.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxía.